Desde este Domingo teremos a satisfacción de presentarvos a todos os habitantes deste Concello de Camariñas un medio de comunicación novo e innovador no que poder expresarse con total liberdade. É este un proxecto ambicioso que para que funcione realmente temos que contar coa colaboración da xente. Todo aquel veciño do Concello de Camariñas ten dereito a participar (tanto se vive en Camariñas coma fora. Nesta páxina provisional de inicio explicaremos como vai a funcionar esta Páxina adicada a Camariñas.

¿Cal é a forma de colaborar ca web?
Moi fácil; se tes fotos, noticias interesantes, etc.. non tes máis que rexistrarte nesta web. cando te rexistres introduces o teu Nick e a túa contrasinal para entrar no sistema so xestor de contidos e vas a ter un menú especial para usuarios no que podes enviar enlaces de interese, noticias, e moitas cousas máis. Se tes problemas para rexistrarte podes poñerte en contacto co administrador técnico da web no seguinte correo: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Engadir un comentario