1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Na mañán deste sábado 22 de xuño de 2013 recibíamos unha visita moi especial na nosa redacción. Tratábase de dous amigos que despois de 38 anos de fatal separación gracias a Camarinas.eu volveron a encauzar os seus pasos. Una historia entrañable e con final feliz que daba os seus primeiros pasos un 30 de setembro de 2009, cando dende Buenos Aires unha fiel usuaria, María del Carmen Rodríguez Lema, poñíase en contacto con nos en búsqueda de axuda para atopar a un amigo da súa infancia na Arxentina, misteriosamente desaparecido a principios dos anos 70. Non tardaron en chegar as boas noticias acerca do paradeiro do amigo ausente, o porteño Manuel García Santos, e así un 15 de novembro de 2009, 45 días despois da anguriante chamada de auxilio, Camarinas.eu localizaba no seu barrio do Outeiro a Manuel e publicaba a súa fotografía nunha noticia na que se poñía a Maricarmen ao corrente da situación na que se atopaba o seu gran amigo.

O terceiro episodio desta entrañable historia de lealdade e amizade chegaba un ano despois, un 13 de decembro de 2010, cando Camarinas.eu publicaba a carta remitida a esta redacción por esta porteña por partida doble (Ponte do Porto/Buenos Aires) na que nos daba conta sobre o reencontro acaecido por fin poucos días antes na capital arxentina con Manuel García Santos e indicaba que só era o inicio das moitas reunións futuras que haberían de ter lugar entre estes dous grandes amigos. En especial Maricarmen mostraba a súa ilusión por ver algún día a terra da súa nai, a Ponte do Porto, e alí compartir novos momentos para o recordo co amigo de toda unha vida. Este momento finalmente chegou este mes de xuño de 2013 e por elo, os dous protagonistas desta fantástica historia de amizade inquebrantable achegábanse ata a nosa redacción para agradecer o papel (mínimo) xogado por Camarinas.eu neste reencontro. En verdade un día que nos fai tomar concencia e estar especialmente orgullosos do que esta web pode chegar a significar para tantos dos seus veciños, os de aquí e os da diáspora. E unha responsabilidade engadida para saber estar a altura do que tantos e tantos camariñáns ao longo do mundo esperan de nos.

Comentarios   

rafael lema
+6 # curmárafael lema 24/06/2013 14:25
por esta carta coñecemos a esta curmá de bos aires, o seu avó era irma da miña avoa Amelia lema, e recibimos a sua afectuosa visita a nosa casa.
Responder | Denunciar ante o administrador