5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (1 Vote)

Francisco Puga Bestilleiro infórmanos sobre a elección de Camariñas como sede da Copa Xunta de Galicia de balonmán feminino que se celebrará no Pavillón Polideportivo de Camariñas este domingo 27 de setembro de 2009.

FEDERACIÓN GALEGA DE BALONMÁN
R/ LUIS KSADO, 17 OF. 3
36.209 VIGO
TFN.: 986.42.01.76
FAX 986.23.93.66


Vigo, 15 de setembro de 2009.


Á atención de Francisco Puga, Técnico de Deportes do Concello de Camariñas.

Co gallo da celebración das Finais da Copa Xunta de Galicia Feminina a celebrar o vindeiro Domingo 27 de Setembro, esta Xunta Directiva quere premiar a colaboración deste Concello na promoción do balonmán, e máis,  neste ano no que ten inscrito un equipo sénior feminino.


Os encontros desta final serán:

3º - 4º POSTO        11, 15 horas
Perdedor da 1ª eliminatoria    -    Perdedor 2ª eliminatoria

1º - 2º POSTO        13,00 horas
Vencedor da 1º eliminatoria    -    Vencedor 2º eliminatoria

En caso da aceptación pola vosa parte desta proposta, poñeríamos en contacto con vostedes para ultimar os detalles destas finais.

Esperando que a nosa decisión sexa do voso agrado, despídese atentamente:


Xosé Luis Pérez Ouro
Presidente da Federación Galega de Balonmán


 

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.