3.6666666666667 1 1 1 1 1 Rating 3.67 (3 Votes)
O Concello de Camariñas ten prevista unha escursión a SOGAMA (Cerceda) a que pode apuntarse calquer veciño.

Logo SOGAMA
Logo SOGAMA

O Concello de Camariñas visita SOGAMA: III XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

O próximo martes 2 de xuño realizarase unha visita ó Complexo Medioambiental de Sogama en Cerceda con motivo das “III Xornadas de Portas Abertas” coas que se conmemorará a Semana do Medio Ambiente.

  • Martes 2 de xuño
  • Saída: 4 da tarde nas paradas de costume
  • Volta: 8 da tarde dende Cerceda
  • Prazas limitadas
  • Apuntarse no 981737004

Ca finalidade de que podamos comprobar in situ o labor da Sociedade Galega do Medio Ambiente na xestión e tratamento dos residuos urbanos, ademais doutros cometidos que está a levar a cabo no campo da xestión ambiental, as enerxías renovables, a innovación tecnolóxica e a cooperación exterior ao desenvolvemento, poñerase un autobús, con capacidade para 50-55 persoas, a fin de que a veciñanza do noso Concello sexa trasladada a Cerceda onde, a cargo de monitores especializados, poderemos obter toda a información sobre Sogama. Así mesmo, e tendo en conta esas datas tan especiais, obsequiarannos con agasallos e algún pequeno recordo.


Camariñas, 19 de maio do 2009.

O Alcalde
Manuel Valeriano Alonso de León


 

Engadir un comentario