- Escrito por Javier Varela Javier Varela
- Categoría: Emigración Emigración
- Created: 15 Outubro 2007 15 Outubro 2007
Un empate que sabe a moi ben, xa que o Delémont foi dominado todo o partido por un Haut Ajoie moi ben situado no campo e moi equilibrado.
O Delémont non foi capaz de impoñerse neste partido xa que os xogadores non estaban todos concentrado. O medio campo, Martin e Tono, non foron capaces de impoñerse como habitualmente o fan e na dianteira só Noël podía intimidar o porteiro contrincante. E na defensa Giovanni, non estaba todo o acertado que está nos outros partidos.
Aínda así, o Delémont foi capaz de ter unha boa ocasión na primeira parte, na que Francisco tirou a portería pero o disparo doi algo alto.
Na segunda parte, e con Maikel e Noël na dianteira, o Delémont, dispoñia de mais posibilidades de gol. As internadas de Maikel pola banda causaban moito mal o equipo contrario.
Cabe destacar (como case sempre) a boisima actuación do porteiro Chema, que por decilo dunha forma; é o salvador do equipo.
O final un puntiño que sabe a moito e do cal o adestrador quedou moi contento.
A directiva do equipo agradece a Pedro e Luis (dous camariñans de pura cepa e xerentes do centro español de Porrentruy ) polo agallo que foi sorteado entre todos os asistentes.
Tamen darlle a noraboa a Maikel e Pamela, polo nacemento do seu neno, Hugo.