Aínda que aquí poñamos a foto da capital municipal, as actividades abranguirán todo o concello
Aínda que aquí poñamos a foto da capital municipal, as actividades abranguirán todo o concello

Pois xa están aquí o catálogo de actividades que o Concello ten preparado para facernos un pouco máis levadeiro o duro outono-inverno que se avecina implacable e que nestes intres agazápase como unha fiera listo para levarse por diante o noso tempo de lecer cun par de poderosas dentelladas. Un conxunto de actividades moi completo e entre o que destacan no programa para maiores unhas clases de taichí que fai que por momentos un pense confundido que se atopa nas calles de Pekin ou Shangai nas primeiras horas da mañán ou un obradoiro de cociña en familia do que en calquer instante pode saír outro maestro dos fogóns semellante ao caso comprobado de Martínez Ferrío. En fin, pasen, vean, elixan e apúntense no que vostedes queiran.

SERVIZOS SOCIAIS

As actividades de Servizos sociais son gratuitas e a solicitude tramítanse directamente na Casa de Pedra tfno: 981-737004. Todas estas actividades son gratuítas. Máis información e inscrición  na Casa de Pedra (981737004).
Maiores
Taichi
Data de celebración: curso  2009-2010.
Prazo de inscrición: do 7 ata o 11 de setembro. Por rigoroso orde de inscrición .
Requisitos. Ter como mínimo 60 anos .
Lugar: en tódalas parroquias cun grupo mínimo de 10 e máximo  de 15 persoas.
Piscina
Data de celebración: curso  2009-2010.
Prazo de inscrición: do 7 ata o 11 de setembro. Numero máximo de participantes 15 persoas. Por rigoroso orde de inscrición.
Requisitos. Ter como mínimo 60 anos ou certificado de minusvalía.
Lugar: Piscina de Cee .
Obradoiro de memoria
Data de celebración: curso  2009-2010.
Prazo de inscrición: do 7 ata o 11 de setembro. Numero máximo de participantes 15 persoas. Por rigoroso orde de inscrición.
Requisitos. Preferentemente ter como mínimo 60 anos.
Lugar: Piscina de Cee .
Familias
Obradoiro en prevención de droga
Data de celebración: 8, 14 e 15 de outubro do 2009.
Prazo de inscrición: ata 5 de outubro do 2009.
Lugar: en tódalas parroquias cun grupo mínimo de 15 persoas.

Rutas de sendeirismo da rede natura
Data de celebración: 19 ó 20 setembro do 2009.
Prazo de inscrición: 18 setembro do 2009.
Obradoiro de alimentación en familia
Data de celebración: 29 de setembro ,6 e 20 de outubro do 2009.
Prazo de inscrición: ata o 1 de outubro do 2009.
Chamando o 981736393.
Obradoiro de cociña en familia
Data de celebración: 3 ou 4  de outubro do 2009.
Prazo de inscrición: ata o 21 de setembro do 2009.
Chamando o 981736393.
Escolas de nais
Data de celebración: durante o curso 09-10 . unha vez ó mes.
Prazo de inscrición: ata 14 de outubro do 2009.
Lugares de celebración. en tódalas parroquias cun mínimo de 15 persoas inscritas.
Mocidade.
Obradoiro Como ligar e non morrer no intento?
Datas de celebración : outubro –novembro 2009.
Prazo de inscrición: 7 de outubro .
Número de prazas: 20 .Por rigoroso orde de inscrición.
Deseño de camisetas
Datas de celebración : outubro –novembro 2009.
Prazo de inscrición: 7 de outubro.
Número de prazas: 20 .Por rigoroso orde de inscrición.

Area de igualdade
II Maratón Fotográfica ”Implícate na corresponsabilidade”
Data de celebración: 27 de setembro do 2009.
Prazo de inscrición: ata 25 de setembro do 2009.
Charla de erótica feminina “quérote”
Data de celebración: 01 de outubro do 2009 as 19:30 h.
Prazo de inscrición: ata 29 de setembro do 2009.
Curso de xestión de entidades sociais
Data de celebración: no mes de novembro (un total de seis horas docentes).
Prazo de inscrición: ata 30 de outubro do 2009.
Obradoiro de musicoterapia (para mulleres)
Data de celebración : 25  novembro do 2009.
Prazo de inscrición: ata 19  de novembro do 2009.Por rigoroso orde de inscrición.
Obradoiro de corrresponsabilidade  para homes: cociña
Data de celebración : Principios  de novembro do 2009.
Prazo de inscrición: ata 30  de outubro do 2009.Por rigoroso orde de inscrición.
Actividades dentro dos centros escolares
Primaria
- obradoiro de igualdade.
- obradoiro bebidas saudables.
- obradoiro de educación vial.
- obradoiro de habilidades sociais.
- obradoiros de mellora da lectura.
- obradoiro de subliñado, resumo e esquema.
Secundaria
- obradoiro de prevención de violencia de xénero.
- obradoiro de técnicas de estudio.

ACTIVIDADES FORMATIVAS AXENCIA DE DESENVOLVEMENTO LOCAL DE CAMARIÑAS 2009-2010

Celebraranse nas aulas do Centro de Iniciativas de Camariñas, preferentemente en xornada de tarde son gratuítos e se require un mínimo de 25 alumnos/as. Preinscrición na Axencia de Desenvolvemento na Casa de Pedra de Camariñas. Tfno 981 73 70 04

Cursos de Cultura emprendedora e creación de empresa.

Cursos de mellora da formación empresarial: contabilidade, financiación, plans de empresa e mellora competitiva, novas tecnoloxías da información e comunicación, marketing, comercio exterior, política de xestión de cobros e pagos de empresa...

Cursos de cualificación profesional: Carpintería, ebanistería, escaparatismo, hostalería, horta, elaboración de conservas caseiras...

Obradoiros  teóricos – prácticos de busca activa de emprego: Prazas limitadas a 15. Preferentemente para persoas desempregadas. É necesario ter coñecementos informáticos.

 

Engadir un comentario