4 1 1 1 1 1 Rating 4.00 (4 Votes)
ESTA FIN DE SEMANA @S DEPORTISTAS DAS ESCOLAS DEPORTIVAS DO  CONCELLO DE CAMARIÑAS TEÑEN VARIAS FRONTES ABERTAS, por unha banda o equipo de cadete de bádminton desprázase a Lugo para xogar o campionato galego da especialidade, ademais, Francisco Pais Fondo e Nerea López Lijó xogarán o campionato individual.

 

Ademais unha docena de nenas da Escola Muncipal de Balonmán están convocadas para xogar coa selección provincial de a Coruña o VI Torneo Galego de Balonmán Infantil feminino que se vai desenvolver nesta ocasión en A Coruña, enfrontándose as selecións de Lugo, Ourense e Pontevedra ao longo do sábado día 9 de maio.

Se isto fora pouco outra docena de deportistas camariñáns, pero esta vez do mundo da vela, participarán na 2ª regata promovida pola Xunta de Galicia nas competicións de deporte en Idade Escolar . A regata terá lugar en Corcubión e ten previsto que se inicie ás 14 horas. Nesta ocasión participarán en 2 omegas e 4 optimist.

Image

Engadir un comentario