4.3333333333333 1 1 1 1 1 Rating 4.33 (6 Votes)

O Concello de Camariñas e a Rede de Dinamización veñen de promover unha charla informativa sobre a posibilidade de divulgar e promover a artesanía de Camariñas especialmente o Encaixe na rede ademáis da posibilidade de comercializalo mediante internet. Pulsa no enlace desta noticia para ler a nota de prensa que nos manda o Técnico Informático Óscar Clapes.

Concello de Camariñas-Rede de Dinamización da Sociedade da Informaciónconvida á poboación interesada á charla “Outros fíos na rede” en Camariñas

Óscar, ao fondo, o Técnico Informático
Óscar, ao fondo, o Técnico Informático

A iniciativa da Rede de Dinamización da Sociedade da Información do PEGSI (PlanoEstratéxico Galego da Sociedade da Información da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información) é unha das estratexias fundamentais para o desenvolvemento das políticas de inclusión na S.I. e o desenvolvemento rural. A Rede de Dinamización da Sociedade da Información axudará a levar a cabo actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información. A Rede conta con 100 dinamizadores e dinamizadoras, espallados pola xeografía galega en diferentes entidades, que desenvolven charlas, obradoiros e cursos de alfabetización dixital e otros de moi variada temática, adaptándose ás diferentes necesidades dos colectivos sociais tales como mulleres, persoas maiores, persoas con discapacidade, xuventude, asociacións e empresas.

A Rede de Dinamización da Sociedade da Información, en colaboración co Concello de Camariñas informa da realización da charla “Outros fíos na rede” de 2 horas de duración, que se desenvolverá o día 28 de maio ás 19:00 horas no Centro de Iniciativas Empresariais, ao carón do centro de saúde de Camariñas .

Esta actividade enmárcase na celebración do 17 de maio: Día das letras galegas, día mundial das telecomunicacións e día mundial da sociedade da información e consiste nunha charla onde se explicarán os diferentes pasos a realizar polas tendas de encaixe de Camariñas para engadir os seus produtos á tenda virtual mercadogalego.eu , posibilitando así o comercio electrónico destes produtos .

Os obxectivos desta iniciativa son :

  • Vincular ás novas tecnoloxías ca artesanía e un dos principais medios da vista da Costa da Morte:O encaixe.
  • Facer do comercio electrónico unha realidade comercial do encaixe.
  • Divulgar a través das TIC (tecnoloxías da información e da comunicación) o encaixe camariñán.
  • Familiarizar a este colectivo cas novas tecnoloxías. 

Para máis información, calquera dúbida ou pregunta pódense achegar ao Centro de Dinamización de Camariñas, sito no primeiro andar do Centro de Iniciativas Empresariais, na Rúa do Río do Prado, s/n, ou ben chamar ao teléfono 981.736.506 de luns a xoves de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 horas e os venres de 10:00 a 15:00 horas.

Contacto:

Óscar Clapés
Dinamizador da Sociedade da Información.

Para máis información sobre o proxecto pódese acudir ao portal web da Rede de Dinamización da Sociedade da Información: http://dinamiza.sociedadedainformacion.eu


 

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.