5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (4 Votes)

O Dinamizador da Rede da Información do Concello de Camariñas. Óscar Clapés mándanos unha nota de prensa na que nos explica os próximos cursos que serán organizados pola citada rede neste mes de outubro en Camariñas.

A Rede de dinamización presenta o seu programa para outubro en Camariñas


O luns, día 5 de outubro, darán comezo dous obradoiros: “Redes sociais:Facebook”, e  “Blog,participa en internet”


Camariñas, a 30 de setembro do 2009. A Rede de Dinamización da Sociedade da Información, en colaboración co Concello de Camariñas, anuncia máis actividades de achegamento ás Novas Tecnoloxías que terán lugar no mes de outubro en Camariñas. Os obradoiros que se van desenvolver e as datas nas que terán lugar son os seguintes:

  • “Blog participa en internet”:O usario/a será capaz ao finalizar este obradoiro de crear e manter o seu propio blog.. Desenvolverase de luns a xoves, do 5 ao 13 de outubro, de 17:00 a 18:30 .
  • “Redes sociais:facebook”: O usuario ou usuaria ao finalizar este obradoiro coñecerá páxinas webs 2.0 para aproveitalas no seu beneficio persoal e/ou profesional.. Realizarase de luns a xoves, do 5 ao 15 de outubro, de 18:30 a 20:00 horas .
  • “Memoria da muller”: Para mulleres maiores de 60 anos . A usuaria ao finalizar este obradoiro será capaz de elaborar un vídeo no que narre unha historia con imaxes, música e voz en off. Vai ter lugar do 19 de outubro ao 5 de novembro, de luns a xoves, de 18:30 a 20:30 horas.

A Rede de Dinamización, da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, enmarcada no PEGSI (Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información), é unha das estratexias fundamentais para a inclusión na Sociedade da Información. A Rede ten entre os seus principais obxectivos titorizar a cidadanía con maiores dificultades e proporcionarlles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da S. I. A RDSI conta con 51 dinamizadores e dinamizadoras espallados pola xeografía galega en diversos Centros de Dinamización, nos que se desenvolven charlas, obradoiros e cursos de alfabetización dixital, entre outros, adaptados ás necesidades de diferentes colectivos sociais como son mulleres, persoas maiores, persoas con discapacidade, xuventude, asociacións e empresas.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as súas actividades poden dirixirse ao Centro de Dinamización de Camariñas, sito no 1º andar do Centro de Iniciativas(ao carón do centro de saúde),na rúa do río do prado s/n , chamar ao teléfono 981736506 ou mandar un correo electrónico ao enderezo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. .

Contacto:
Óscar Clapés
Dinamizador da Sociedade da Información

Para máis información sobre o proxecto pódese acudir ao  portal web da Rede de Dinamización da Sociedade da Información: www.redededinamizacion.eu.


 

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.