5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (7 Votes)

Ruta Costa da Morte

Rutas de Sendeirismo da Costa da Morte

O Concello de Camariñas oferta neste mes de agosto para os días *22 e 29* dúas rutas guiadas pola zona Rede Natura do Concello. Estas rutas son gratuitas e as persoas que desexen participar ten que anotarse previamente na Caseta de Información Turística do Concello de Camariñas situada no paseo marítimo da localidade e chamando ao *telefono 987 7372 04.

Sairase da casa do concello ás 9:00horas e o tempo estimado da ruta de sendeirismo é de 5 horas. Recorrerase unha parte da Ruta da Costa da Morte de Camariñas e contará con guía especializado que informará antes e durante o recorrido dos recursos e especies protexidas da zona rede natura de Camariñas. Esta actividade está cofinanciada pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras e forma parte das actividades de Concellos Saúdables financiadas pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.

Comentarios   

E logo ti de quen eres
+1 # RE: Rutas de Sendeirismo da Costa da MorteE logo ti de quen eres 02/09/2009 13:44
Muy buena iniciativa el verano que viene, ojala pueda hacerla estare pendiente.

Tino Figueiras desde Madrid.
Responder | Denunciar ante o administrador