3 1 1 1 1 1 Rating 3.00 (4 Votes)

Dende a Biblioteca Municipal infórmannos da exposición fotográfica "Intraolas" do catalán Jordi Rodríguez Artés que terá lugar ata o 9 de agosto na Casa de Pedra.

 Nota de Prensa da Biblioteca Municipal de Camariñas

Image

O vindeiro mércores 22 de xullo, ás 20:00h, inaugúrase a exposición fotográfica Intraolas do catalán Jordi Rodríguez Artés organizada polo Concello de Camariñas. A exposición estará aberta ó público ata o 9 de agosto na Casa de Pedra, de martes a domingo, en horario de 11:00 a 14:00 e 17:00 a 20:00h. A exposición, palabras do autor, pretende reflectir a mirada no trazo das olas no aire, os debuxos, as múltiples formas orixinadas polas augas da Costa da Morte.Xunto envío tríptico. O día da inauguración adiantouse ó 22, non é o 24 de xullo como programamos inicialmente. Grazas pola vosa atención. Saúdos.


 

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.