4 1 1 1 1 1 Rating 4.00 (4 Votes)

Image

Remítennos dende o Concello unha nota de prensa relativa ás actuacións levadas a cabo en relación co PROGRAMA DE MINIMIZACIÓN DE RESIDUOS CAMARIÑAS.

 

ACTIVIDADES DO PROGRAMA DE MINIMIZACIÓN DE RESIDUOS CAMARIÑAS 2009.

Image 

Camariñas, venres 30 de outubro de 2009

Ao longo desta última semana, os días 26, 28 e 29 de outubro, desenvolvéronse as actividades previstas no marco do Programa de Minimización de Residuos do Concello de Camariñas. Este programa, está organizado polo concello de Camariñas e conta co financiamento da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras da Xunta de Galicia. As actividades levadas a cabo, pretenderon concienciar á cidadanía da importancia de reducir a cantidade de residuos e da reciclaxe destes, salientando as vantaxes tanto económicas como medioambientais que esto suporía.

O programa de actividades dirixiuse a distintos colectivos, realizándose actividades cós escolares, coa poboación xeral (veciñ@s) e con membros do tecido empresarial. Así, realizáronse catro obradoiros destinados aos veciñ@s, en Camariñas, Camelle, Xaviña e Ponte do Porto. Os catro tiveron altos índices de participación, cun total de 150 asistentes. No que respecta ao colectivo dos empresari@s, nos dous obradoiros celebrados, en Camariñas e Ponte do Porto, participaron un total de 20 empresari@s. En canto á comunidade escolar, tivo tamén unha elevada tasa de participación, con 125 alumn@s participantes da escola unitaria de Xaviña e do IES Pedra da Aguia de Ponte de Porto, nos 7 obradoiros realizados.


DATOS DE CONTACTO
Departamento de Medio Ambiente do Concello de Camariñas
Centro de Iniciativas Empresariais
Rúa do Río s/n, 15123 Camariñas

Tfn.: 981 736 506
e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Persoa de contacto: Carmen García Moroño (Técnica de Medio Ambiente)


Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.