- Escrito por Víctor Fernández Álves Víctor Fernández Álves
- Categoría: Emigración Emigración
- Created: 02 Mai 2022 02 Mai 2022
Este pasado Domingo, 1 de Maio, tivo lugar un encontro futbolístico no campo municipal do “Hermanas Patiño” que foi máis alá do deportivo e mesmo transcendeu fronteiras: o equipo inglés Footy Killers FC enfrontouse a un conxunto formado por lendas do Camariñas C.F. no que apareceron nomes como Pirucho, Pepucho, Pedro Buxa, Carlos do Meu Lar, Marcote, Moro ou Cholate.
O acto comezou as 12:00 coa recepción do equipo visitante na casa do Concello por parte dos integrantes do goberno. A comitiva do Footy Killers FC estivo encabezada polo camariñán residente en Londres Guillermo Bermúdez quen recibiu a mans da alcaldesa, Sandra Ínsua, e o concelleiro de deporte, Fabián Canosa, unha camiseta conmemorativa deste encontro.
O partido tivo unha grande acollida por parte dos afeccionados ao deporte rei da zona que se achegaron até o estadio para desfrutar do encontro que rematou cun empate a 3 goles.