- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Concello de Camarinas Concello de Camarinas
- Created: 25 Xuño 2009 25 Xuño 2009

Os cinco principais núcleos urbáns do Concello presentan unha completa oferta de actividades
Fruto da actividade e colaboración entre as distintas asociacións, comisións de festas e o propio Concello, os veciños e visitantes que se acerquen este verán por calqueira das parroquias que integran ese imaxinario colectivo chamado Concello de Camariñas poderán disfrutar do posiblemente programa máis completo de actividades e festexos nunca visto por estas latitudes. Baba Yaga e outras lendas rusas, talleres de fotografía, exposicións, danzas do mundo e a nosa incomparable danza propia, a de Arcos, festas para dar e tomar, partidos de solteiras contra casadas... Todo eso e moito máis poderalo atopar na Guía completa do Programa de Actividades e Festas no Concello de Camariñas.
ACTIVIDADES CULTURAIS VERÁN 2009
Mínimo 10 alumnos para levarse a cabo a actividade.
Os alumnos menores de idade terán que ser anotados na actividade por unha persoa adulta.
As actividades que non indican custo algún, son gratuítas.
Pódense solicitar actividades de danzas do mundo e bailes de salón noutras parroquias do Concello.
Na biblioteca municipal de Camariñas ás 11:30, integrado no programa Tempo de Lecer co Deporte.O Dinosaurio Belisario: 3 de xullo, por Danthea Teatro dirixida a nen@s a partir de 3 anos.
Concerto didáctico: 10 de xullo, por Campo de Estrelas, dirixido a nen@s a partir de 3 anos.
Babá Yagá e outras lendas rusas: 24 de xullo, por Yana Knyazeva, dirixido a nen@s a partir de 8 anos.
A carapuchiña vermella: 7 de agosto, por Danthea Teatro, dirixido a nen@s a partir de 3 anos.
Concerto didáctico: 14 de agosto, por Campo de Estrelas, dirixido a nen@s a partir de 8 anos.
Frío polar, a miña experiencia na Antártida: 28 de agosto, por Adoración Sánchez Mata, dirixido a nen@s a partir de 8 anos (no pavillón deportivo municipal).
- Festival Ponte do Porto: 29 xuño, ás 18:00h.
- Festival Festas do Carme: 17 xullo xunto con Rueiriño de Oleiros.
- Festival Día da Patria Galega de Xaviña: 25 xullo, ás 17:00h.
- Festival Folk de Camelle: 31 de xullo, ás 21:30h.
- Festival Caldo de Riola: 1 de agosto, ás 20:00h.
- Festival Festas do Sacramento en Xaviña: 27 de xullo, ás 13:30h.
Os ensaios xerais faranse no palco un día antes.
DANZA:De 4 a 8 anos (ballet, baile galego, xogos de música e danza…) (Do 1 ó 31 de xullo)
Camelle: martes, de 10:30 a 11:30h na Casa do Alemán.
Xaviña: xoves, de 10:30 a 11:30h na Casa da Sociedá.
A Ponte do Porto: martes de 12:00 a 13:00h no Centro Cultural.
Camariñas: xoves, de 12:00 a 13:00h na Casa de Pedra.
De 4 a 12 anos. Do 1 ó 31 de xullo en Camariñas os xoves de 13:00 a 14:00.
Grupo xuvenil de 8 á 16 anos, grupo adultos de máis de 16 anos (Do 1 ó 31 de xullo)
Camelle (xuvenil): luns, de 19:00 a 19:50h, na Casa do Alemán.
Camelle (adultos): luns, de 20:00 a 20:50h, na Casa do Alemán.
A Ponte do Porto (adultos): mércores, de 19:00 a 19:50, no Centro Cultural.
Camariñas (xuvenil): mércores, de 20:00 a 20:50h., na Casa de Pedra.
Camariñas (adultos): mércores, de 21:10 a 22:00h., na Casa de Pedra.
Adultos (máis de 16 anos). Do 1 ó 31 de xullo na Casa de Pedra de Camariñas os luns de 21:10 a 22:00.
Do 1 ó 31 de xullo na Casa de Pedra en Camariñas os venres.
De 7 a 16 anos: horario de 12:30 a 14:00.
De 16 anos en adiante: horario de 10:30 a 12:00.
Uso da cámara e revelados en branco e negro).
Durante o mes de agosto, a partir das 22:30h. Se chove nos centros culturais de cada parroquia.
Brañas Verdes: 3 e 4 de agosto.
Santa Mariña: 5 e 6 de agosto.
A Ponte do Porto: 7, 10 e 11 de agosto.
Camelle: 12, 13 e 14 de agosto.
Camariñas: 17, 18, 19, 20, 21 e 24 de agosto.
Xaviña: 25 e 26 de agosto.
Arou: 27, 28 de agosto .
Curso de inglés nivel intermedio. Destinatarios: adultos. Duración: 40h - do 1 de xullo ó 30 de xullo. Hora de 10:00 a 12:00 de luns a venres. Lugar: Centro de Iniciativas Empresariais. Prezo: 15 €.
- Festa de San Antón en Xaviña. O 13 de xuño haberá misa con procesión e actuarán o coro “Anduriñas” e o grupo de gaitas “Abrindo Rejo”.
- Lumarea de San Xoán en Camariñas. O 23 de xuño a partir das 8 da tarde, sardiñada con cachelos e actuacións musicais. As 12 prenderase a lumarea. Organiza Asociación Lumareas da Vila.
- Lumarea de San Xoán en Camelle. O 23 de xuño a partir das 9 da noite na praia, concurso de recuperación de cancións galegas, actuación de “Pandereteiras e Cantareiras de Camelle” e degustación de sardiñas. Organiza Asociación Festas do Carme de Camelle.
- Festa de San Pedro na Ponte do Porto. Do 27 1ao 29 de xuño, oquestras variadas e sardiñada o día 27. Organiza a Comisión de Festas da Ponte.
- Festa do Sacramento en Ponte do Porto. Do 4 ó 5 de xullo, orquestras variadas. Organiza Comisión de Festas da Ponte.
- Festa da Sardiña en Camariñas. O 11 de xullo, degustación de sardiñas. Organiza Asociación de Empresarios e Promoción Turística de Camariñas.
- Festa do Carme de Camariñas. Do 15 ao 19 de xullo, orquestras variadas, danza de arcos, gran sesión de fogos de artificio, sardiñada o día 18, día do neno o 19. Organiza Asociación Virxe do Carme.
- Festa de Santa Mariña. Do 17 ó 18 de xullo, orquestras variadas e sardiñada o día 17. Organiza Comisión de Festas de Santa Mariña.
- Festa da praia en Xaviña. O 25 de xullo a partir da 1 da tarde realízase un evento folclórico de carácter familiar na praia do Ariño ca seguinte programación: misa solemne en honra a Santiago Apóstolo, gran sardiñada, xogos infantís na praia e diversas actuacións musicais de gaita, baile e canto. Organizan Asociación Abrindo Rejo e Concello de Camariñas.
- Festa da xuventude. O 31 de xullo a partir das 8 da tarde na praza do mercado de Camariñas, actuacións musicais dos dj’s “Spanish manía” e degustación de mexillóns. Organiza Asociación Virxe do Carme.
- Festa do Sacramento en Xaviña. Do 26 ó 27 de xullo a partir da 1 da tarde, actuación do coro “Anduriñas” e do grupo de gaitas “Abrindo Rejo” o día 26 e da “Escola Municipal de Gaita e Baile de Camariñas” o día 27.
- Festa da Palilleira. Do 31 ó 2 de agosto celebrarase o “I Concurso de Encaixe de Camariñas” con palilleiras de toda España, grandes premios e acompañamento musical a cargo de grupos de gaita da zona. Máis información no 981737004. Organizan o Concello de Camariñas, a Asociación de Empresarios e Promoción Turística de Camariñas, a Asociación de palilleiras Rendas e a Asociación de palilleiras Palillada. Patrocinada por Industrias Cerdeimar “125 aniversario”.
- Festa do caldo de riola na Ponte do Porto. O 1 de agosto, degustación gastronómica do caldo de riola. Organiza Asociación Gastronómica Caldo de Riola.
- Festa do Carme de Camelle. Do 31 xullo ó 2 de agosto, orquestras variadas, danza de arcos, gran sesión de fogos de artificio, xogos de mar, festa da espuma,degustación de sardiñas o día 31. Organiza Asociación Festas do Carme de Camelle.
- Festa de Santa María de Xaviña. Do 15 ó 16 de agosto, orquestras variadas. Organiza Comisión de festas de Xaviña.
- Festa de San Roque na Ponte do Porto. O 16 de agosto, orquestras variadas. Organiza Comisión de Festas da Ponte.
- Festa de San Bartolo de Arou. Do 22 ao 25 de agosto, orquestras variadas. Organiza Comisión de Festas de Arou.
- Festa de San Ramón en Camariñas. O 31 de agosto, orquestras variadas. Organiza Asociación Festas do Carme de Camariñas.
- Festa do Sacramento en Camelle. Do 5 ó 6 de setembro, orquestras variadas, grupo de gaitas e partido de fútbol de solteiras contra casadas. Organiza Asociación Festas do Carme de Camelle.
- Festa de San Miguel en Camelle. O 26 de setembro, orquestras variadas. Organiza Asociación Festas do Carme de Camelle.
- Motivos do mar. Exposición de fotos de Manuel Blanco Ventureira. Do 1 ó 23 de xullo, de luns a venres, de 16:00 a 20:00h na Casa do Alemán en Camelle. A riqueza e a beleza das costas galegas teñen sona en todo o mundo, nembargantes non son tan coñecidas as marabillas que o noso mar esconde nos seus fondos.
- Exposición de pintura e escultura do 16 ó 19 de xullo na Casa de Pedra en Camariñas.
- Intraolas: Exposición fotográfica de Jordi Rodríguez Artés. Do 24 de xullo ó 9 de agosto, de martes a domingo: 11:00 a 14:00h/ 17:00 a 20:00h na Casa de Pedra en Camariñas. A exposición pretende reflectir a mirada no trazo das olas no aire, os debuxos, as múltiples formas orixinadas pola augas da Costa da Morte.
- Exposición de pintura de Chelín. Do 8 ó 16 de agosto na Marina en Camariñas. Organiza a Asociación de Empresarios e Promoción Turística de Camariñas.
Comentarios
VITO
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.