Case tan antiga como aquel muro de madeira e terra construido polos holandeses cando a cidade aínda se chamaba Nueva Amsterdam, érguese nun recuncho de Manhattan Stone Street. Un anaco de historia enclavado no principal centro financieiro do mundo e que cando é chegada a hora, por moi estrano que poida parecer, convértese á semellanza de calqueira rúa do noso país nun concurrida zona de terrazas coa única peculiaridade de que chiquiteros e demáis ralea hispana son substituidos aquí por brokers e altos executivos das firmas que dirixen o mundo. E postos a imaxinar, un pensa en Don Draper, Bertram Cooper, Roger Sterling, Pete Campbell..., os principais creativos da empresa de publicidade Sterling Cooper, aos que previamente algunha das sufridas e manoseadas secretarias da firma gardaran as mesas, fumar, beber e rirse con chistes machistas naquela tan ben evocada New York dos anos sesenta ¿Alguén pode citar algún episodio da Serie Mad Men ambientado en Stone Street? O broker porteño e corresponsal de Camarinas.eu nos USA, José Manuel Souto Bello, fiel á súa cita periódica ca web do seu concello, escribe un novo e impresionante artigo sobre unha das principais rúas da gran capital do planeta.
A Rúa dos viños na Zona Financieira de New York

Fiel á evolución constante, ao cambio perpetuo e á adapatación ás novas circunstancias que están na base deste gran país, case toda a parte baixa do Distrito de Manhattan foi reconstruida e restaurada centos de veces ao longo dos dous últimos séculos. Non soe haber moita piedade nin sutilezas en América cando se trata de evolucionar cara adiante e así é normal que antiguedades históricas de certo valor desaparezan ante a mirada atónita duns poucos e a indiferencia e pasividade da gran maioría.
Por sorte, sempre quedan algúns recunquiños que escapan á piqueta e ao signo dos novos tempos e permiten imaxinar como sería a vida naquelas primeiras épocas do porvenir de Norteamérica, aquela soñada polos Pais Fundadores, na súa arquitectura sobria e puritana, e na forma de poñer novos negocios en marcha por aqueles capitalistas da primeira hora.
Un pasa a mañán entre ordenadores e teléfonos que botan lume, come apuradamente o que pode e cando pode, baixa dende un elevado piso en ateigados ascensores, sae dunha oficina enclavada na zona financieira de Manhattan e sen solución de continuidade ponse a camiñar por Stone Street e sinte como si o estivera a facer con Herman Melville e Nathaniel Hawthorne ao seu carón imaxinando novas historias cas que ilustrar novos relatos daquela cidade trepidante do 1850, ou cos protagonistas daqueles Gangs of New York da non moi lonxana Five Points, ou un pouco máis adiante no tempo como si fose testigo dos amores imposibles entre Daniel Day-Lewis e a Condesa Olenska (Michelle Pfeiffer) en La Edad de la Inocencia. Así o sinte un: pateando os gastados aqoquíns desta histórica rúa experimenta unha sorte de viaxe no tempo no que calqueira idealización ou ensonación está permitida.
Algo indefinible e característico que transmite a sensación pura do distinto, elo incluso nunha cidade como na New York, un arquipiélago repleto de lugares emblemáticos. Edificios antigos, con bares que son hip & cool, nos que te podes sentar e disfrutar de calquer tipo de bebida para adultos, ou degustar gastronomías provintes de todo o mundo: bares e restaurantes que otorgan moito color e un carácter tan distinto a este lugar; ideal para uns turistas que surtirán sin fin de fotos as súas álbumes de viaxe.
Durante a semana sempre se atopa Stone Street a rebosar, especialmente cando fai bo tempo e as temperaturas permiten que os  comensales se poidan sentar nas moitas mesas que se esparcen ao longo desta pequena rúa. Sobre todo un debe procurar non aparecer por alí os xoves e venres despois da xornada de traballo. As principais firmas de Manhattan envían aos distintos locais aos seus sufridos becarios a coller mesas con moitisima antelación, as cales serán ocupadas máis tarde ca xente principal da empresa, e os becarios unha vez cumprida a súa misión retornarán á oficina rematando no venres noite aqueles traballos dos que ninguén se quixo facer cargo durante a semana. Duro e descarnado exemplo da esixente meritocracia norteamericana.
Chegado o fin de semana, especialmente o domingo, o lugar parece abandoado. Mentras en España lexións de chiquiteros sedentos se adueñarían en masa do lugar, o americano medio prefiere adicar o seu tempo libre a outros menesteres.
Especialmente é recomendado pasar por esta rúa despois de disfrutar do resto da cidade, como derradeira cita, despois de ver a máis impresionante constelación de rañaceos do planeta, ou de sentir o movemento vertixinoso de Times Square, nada mellor que despedirse desta Gran Mazá, a New York ca que leva soñando o mundo dende os inicios da era contemporánea, dende a tranquila e bucólica Stone Street, contemplando a Estatua da Liberdade dende o cercano Battery Park.
Stone Street, cápsula increíble e intachadamente conservada doutros tempos, aqueles da vella Nova Iorque.

Comentarios   

Moncho de Dios
+11 # RE: JM Souto na Rúa dos Viños de New York: Stone StreetMoncho de Dios 03/09/2013 11:20
No es por incordiar,es por hablar bien de la tribu de los LENAPE,antiguos pobladores de aquella isla,considero que a esta gente no les enseñamos nada,miren forma de vida de estos señores y quizas tengamos que retroceder en el tiempo,fue descubierta (por los europeos ,pues ellos ya estaban alli)por un tal Giovanni en 1524,explorador italiano que trabajaba para los franceses,la bautizaron(LA BAUTIZARON) Nouvelle Angouleme,140 años despues los ingleses la conquistaron y le pusieron el nombre de Nueva Amsterdam,para ser mas tarde Nueva York,uno de lo lugares que debia ser obligatorio visitar,a mi me encanto
Responder | Denunciar ante o administrador
Miguelf
+10 # ViñosMiguelf 03/09/2013 18:22
Benquerido Souto, qué terán os viños que tantas xornadas de lecer permiten ? Se podemos mesturar Stone Street, un bo amigo e unha botella de Terras Gauda, atoparemos a felicidade. Grazas .
Responder | Denunciar ante o administrador
Beldoña
+9 # BeldoñaBeldoña 03/09/2013 20:16
New York…New York, ¡ Cantas lembranzas gardo de ti ! Por catro veces percorrín ás túas rúas, e, ás catro, me deixaches fascinado.
Agora, no Outono, novamente, teño ocasión de visitarte unha vez mais: casa o meu sobriño, e, seguramente, non poida xa perderme por Stone Street, ou por Times Square…Nin poida, tal vez, degustar a fartar ás langostas de Staten Island, nin os ais creem da Quinta Avenida… A modernidade continuará apurando o seu paso, sen agardar por este camariñan a quen ninguén, mais que os meus, votará en falta.
Amigo Souto, desta vez, non mandes a ningún sufrido becario á que reserve unha mesa pa min. Goza ti, no meu nome, e brinda por todos nos, coma eu brindo por un Porteño, que nos deleitou cun día de saudade ben axeitada dende de New York.
Unha aperta
Antonio Puertas
Responder | Denunciar ante o administrador
zhúkov
+7 # RE: JM Souto na Rúa dos Viños de New York: Stone Streetzhúkov 04/09/2013 10:37
Lembro que xa nun dos seus primeiros artigos en Camarinas.eu José Manuel falaba de Battery Park como un dos seus rincóns preferidos de Nueva York. Tamén lembro as palabras dun interventor compañeiro meu que despois de viaxar a gran Mazá comentaba que aquelo era en realidade como estar dentro dunha película, dado os centos, tal vez miles de veces, que vira en diferentes films, series, documentais, telediarios,etc ... as partes emblemáticas da cidade. E xusto foi a publicarse este fantástico artigo cando ando enfrascado outra vez con New York a conta da serie Mad Men e das evolucións do seu enigmático e complexo protagonista, Don Draper, ese prototipo masculino a imitar por tantos daquels que agora deron en chamar heterosexuales, esto é, os que antes eran os homes de toda a vida. New York, cidade eterna que sempre che acaba enganchando, aínda na lonxanía, aínda pesares de que non a pisases nunca.
Responder | Denunciar ante o administrador