- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Concello de Camarinas Concello de Camarinas
- Created: 27 Setembro 2009 27 Setembro 2009
A XX Mostra do Encaixe comenza a tomar forma

A XX Mostra do Encaixe que se celebrará en Camariñas entre os días 31 de marzo e 4 de abril do 2010 arranca de forma oficial cos seus preparativos e así xa están listas as bases que rexirán o Concurso de Xóvenes diseñadores. Un certame que ano a ano refórzase como unha das citas máis importantes do calendario da moda galega e que serve de trampolín para que as mellores promesas dunha rexión española caracterizada dende sempre polo talento dos seus diseñadores reinventen en clave modernizadora unha das máis antigas mostras de artesanía de Galicia. Pulsa na imaxe para ler as novedades que nos remiten dende a dirección da Mostra do Encaixe así como para ler as bases do concurso.
Gustaríannos darlle a coñecer a tódolos seus usuarios a seguinte información:
1º: Convocatoria do XVII Concurso de Noveis Deseñadores que se celebrará durante a XX Mostra do Encaixe de Camariñas (achégase as bases e ficha de inscrición).
2º: A Asociación Galega de Criadores de Visón “Agavi” celebra o XII Congreso Internacional da Pel, este domingo 27 e luns 28 de setembro na Coruña.
O domingo celebrarase a exaltación da cultura galega, polo que o Encaixe de Camariñas será o representante do patrimonio cultural de Camariñas para ilo desprazarase unha delegación formada por: unha palilleira representando cada asociación (Rendas e Palillada), dúas palilleiras infantís como representantes das escolas municipais e a directora da Mostra do Encaixe.
O luns, día 28 o Encaixe de Camariñas estará presente no desfile que se celebrará en Palexco as 20:30 h. das mans da firma da deseñadora Charo Carrillo.
3º: A Consellería de Cultura e Turismo, a través da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural notificou unha subvención para a II Festa da Palilleira – Recreación das Palilladas ao abeiro da Orde 18 de marzo de 2009, pola que se convocan axudas para os Concello de Galicia con menos de 50.000 habitantes.
Saúdos,
Mª Dolores Lema
Bases do Concurso de Xovenes Deseñadores
O XVII Concurso de Noveis Deseñadores de Moda, que se celebrará durante a “XX Mostra do Encaixe de Camariñas”, do 31 de marzo ao 4 de abril de 2010.
I. PARTICIPANTES
Poden concorrer a esta convocatoria tódolos noveis deseñadores, nos que concorra algunha das seguintes circunstancias:
a) Poden intervir os alumnos e as alumnas que estudien en centros, escolas e academias que impartan ensinanzas de deseño e técnicas de confección, teñan ou non, os seus estudos rematados.
b) Todas aquelas persoas vinculadas ó mundo da moda que, sen estar matriculados nunha escola de deseño, non sexan profesionais no campo da moda, circunstancia que debe ser acreditada coa correspondente declaración xurada.
II. CONDICIÓNS XERAIS
1) As coleccións versarán sobre PRIMAVERA - VERÁN 2010.
2) Cada participante ou grupo, presentará unha colección de 4 deseños de roupa feminina, incorporando Encaixe de Camariñas neles. Todos aqueles deseños que presenten outro encaixe diferente, non serán aceptados.
3) A modalidade á que poden optar é a de moda de muller, con tódalas súas variantes: rúa, festa, noiva, lencería, etc.....
4) Cada unha das pezas e accesorios deberá levar no seu interior unha etiqueta que identifique o nome da colección.
5) As coleccións presentadas non puideron ser premiadas noutros certames de moda.
6) Na memoria deberase definir os tecidos utilizados e os complementos para cada un dos deseños presentados; no caso de que os materiais descritos non coincidan cos empregados nas prendas será motivo de eliminación.
7) Presentarase unha memoria por colección.
8) Formato da memoria: os participantes presentarán os seus deseños en láminas de formato DIN A-3 ou A-4, con deseño de fronte e posterior.
9) Xunto coa memoria deberase entregar un sobre pechado co nome da colección, no seu exterior, e, no interior, a folla de inscrición que se lle adxunta, debidamente cuberta, fotocopia do DNI por ámbalas dúas caras e currículo do/a autor/a. 10) En ningún caso nos deseños e memoria das colecciones presentadas deberán figurar datos que identifiquen ós deseñadores, para garantir o anonimato en todo momento.
III. INSCRICIÓNS
Os participantes deberán presentar ou enviar a memoria e o sobre citado anteriormente en/a:
CONCELLO DE CAMARIÑAS (XX Mostra do Encaixe),
Praza Insuela, 57.
15123 CAMARIÑAS (La Coruña).
O prazo de presentación das solicitudes será ata o 1 de decembro de 2009.
IV. DESENVOLVEMENTO
Dado o limitado número de prazas seleccionaranse as memorias presentadas.
O Concello de Camariñas comunicará a lista de memorias admitidas ó concurso antes do día 15 de decembro.
Todas as memorias seleccionadas recibirán unha cantidade de encaixe por valor de 300 euros, segundo catálogo e tarifa establecida de antemán polas asociacións de encaixeiras do municipio de Camariñas, catálogo que se lles fará chegar no caso de que desexen participar.
Os seleccionados confeccionarán a colección cos seus catro deseños propostos, para desfilar na pasarela da XX Mostra do Encaixe de Camariñas.
As pezas confeccionadas terán que chegar ó Concello de Camariñas antes do día 19 de marzo do 2010.
As prendas confeccionadas deberán ser remitidas a:
CONCELLO DE CAMARIÑAS (XX Mostra do Encaixe),
Praza Insuela, 57.
15123 CAMARIÑAS (La Coruña).
Teléfono. : (981) 737004-736000,
Fax (981) 736199-736319.
REXEITARANSE TODOS AQUELES TRABALLOS QUE NON CUMPRAN AS CONDICIÓNS DO CONCURSO.
V. XURADO
O xurado, previa valoración das memorias, confección, deseño e encaixe (elección, distribución e aplicación), dictaminará os premios.
A composición do xurado, darase a coñecer no momento axeitado e estará composto por personalidades do mundo da moda ou que teñan relación con ela dalgún xeito.
A decisión do xurado será inapelable.
VI. PREMIOS
O XVII Concurso de Noveis Deseñadores estará dotado dos seguintes premios:
1º premio: 2104 euros e diploma.
2º premio: 1202 euros e diploma.
3º premio: 601 euros e diploma.
Ademais, haberá un premio especial de 601 euros, que será elixido polo público que participe nos desfiles.
O comité organizador entregará os premios coincidindo coa xornada de clausura da Mostra.
Asemade, farase entrega a cada un dos participantes no concurso dun diploma que acredite a súa participación no XVII Concurso de Noveis Deseñadores.
O xurado poderá deixar deserto un ou máis premios se estima falta de mérito nos traballos presentados, e a súas decisións serán inapelables.
VII. DEREITOS
Queda implícita a autorización dos autores das obras seleccionadas para a reproducción e publicación de imaxes ou contidos destas por parte do Concello de Camariñas ou calquera que estime oportuno.Queda implícito na participación desta convocatoria a aceptación do contido das bases. Calquera dúbida sobre a súa interpretación, ou calquera modificación desta, será resolta polo comité organizador da Mostra do Encaixe.