Este pasado inverno fui un dos máis nevados que tivemos en toda a historia da Costa Este dos EE.UU. Despois de pasar un par de meses caendo neve prácticamente casi tódolos días, da gusto poder ver como o bo tempo fai cambiar o paisaxe a conta do reflorecemento das árbores, prantas e flores. Unha explosión de vida aduéñase dos bosques, parques e xardíns das antigas trece colonias onde comenzou toda a historia americana. Por este feito unha escapadiña tan pronto o tempo nos permite sempre se agradece. E a mente volve a encontrar un pouco de sana estabilidade.

Washington DC (Distrito de Columbia), capital federal dos USA, é unha cidade realmente fermosa, impoñente, que se atopa nas beiras do río Potomac, entre os estados de Virginia e Maryland. Contan que a súa construcción foi concebida de modo que a grandiosidade dos seus edificios, monumentos, avenidas, impactase especialmente en todos aqueles dignatarios extranxeiros chamados a prestar servizos diplomáticos na capital da nova nación que nacía a finais do século XVIII, e que segundo os seus pais fundadores tiña un destino manifesto que cumprir liderando un día futuro o mundo civilizado.
A Casa Branca, o Capitolio, o Lincoln Memorial –que se atopa na zoa chamada “The Mall”-, etc... Inluso non lonxe, xa en terras do Estado de Virginia, o Cemiterio de Arlington, no que xacen para a eternidade os veteranos caídos nas distintas guerras emprendidas polos USA, fan posible que unha cidade eminentemente administrativa, poboada en gran parte con lexións de empregados públicos tanto federais como municipais, fuxa do tono gris e burocrático típico desta clase de cidades e se converta por dereito propio nun dos principais puntos de atracción turística do planeta.
Desde New York/New Jersey hai moi boas vías de comunicación: avións, trens, autobuses, ou simplemente podes coller o automóvil e nunhas catro horas aproximadamente e dependendo do tráfico, chegar ao centro mesmo da cidade sen moitas complicacións. Personalmente eu uso o coche para ir a Washington, nembargantes moita xente viaxa en tren, e pode levar catro horas no tren normal ou si colles o ACELA, un par de horas nada máis. Nestas épocas de inspeccións exhaustivas e obsesión pola seguridade nos aeroportos USA suele ser moito máis recomendable e civilizado viaxar en tren que coller o avion.
Durante a viaxe sucédense os bosques en estado de floración dos estados de New Jersey e de Maryland. A ruta pasa polos lugares un día hai 150 anos sacudidos pola Guerra de Secesión que enfrontou a Norte contra Sur pero no seu camiño non se cruzan as cicatrices de famosas batallas tal que Gettysburg. Chegados ás cercanías da capital federal vislumbramos os seus suburbios onde se poden contemplar lexións de xente marxinada, a cal vive nunhas circustancias penosísimas, a maior parte de orixe afroamericana. O seu asentamento en Washington remóntase ás orixes mesma da cidade: durante a súa construcción grandes contixentes de man de obra negra provintes do sur chegaron ás beiras do Río Potomac e puxéronse  a construir a cidade dende a que nun futuro lonxano dominaríase o mundo. Despois, nos anos sesenta do século XX, fuxindo da violencia racial que se desatou nos estados brancos sureños como consecuencia do comenzo das loitas polos dereitos civís da poboación negra moitos máis seguiron chegando. Imposible noin recordar a marcha de Martín Luther King, culminada co seu histórico discurso de "I had a Dream..."
Asemesmo imposible non lembrar ao famosísimo Marion Barry, ex-alcalde da capital dos USA, e aínda metido en política. Pasou seis meses nunha prisión federal cando o FBI o detivo fumando crack infraganti a comenzos da década de 1990. Trátase dunha figura moi prominente na politica de Washington, ten moitas conexións, debido a que leva toda a vida envolto nos dereitos civís e sociais. A pesar de que agora mismo exerce como concelleiro do districto de Columbia (Washington DC) non da moito que falar. Xa debe de rondar cerca dos oitenta anos, ou sexa que xa debe de andar un pouco cansado de tanto troulear, cousa que me parece que fixo, e bastante. Entre moitas, unha das súas frases máis célebres foi: “Si non tomas en conta os asesinatos, Washington en realidade ten unha tasa de criminalidade mui baixa”. Todo un carácter este señor.
Finalmente e despois, tal que como fora prometido, de catro horas de viaxe chegamos a Washington e facémolo en pleno mes de abril. Tódolos anos desde 1912, a principios da primavera, conmemórase o regalo que fixo o alcalde de Tokio, o señor Yukio Ozaki, á cidade de Washington de máis de 3.000 árbores-cereixo. Hoxe en día miles de exemplares desa árbore tan peculiar e fermosa inundan as rúas e parques da capital. A súa floración non pode ser máis espectacular chegadas as idus de marzo: cando os cereixos empezan a florecer, unha nube de cores máis ben rosada, asalta aos parroquianos que teñen a sorte de poder disfrutar  dun dos mais fermosos e sinxelos e espectáculos que ofrece a Natureza. E é que, por sorte para washingtonianos e visitantes, non aconteceu tal o que fixera aquel antigo servinte, novo rico, futuro propietario da mansión que fora dos seus amos, da peza teatral de Chéjov "El Jardín de los Cerezos" e así ninguén talou nestes xa cáseque cen anos de historia toda esta maxestousa e florecente beleza primaveral.

Espero que vos gusten estas fotos, ou que polo menos se vos alegre a vista cansada de este pasado inverno.
Enjoy!

{phocagallery view=category|categoryid=629|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=1}

 

Comentarios   

Beldoña
0 # RE: JM Souto Bello: Washington DCBeldoña 01/05/2011 11:55
Un interesantísimo reportaje el que nos traes, JM Souto, que me trae recuerdos de mi familia americana.
Ya pasaron más de 50 años y mi hermana tiene ya sus raíces profundas en ese gran País...hijos, nietos, sobrinos, son ya parte de América, sin olvidar NUNCA su Patria Gallega con orígenes en Camariñas.
Enhorabuena y gracias, por esta hermosa aportación.
Antonio Puertas
Responder | Denunciar ante o administrador
E logo ti de quen es
0 # RE: JM Souto Bello: Washington DCE logo ti de quen es 06/05/2011 20:02
Precioso reportaje, magnificas fotos.

Nunca he estado en Washington en primavera, cuando acabe de pagar los estudios de mis hijos quizás vuelva a esta bella ciudad.

Mientras tanto tu magnífico artículo me ha transportado en el tiempo y en el espacio a mi primera y única visita a esta monumental ciudad, muchas gracias.

Es una ciudad que me impresiono por la grandiosidad de sus monumentos, estuve alojado unos días en el Cosmos Club, a instancias de un profesor de la American University de Washington, John Finan socio de dicho club, con el que había coincidido el año anterior en Madrid como profesor en la Universidad Antonio de Nebrija, fue todo un privilegio para mi alojarme en un club al que han pertenecido buena parte de los premios Nobel y Pulitzer de los USA.

Disfruté como un enano en las tabernas (taverns) o Pubs de la calle 13, iba sólo y aunque me metí en algún local en el que sólo había gente de color, nadie me molesto.

Sólo tuve una anécdota desagradable con un policía de color al que no le hizo ninguna gracia que un joven español con un inglés mediocre como el mío se bajara de un coche deportivo (alquilado) y le preguntara por el Cosmos Club, pero la verdad ni la ciudad ni la gente tan amable merecen que comente esta anécdota con más detalle en la web. Un placer absoluto leer tu reportaje.
Responder | Denunciar ante o administrador