1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Imos relatar a derradeira iniciativa para percorrer o Camiño de Santiago de un modo orixinal e distinto. Marcos Tajes Bermúdez e Yolanda Marcote Ínsua. Él de Camariñas, ela de Arteixo. Marcos marchou para Suiza no 1983 e Yolanda nacío alí pero fala un perfecto galego. Os seus pais xa eran emigrantes. Yolanda foi a que propuxo facer esta viaxe medio en broma a Marcos pero cando asegurou que era para celebrar os 15 anos que levaban xuntos de inmediato o camariñán aceptou percorrer os máis de 2000 km que separan Suiza da Costa da Morte. Fixeron a viaxe seguindo unha ruta que vai dende Suiza ata o Santuario do Apóstol en varias semanas. Unha vez chegados a Santiago dirixíronse ata Fisterra e de ahí, para finalizar o camiño, seguiron ata Camariñas onde por fin remataron a súa viaxe. Os maiores atrancos que atoparon na súa viaxe foron inconvintes coma chuvia, moito cansancio, algún que outro pinchazo e varias caídas sin consecuencias graves. Conta Marcos que o tramo máis duro foi o derradero deles: dende Fisterra ata Camariñas, con un vento do nordeste que lles daba xusto de frente e ca sensación de que xa estaba na casa pero non daba chegado ao seu destino... En total a viaxe completárona os nosos intrépidos ciclistas en un total de 33 días nos cales percorreron unha distancia de 2.203 kilómetros. Está previsto que nuns uns días abrirán un blog para mostrar todas as fotos e experiencias vividas nesta viaxe e que anunciaremos tamén aquí en Camarinas.eu. Noraboa por eses 15 anos de amor amigos!

Comentarios   

Magdalena naya
+8 # LoqueriaMagdalena naya 25/08/2014 18:02
Teño uns amigos os que adoro, a yolanda mais, esta de outra das suas aventuras que seguro non sera a ultima, non o dubidedes, pero sempre acandando o seu final. Fai 2 anos ela xa o fixo andando desde irun, cabeza loca que non para. Grande miña loquiña
Responder | Denunciar ante o administrador