Nota de prensa sobre a xuntanza do xoves 11 de xuño ás 12:00 horas nas instalacións da entidade Artesanía Catalunya peretecente á Generalitat de Catalunya. Nesta xuntanza participa Camariñas coa axente de emprego e desenvolvemento local formando parte do Comité Técnico organizador das Xornadas Técnicas Cataluña- Galicia sobre o Encaixe de Bolillo e o seu desenvolvemento.

PROXECTO XORNADAS INTERCOMUNITARIA CATALUÑA-GALICIA SOBRE O SECTOR ENCAIXES DE BOLILLOS

En Barcelona, o próximo 11 de xuño ás 12:00 horas,  nos locais da institución Artesanía Catalunya da Generalitat de Cataluña, terá lugar a primeira xuntanza do Comité Técnico encargado de deseñar e organizar as Primeiras Xornadas Intercomunitarias Cataluña- Galicia centradas no sector encaixe de bolillos.

A axente de desenvolvemento local de Camariñas participará nesta primeira xuntanza formando parte do comité técnico organizativo, trasladando así o compromiso de Camariñas con este sector estratéxico do territorio e coa necesidade de colaborar e unir sinerxías para tentar o desenvolvemento do encaixe como xerador de emprego e riqueza baseado na mellora da calidade de vida das productoras e no patrimonio cultural .

Esta iniciativa surxiu no mes de marzo de 2009 onde unha comisión da  institución  catalana realizou unha visita programada pola Asociación Galega de Artesáns a Camariñas. Nesta visita reuníronse persoal político e técnico desta entidade, o Concello de Camariñas e a Asociación de artesáns de Galicia e avaliouse a situación do sector artesán do Encaixe de Bolillos, as estratexias e actuacións realizadas ao longo do tempo e as posibles liñas de desenvolvemento do sector.

Un dos puntos tratados foi a necesidade de coñecer e avaliar as experiencias que no desenvolvemento desta actividade artesán teñen diferentes territorios de España e outros países, ademais de potenciar o intercambio de boas prácticas e a realización dunha diagnose do sector feita dende as productoras, empresas, técnicos/as e institucións relacionados co encaixe de bolillos. A carencia de xornadas técnicas neste sector, coa excepcións das concentracións ou intercambio entre productoras, foi unha das carencias salientadas.

Froito destas reflexións xurdiu a proposta de realización dunhas xornadas técnicas relacionadas co Encaixe de Bolillos coorganizadas por Cataluña e Galicia na que se iniciaría por primeira vez un camiño de coñecemento, difusión e intercambio das diferentes experiencias de desenvolvemento desta artesanía nos diferentes territorios europeos.

O concello de Areyns de Cataluña sería o lugar onde inzaríase en outubro deste ano as primeiras sesións destas xornada que promove e financia Artesanía de Catalunya da Generalitat. O Concello de Camariñas sería o lugar onde desenvolveríase a Xornada Galega probablemente a finais de marzo do 2010 coincidindo coa semana da Mostra de Encaixe de Camariñas. O Concello esta na espera dunha xuntanza co Delegado da Xunta de Galicia na Coruña para presentar o proxecto e solicitar a súa participación nesta iniciativa.


 

Engadir un comentario