Nota de prensa dende a Concellalía de Servizos Sociais na que se nos informa sobre unha nova actividade desenvolvida polo proxecto "Concellos Saudables" na que a nutricionista do Concello de Camariñas Noelia impartirá unhas instructivas charlas sobre os hábitos saudables que debemos por en práctica na nosa familia.

Nota de prensa da Concelleira Mª Carmen Linares Chica

Estimados usuarios/as:

O concello de Camariñas está levando a cabo o proxecto “Concellos Saudables”, dende o cal a Nutricionista do Concello, impartirá  un “Obradoiro de hábitos alimentarios saudables na familia” aberto toda a poboación. Os días e hora serán os seguintes:

  • O martes 6 de Outubro celebrarase na Casa de Man de Camelle as 10:30 h.
  • O venres 9 de Outubro celebrarase na Casa de Pedra de Camariñas as 10:30h.
  • O mércores 21 de Outubro no Centro Cultural da Ponte do Porto a mesma hora.

Todos aqueles usuarios/as interesados/as deberán anotarse antes do día 5 de Outubro para Camelle, antes do 8 de Outubro para Camariñas e antes do 20 de Outubro para a Ponte do Porto no CIE 3º planta ou no teléfono 981 73 63 93, onde deberán deixar o seu nome, teléfono de contacto e data de nacemento.


Un saúdo e esperamos a vosa participación.

Mª Carmen Linares Chica
Concelleira Servizos Sociais, Igualdade e Saúde


 

Engadir un comentario