Manuel García Santos nunha antiga fotografía da comunión da nosa usuaria Mª del Carmen Rodríguez Lema

Busqueda de Manuel Garcia Santos

Manuel García Santos. O capataz e amigo durante tantos anos nunha fábrica do gran Buenos Aires da década dos 60 e que un día hai cáseque 30 anos desapareceu para non deixar rastro. Anos de intensas búsquedas infructuosas que non consiguen dar ca pista certa do vello amigo e veciño da añorada e lonxana Ponte do Porto nunha das cidades máis grandes do planeta. A alma arxentina de camarinas.eu volve a dar mostras dun amor e morriña infinitos pola súa terra nai ca historia da búsqueda a través dos anos do vello amigo desaparecido por parte da familia da nosa usuaria María del Carmen Rodríguez Lema e ca que espera que alguén poida arroxar algo de luz acerca do destino dun home que hai máis de 25 anos desapareceu de forma inexplicable. ...
Como se dunha imaxe de ensono se tratara, Damián contempla a efixie varada dun buque no deserto

Xeografia.eu: A increíble viaxe de Damián Cibrán ao Reino de Mauritania

Dende o mesmo momento que o noso querido usuario Danián Cibrán Campos puxo pe no Continente Africano, concretamente no mítico e antigo Reino de Mauritania, só tiña en mente a realización dunha reportaxe fotográfica que un día fora publicada pola web máis vista da Costa da Morte, a web do seu pobo da alma: Camariñas. Desta forma, semellando un fotógrafo profesional da célebre National Geographic Society, Damián de Modesta recorrío cámara en man toda a Península de Ras Nouadhibou, situada na parte septentrional do país e que linda ca fronteira do antigo Sáhara español, para brindarvos unha reportaxe na que chega a adentrarse na antiga cidade abandonada de La Agüera, agora devorada polas areas do deserto. ...

Delémont - Haute Ajoie 0-0

Un empate que sabe a moi ben, xa que o Delémont foi dominado todo o partido por un Haut Ajoie moi ben situado no campo e moi equilibrado.   O Delémont non foi capaz de impoñerse neste partido xa que os xogadores non estaban todos concentrado. O medio campo, Martin e Tono, non foron capaces de impoñerse como habitualmente o fan e na dianteira só Noël podía intimidar o porteiro contrincante. E na defensa Giovanni, non estaba todo o acertado que está nos outros partidos. Aínda así, o Delémont foi capaz de ter unha boa ocasión na primeira parte, na que Francisco tirou a portería pero o disparo doi algo alto. Na segunda parte, e con Maikel e Noël na dianteira, o Delémont, dispoñia de mais posibilidades de gol. As internadas de Maikel pola banda causaban moito mal o equipo contrario. Cabe destacar (como case sempre) a boisima actuación do porteiro Chema, que por decilo dunha forma; é o salvador do equipo.  O final un puntiño que sabe a moito e do cal o adestrador quedou moi contento. A directiva do equipo agradece a Pedro e Luis (dous camariñans de pura cepa e xerentes do centro español de Porrentruy ) polo agallo que foi sorteado entre...
Nova web en Camariñas, www.camarinas.eu

Benvidos a Camarinas.eu !!

Desde este Domingo teremos a satisfacción de presentarvos a todos os habitantes deste Concello de Camariñas un medio de comunicación novo e innovador no que poder expresarse con total liberdade. É este un proxecto ambicioso que para que funcione realmente temos que contar coa colaboración da xente. Todo aquel veciño do Concello de Camariñas ten dereito a participar (tanto se vive en Camariñas coma fora. Nesta páxina provisional de inicio explicaremos como vai a funcionar esta Páxina adicada a Camariñas. ...