A VII Festa da Palilleira de Camariñas congrega hoxe, sábado 8 de decembro, a aproximadamente 500 artesás procedentes de toda Galicia e tamén doutros puntos de España, o que a converte nunha das citas máis importantes do ano. 

A xornada arrancou no pavillón municipal ás dez e media e prolongarase ata as 19.00 horas, hora límite para que as palilleiras amosen as súas mellores creacións. 

Ao final do encontro, todos os participantes recibirán un agasallo feito con encaixe de Camariñas e haberá tamén o tradicional sorteo.

A Asociación de Palilleiras Puntillas e a Asociación Rendas foron, xunto co Concello de Camariñas, os encargados de organizar este evento. Como curiosidade, a confección do cartel desta edición fíxose cun 'mandala' de encaixe creado pola deseñadora viguesa Amaia Fernández Blanco.

59922E4B A58A 4A5E B6EB E67864A79A65

Engadir un comentario