JM Souto na Rúa dos Viños de New York: Stone Street

JM Souto na Rúa dos Viños de New York: Stone Street

Case tan antiga como aquel muro de madeira e terra construido polos holandeses cando a cidade aínda se chamaba Nueva Amsterdam, érguese nun recuncho de Manhattan Stone Street. Un anaco de historia enclavado no principal centro financieiro do mundo e que cando é chegada a hora, por moi estrano que poida parecer, convértese á semellanza de calqueira rúa do noso país nun concurrida zona de terrazas coa única peculiaridade de que chiquiteros e demáis ralea hispana son substituidos aquí por brokers e altos executivos das firmas que dirixen o mundo. E postos a imaxinar, un pensa en Don Draper, Bertram Cooper, Roger Sterling, Pete Campbell..., os principais creativos da empresa de publicidade Sterling Cooper, aos que previamente algunha das sufridas e manoseadas secretarias da firma gardaran as mesas, fumar, beber e rirse con chistes machistas naquela tan ben evocada New York dos anos sesenta ¿Alguén pode citar algún episodio da Serie Mad Men ambientado en Stone Street? O broker porteño e corresponsal de Camarinas.eu nos USA, José Manuel Souto Bello, fiel á súa cita periódica ca web do seu concello, escribe un novo e impresionante artigo sobre unha das principais rúas da gran capital do planeta. ...
Reencontro entrañable de Manuel García en Camarinas.eu

Reencontro entrañable en Camarinas.eu

Na mañán deste sábado 22 de xuño de 2013 recibíamos unha visita moi especial na nosa redacción. Tratábase de dous amigos que despois de 38 anos de fatal separación gracias a Camarinas.eu volveron a encauzar os seus pasos. Una historia entrañable e con final feliz que daba os seus primeiros pasos un 30 de setembro de 2009, cando dende Buenos Aires unha fiel usuaria, María del Carmen Rodríguez Lema, poñíase en contacto con nos en búsqueda de axuda para atopar a un amigo da súa infancia na Arxentina, misteriosamente desaparecido a principios dos anos 70. Non tardaron en chegar as boas noticias acerca do paradeiro do amigo ausente, o porteño Manuel García Santos, e así un 15 de novembro de 2009, 45 días despois da anguriante chamada de auxilio, Camarinas.eu localizaba no seu barrio do Outeiro a Manuel e publicaba a súa fotografía nunha noticia na que se poñía a Maricarmen ao corrente da situación na que se atopaba o seu gran amigo. ...

Luis Blanco cumpre 50 anos

Vamos con outra noticia das que tanto gustaron hai un tempo á redacción de Camarinas.eu como son a publicación dos cumpreanos dos nosos amigos. O caso que nos concerne agora é a homenaxe que facer transmitir dende aquí ao noso querido amigo Luis Blanco, veciño de Buría residente en Suiza xunto a toda súa familia que acaba de cumprir este mesmo sábado 23 de marzo 50 anos. Medio siglo, querido amigo Luis, de traballo e esforzo por levar a túa fermosa familia a bo porto. Medio siglo sempre preocupado polos destinos da túa querida terra aínda que estuveras lonxe dela. Dende Camarinas.eu queremos dar a nosa felicitación a noso amigo Luis polo seu 50 cumpreanos e desexarche tamén de paso de toda a túa familia en Camariñas que o celebres con toda a súa familia e amigos alá polas terras helvéticas. Felicidades Luis!!! ...
JM Souto Bello: a Super Bowl

JM Souto Bello: a Super Bowl

O evento televisado con máis audiencia en toda a historia dos Estados Unidos de América, a edición número XLVI da Super Bowl que enfrontaba este domingo 5 de febreiro de 2012 en Indianápolis aos New York Giants contra os New England Patriots, é narrado para a audiencia de camarinas.eu por un testigo de excepción e fiel seguidor do conxunto newyorkino: o porteño José Manuel Souto Bello. Todo un clásico da cultura norteamericana, cos seus anunciantes que pagan cantidades desorbitadas por un anuncio televisivo durante o descanso do encontro, cas actuacións musicais tantas veces polémicas do entremedio (o half time show), cun himno nacional sempre interpretado de xeito emocionado e  emocionante, cun encontro titánico que enfronta a gladiadores épicos por ver quen sae gañador da edición correpondente da National Football League (NFL) e lamentablemente algunha que outra vez con altercados públicos e un escenario nocturno de coches e contenedores incenciados na cidade do equipo campeón. Non foi así desta vez nunha New York engalanada como nunca para recibir aos campeóns, os New York Giants, polo famoso e tantas veces visto (os soldados retornados vencedores da II Guerra Mundial, os astronautas pioneiros da Lúa, etc...) Canón dos Heroes. E alí atopábase nin...
JM Souto: World Trade Center

JM Souto: World Trade Center

Contan que o século XX realmente comenzou o 24 de xuño de 1914, data na que un terrorista serbio asesinaba en Saraxevo ao herdeiro do trono Austro-húngaro, o Arquiduque Francisco Fernando, e a súa esposa. Este simple feito determinaría o inicio de todas e cada unha das calamidades consecutivas que asolaron o que quedaba de sanguenta centuria. Do mesmo xeito probablemente o século XXI comenzou preto das 9 da mañá (3 da tarde aquí en España) do 11 de setembro de 2001 en pleno centro financierio de New York nun día que ninguén esquencerá mentras viva. Comenzou a esa mesma hora na que o primeiro dos avións suicidas impactaba limpamente contra unha das Torres Xemelgas levándose por diante a tantos e tantos inocentes, quebrando a seguridade en si mesma dunha nación e presentando dunha forma brutal unha nova ameaza duradeira sobre o mundo occidental: o Choque de civilizacións que pronosticara acertadamente Samuel P. Hungtinton xa estaba aquí. Agora que están a piques de cumprirse dez anos de triste aniversario da máis triste catástrofe dos nosos tempos, un corazón newyorkino, o do porteño José Manuel Souto Bello, rinde emocionada visita ao World Trade Center, volcando toda a súa dor nunha reportaxe...