A Bolsa de Nueva York, a así chamada NYSE (New York Stock Exchange), o centro da economía mundial no que cada día miles de millóns de euros cambian de mans en operacións relámpago. Na que fortunas gañadas ao longo dunha vida de duro traballo volatilízanse en segundos. Onde unha mala xogada da deusa fortuna arruina carreiras e aniquila imperios económicos. E alí, no medio da voráxine económica que domina o planeta un veciño do Concello de Camariñas, concretamente da Ponte do Porto, atopou o seu lugar de traballo como broker (corredor ou axente de bolsa). A típica historia do self-made-man, o home feito a si mesmo norteamericano: aquel que dende un primer traballo no porto de Nueva York chegou ata o centro  financieiro do mundo.  Algo que só pode suceder en Estados Unidos, o país das grandes oportunidades, onde o traballo duro sempre é recompensado. O soño americano feito realidade nun lector diario de camarinas.eu.  Coñece da man da web líder do Concello de Camariñas aos dous lados do Atlántico a historia dun porteño que por dereito propio gañouse un lugar en Wall Street, a Calle do Muro.

Un grupo de rapaces porteños posa a comenzos dos anos setenta no mítico cruce que leva ata Camariñas

Un broker porteño en Wall Street

Cando a mediados do século XVII os holandeses compraron a illa de Manhattan aos indios Delaware por 60 míseros floríns non podían imaxinar o que aquel pedazo de terra ía a significar para o devenir futuro do ser humano. Cara 1652 construiron na parte norte da pequena cidade comercial que daquela dábase en chamar Nueva Amsterdam un pequeno muro de madeira, eles decían que para defenderse das hipotéticas incursións dos indios ou da segura ambición insaciable dos británicos, pero as malas linguas proclamaban que realmente fora construido para evitar que os escravos negros fuxiran. Tampouco imaxinaban que finalmente aquel enclave mercantil na desembocadura do Río Hudson acabaría nas mans dos ingleses, os cales, raudos, procederían a cambiarlle o nome polo máis anglosaxón de Nueva York. Pero si algo nunca chegaron nin a pensar remotamente aqueles neerlandeses pioneiros era que un día un veciño de Camariñas, concretamente da Ponte do Porto, faría daquel lugar inhóspito o seu centro de traballo nunha dura pugna cotidiana cas empresas de finanzas que dominarían un mundo superpoblado e sobreexplotado. Ese porteño errante chamaríase José Manuel Souto Bello e nacería en Cereixo un 21 de xaneiro do 1959. Casado, e cunha filla de 19 anos acabaría un día recalando no Porto de New York e comenzaría unha odisea que tería a súa meta nesa mesma illa comprada un día lonxano aos indios Delaware por 60 míseros floríns holandeses e que se convertiría na capital mundial das finanzas internacionais: a Bolsa de Nueva York.

José Manuel no centro mesmo de Wall Street

E nembargantes todo comenzou na Ponte: "Os primeiros anos vivin no campo das Barrosas. Tamen pasei un tempo na provincia de León onde traballaba o meu pai. Cando tiña catro anos aproximandamente, movémonos para o Sixto que era donde vivían os meus avós, e onde máis tarde meus pais fixeron a casa.
Recordos da infancia hai moitos, acórdome que cando voltei de León vin falando castellano (ahí fui onde empezei a falar) e todos os rapaces e algún adulto facíanme burla. Atendín á escola de párvulos no Campo do Outeiro e despois íbamos todos os do Outeiro a escola de Curros, moito antes de abrir os colexios da Ponte. Precisamente en esa escola un maestro púxome o nombre de Benjamín, o cal me quedou por moito tempo.
Logo, a miña xeneracion inaugurou os Colexios da Ponte, onde por primeira vez nos xuntamos con rapaces e rapazas de outros pobos: Camelle, Arou e todos os alrededores. Foi unha experiencia única. No último ano de escola, os da Ponte quedamos campeóns provinciales de voleibol, e non sei por que a min nombráranme capitán do equipo, vai ti a saber. O noso entrandor era Don Xesús de Camariñas, o que despois fora alcalde. Que recordos aqueles.
Como eu marchei para A Coruña unha semana antes de cumplir os 16 anos, deixei aos amigos na Ponte, que eran os rapaces que cos que ía escola e aos veciños. Non quero mencionar nombres pois non quero que se me olvide ningún, o que si sei e que varios de eles casaronse en Camariñas.
Cando eres tan xoven tes recordos que che marcan por moito tempo, alguns millores que outros. Polo xeral son recuerdos bonitos de unha época máis sencilla e frugal. Como a gran maioría da xente da Ponte son boas personas, na memoria gardo un mosaico de recordos que non se olvidan por moito tempo que pase ou por mui lexos que levemos lonxe do noso país.
Hoxe en dia aínda me manteño en contacto con Chano -casado en Camariñas-. Desde que marchei para Coruña e antes de ir para a Marina, anduvemos os dous ás mozas por eses mundos de Dios. Non foi moito tempo, pois os dous nos casamos mui pronto. Tamén me comunico con un segundo primo meu na Ponte que se chama Ricardo o de Porto. Un rapaz moi agudo e dunha personalidade fora de serie.

¿Cando chegas a New York?
Acordareime sempre, fui un domingo 10 de Maio do 1981.

¿En que traballas unha vez chegado?

Empecei a traballar de soldador nos barcos e máis tarde traballei no porto de Newark. As noites e máis os sábados iba a escola de inglés. Logo fun collendo un pouco de "posición". Cando a empresa xaponesa na que traballaba se fui para cerca do Canadá, recomendárome para outra empresa da mesma nacionalidade que estaba empezando na área de New Jersey. Puxéronme de encargado e fóronme ascendendo.

José Manuel e Chano, dous vellos amigos posando orgullosos no seu querido Paseo Fluvial porteño

¿Como chegas a traballar de broker?

De casualidade, como pasan moitas cousas. Por aquel entonces eu traballaba de Route Manager para España e Portugal, e tamén con diferentes países sudamericanos nunha multinacional de Importación e Exportación. A cousa estábase poñendo un pouco dura, e a varios Managers que representaban a Francia, Italia, Alemania, España etc mostráronos a porta de saída e quedamos sin traballo.
Eu daquela entrenaba o equipo de fútbol (soccer) da miña filla, e o pai dunha das xogadoras que tamén era o meu segundo entrenador, conocía ao Presidente da firma na que estou traballando agora. Concedéronme unha entrevista. O primeiro que lle dixen a este señor foi que eu non traballara nunca en Finanzas. El respondeu que a experiencia que eu traía era a de saber comunicarse ca xente e que si me contrataban tería que empezar desde abaixo estudando moito. Despois dunha segunda entrevista ofrecéronme o traballo e á volta dunha semana encontreime traballando en Wall Street.
Pouco a pouco fun collendo algún conocemento. Estudiaba máis que nunca: sábados, domingos, polas noites. Máis tarde colocáronme no departamento da Auditoría de Cumplimiento. O Jefe deste departamento deume todas as oportunidades posibles: el o que quería era que eu sacara todas as licencias necesarias para poder defender a posición de Auditor de Cumplimiento. A primeira, e a máis difícil e larga fui a de broker, despois saquei outras de Principal/Supervisor en diferentes materias da Bolsa para poder defenderme con máis seguridade en esta posición. O Director do meu departmento deixabame estudiar na oficina durante as horas de traballo e sempre me axudaba coas labores diarias para que eu tivera tempo para continuar machando os libros.

¿Como é a vida dun broker?

Depende de para que firma traballes, un broker pode facer moitos cartos ou simplemente facer unha vida cómoda. Teñen que estar sempre mui pendientes das voltas que da o mercado e poder manexar o teléfono con moitos tentáculos, como os pulpos. Tamén teñen que estar ao día das novas regulacións e cada tres anos teñen que renovar a licencia por medio de un semi-examen. Hai muy poucos brokers que non sean traballadores, os que non traballan non fan cartos e perden o traballo ou van a buscar outra forma de vida. Algúns deles cando fan demasiado diñeiro tamen se poñen en problemas. Compran coches carísimos, encontran algunha concubina importada, e esa forma de vida tan “vividora” antes ou despois pasa a factura. Por eso que os brokers que ves, normalmente son xente adulta que sobrevivío todas as tolerías polas que pasa a xuventude.
Moitas voltas dou a vida de Jose ata acabar en Wall St.
Moitas voltas dou a vida de Jose ata acabar en Wall St.
Falando dese estilo de vida  tan hollywoodiano de retratar Wall st., ¿é real a forma na que as películas reflexan a vida de Wall street?
As películas mostran o lado mas glorificado de Wall Street. Tamén mostran os brokers como xente sin escrúpulos, millonarios perdidos, egoístas, en fin o lado máis feo do ser humano. A verdade e que moi poucos deles son así. A maioría son currantes que pasan moitísimas horas na oficina, que teñen familia e viven unha vida como todas as demáis personas, quizás sin moitos problemas económicos, pero con problemas diarios como todo o mundo.

¿En que barrio vives en NY?

Eu vivo en un pueblo do veciño Estado de New Jersey que se chama Westfield dende hai 18 anos. Está ao outro lado do Río Hudson. Collo o tren todos os días para chegar a Manhattan. (Creo que che mandein un reportaxe do New York Times acerca de Westfield, fai uns meses)

¿Como é a vida na Gran Manzana?

Xente, xente a máis xente. Esto é enorme. Podes ver as cousas máis esaxeradas, tanto na riqueza coma na probreza. Polos totalmente opuestos. Un caos organizado. A calquera hora do día ou da noite podes facer o que queiras: comer, ir de compras, ir ao teatro ou ao cine, de copas, cortar o pelo, ir ao banco, en fin, todo o que se che poda ocurrir podelo facer as 24 horas do día. Nueva York, a cidade que nunca dorme.

¿Teu lugar preferido de NY?

Aquí o lado da mi miña oficina esta o Battery Park, que e onde os turistas poden coller o ferry para ir á Estatua da Liberdade. Cando fai bo tempo, von a dar un paseíño e séntome nun banco mirando o mar ca Estatua da Liberdade ao fondo e trato de ver as costas galegas...cousa inútil pero a ilusión é o último que se perde...despois de todo, sempre nos queda algo do espíritu de Breogán cando oteou as costas da querida Irlanda desde as nosas rías gallegas.

¿Botas de menos a túa terriña? ¿Que é o que máis extrañas dela?

Eu penso que non hai un solo gallego polo mundo que non teña morriña, e eu por suposto meto de menos a nosa terra. Extraño aos meus pais, á familia, aos amigos, a nosa comida, á maneira que nos comunicamos -a berros moitas veces-. O paixase increíblemente verde. As nosas rías… 

¿Como se ve camarinas.eu dende a Capital do Mundo?

Para min constitúe un respiro de aire fresco. Poder entrar no Internet e ver fotos de por ahí. A pesar de que moita xente que sale nas fotos non as conozco, pois casi todos son moi xóvenes.
José Manuel nas escaleiras que levan ao centro onde se dirime a economía mundial: Wall Street
José Manuel nas escaleiras que levan ao centro onde se dirime a economía mundial: Wall Street

¿Como describirías a un veciño da Ponte do Porto o modelo de vida americano?

Todo depende de onde vives e o tipo de traballo que tes. Eu non me podo queixar, vivo en un pueblo moi bonito e tranquilo, teño un traballo que me gusta e que me permite levar unha vida cómoda e folgada; sin lujos extraordinarios ou cousas polo estilo, pero tampouco sin ter problemas cando chega o fin de mes.
A vida diaria aquí empeza muy cedo. Eu levantome as 6 da mañán, e si todo vai ben estón de volta ás 6:30 da tarde. E todo un pouco distinto a nosa terra, todo e acostumbrarse. Desaiunas rápido, comes máis rápido e logo a cena e mui cedo. Hai veces que ás 8 da noite xa estás listo para sentarte a mirar a televisión, escoitar musica, leer un libro, ou si o dia fui mui duro, quedarte a dormir rapidamente.
Os fins de semana, dedícaste a facer as compras, xuntarte cos amigos para cenar, ir ver algún evento deportivo, conciertos, quedarse na casa cando fai muito frio ou cae neve. Na primavera, verán e otoño xa cambian as cousas. Pasas máis tempo fóra da casa, andando en bicicleta, arreglando o xardín, sentarte cos veciños no patio tomando unhas cervezas. O que sucede e que aquí o inverno é mui duro, e durante tres meses ao ano, diciembre, xaneiro e febreiro, pasas máis tempo dentro das casas que fóra. Tamén podes ir o Mall, pois aquí hai moitos, bos e algúns deles son enormísimos.

¿Que lle dirías a todas estas persoas que en Europa, especialmente España, odian aos USA?

Gustaríame que poideran vivir aquí por unha temporada para poder ver que non é tan malo como se pinta. Eu conozco moita xente que pasan aquí as vacacións e marchan encantados coas personas de Estados Unidos. Aquí cada un anda ao seu aire e non se mete contigo. Tes que traballar e tratar de millorarte; con eso podes levar unha boa vida e sin problemas. O americano de a pe é boa xente, non é tan ignorante como o pintan por ahí adiante. Traballan moito e non toman moitas vacacións nin días de festa. Son sacrificados. Evidentemente é como en todos os lados do planeta, hai boa e mala xente, pero en xeral son bos e podeste levar estupendamente ben con eles. De feito, eu teño un amigo americano que é unha das millores personas que un pode encontrar en calquer lugar do mundo.

¿Tes pensado regresar algún día?

A pesar de que estou moi a gusto vivindo aquí, un sempre ten ilusión de voltar a súa terra. Moito dependerá do que faga a miña filla. Agora mismo está na Universidade, e máis para diante xa veremos. Si algún día collo o retiro, posiblemente  vivirei uns meses aquí e outros meses en Galicia. Pero nunca se poden facer moitas contas nin planificar con muito esmero, as cousas cambian da noite a mañán.

Un saúdo de José Manuel para toda a xente de camarinas.eu e para o que necesitedes aquí estaremos.

Comentarios   

adry
+5 # preciosa entrevistaadry 26/03/2010 01:27
que entrevista tan entretenida, alegrome moito de que todo che vaia ben jose manuel, eu non che conozco, pero o millor a miña nai fijo que a conoces.
Nueva York, un soño q teño pendiente e que penso cumplir a finales de éste ano eu máis meu mozo si dios quere.

Polo que me contaron de alí, todos os costumes son diferentes, pero dixeronme que o millor de todo, e que cada un vaia a sua bola, que son xente bastante amable e sociable e eso é bo.
Gustaríame recorrer todos os barrios, e sobre todo Manhattan e Soho,jejje que ahí perderíame entre tanta tienda tan estupenda,:-)
Penso facer ese viaxe canto antes, porque non ten desperdicio e recorrer todo para ter un bo recordo para sempre, o vai ti saber si non me quedo alí,e ahora que son nova teño que aprobeitar a disfrutar da vida, un biquiño moi grande dende Camariñas.
Responder | Denunciar ante o administrador
Beldoña
+6 # NORABOABeldoña 26/03/2010 13:05
Dende prinipio a fin, me encantou este reportaxe do nóso parroquiano JOSE M. SOUTO. Admiro a súa labor, o esforzo e a súa loita pola vida.
Veume ó recordo, según ía lendo, o último dos viaxes que fixen a New York. Visitei Wall St. E percorrín todo Manhattan. Pero, amigos, foi a última vez que subín ás Torres Xemelas, precisamente a ver ó lugar onde traballaba unha sobriña miña o ano anterior o derribo. Todolos compañeros dela morreron no desastre ( mais de 200 persoas), a ela salvouna, precisamente, a súa boda. Deixou aquel traballo despois de 16 anos alí metida nó piso 92 e marchou co seu marido a vivir en N.J?Cada quen teu ó seu sino marcado na vida e ela, volveu a nacer aquel fatídico 11 de Septembro.

Bueno, José Manuel, unha aperta dende a tua terra galega.

Antonio Puertas
Responder | Denunciar ante o administrador
E logo ti de quen es
+5 # Modelo para los jovenesE logo ti de quen es 26/03/2010 14:56
Excelente modelo para los jóvenes Camariñans. Enhorabuena.

La vida que José Manuel nos describe de forma sencilla representa extraordinariam ente la existencia de un modelo alternativo al "desfile cultural da pasarela intelectual da Discoteca Soco que parece non ter fin" esta entrevista da buena fe de ello.

Preciosa entrevista.
Enhorabuena.
Responder | Denunciar ante o administrador
Lidia
+6 # Estamos orgullosos de ti!Lidia 26/03/2010 22:23
Estamos muy orgullosos de ti José Manuel!

Desde Suiza te mandamos un fuerte abrazo y queremos decirte lo mucho que te queremos y lo orgullosos que estamos de ti y de tenerte a nuestro lado... aunque Delémont y New York esten a tantos kilómetros.

Besos de Alex, Claudia y Lidia
Responder | Denunciar ante o administrador
tonecho da rusa
+6 # os cicutastonecho da rusa 27/03/2010 10:38
que agradable sorpresa ver o meu compañeiro Souto , haber si nos vemos algun ano, que xa fai moitos ,moitos que non che vexo, ainda me recordo de aqueles partidos de voleibol,jejejj e, que tempos aqueles.Pois nada suerte e hasta outra.
Responder | Denunciar ante o administrador
diegoalfr
+5 # Payasismo Informativodiegoalfr 27/03/2010 17:55
Si señor. En primeiro lugar mostrar a miña admiración polo entrevistado; meu amigo José Manuel Souto, por representar todo o que un servidor entende por unha persoa de exemplo e pola súa valentía á hora de defender algo que moi poucos teñen o valor de facer. E en segundo lugar tamén quero felicitar ao redactor desta entrevista, meu amigo Marcos Vázquez porque si é raro ver tal calidade de redacción e maquetación en periódicos e webs de ámbito nacional con subvencionados presupostos multimillonario s máis raro é velo nunha destartalada e pobre web de pobo como camarinas.eu. Esto, sin duda, é debido ao payasismo informativo que impera nos grandes e poderosos periódicos e televisións adobados de incompetentes personas así mesmas chamadas periodistas os cales son verdadeiros profesionais no dubitativo arte de "pastelear"...

A calidade desta web e de todos os seus redactores e colaboradores así como dos seus usuarios é algo único en España e si alguén pensa que non é así e pódese facer millor, desde aquí dámoslle a oportunidade de que faga esta reportaxe á súa maneira e a ver o que sale...

José Manuel e Marcos: dous grandes.
Responder | Denunciar ante o administrador
O SOCO
+6 # Eu quedo coa boca aberta!!O SOCO 27/03/2010 19:15
Dios, como me molou este reportaxe, un Broker da Ponte traballando no mismo Wall Str. Todo un ejemplo de superacion personal, si señor.

Diego, hay que investijar que sejuro que hay un camariñan andando polos pasillos da Casa Blanca. ¿Baraco Bama Campaña? :lol:
Responder | Denunciar ante o administrador
mantida
+5 # RE: Trotamundos.eu: Jose Manuel Souto Bellomantida 27/03/2010 20:21
Hoxe cando estuven no arnela dou a casualidad que estaba o sejundo rapas empesando pola esquerda, que se chama antonio,xa lle dixen que como pasan os anos, conosinvos a casi todos porque sejides jardando un jran paresido, pero o ultimo empesando pola esquerda tuveromme que desir quen era, e javier perez que hoxe en dia esta casado con Pili que tamen esta nunha foto contijo.
Que todo che sija indo ben por esa ciudad tanto a ti como a tua familia.
Responder | Denunciar ante o administrador
sandra insua
+4 # rosquilleirosandra insua 28/03/2010 15:40
Hoxe e día da feira,comemos callos e encontrámonos ca sorpresa de ver un primo tan emprendedor en internet.A túa prima Lola cáelle a baba, un saludo para todos Melisa e Sita e intentaremos a tarde enserñarllo a tía Berta e tío Manolo.Bkos.
Responder | Denunciar ante o administrador
Marcos Amigo
+4 # Felicidades Jose ManuelMarcos Amigo 28/03/2010 23:20
Ola son a tua prima Lita! Alegrome de verte ainda que sexa por fotos, e saber máis da tua vida debido a esta reportaxe!
Un bico enorme para toda a familia!
Esperemos vernos pronto!
Responder | Denunciar ante o administrador
Neta de Julia de Porto
+5 # Jose Manuel: Un exemplo a seguir...Neta de Julia de Porto 29/03/2010 00:29
A verdade e que a sua historia parece de pelicula. Eu son prima segunda sua e o ano pasado fun a NY e encontraime con el ali. Traballa nunha oficina que queda en Wall St xustiño o lado da Zona Cero. Invitoume a ir a sua casa, nun barrio precioso de Nueva Jersey, e ali pasamos horas e horas a falar da familia, de vellos tempos, e de como chegou a donde esta agora, a base de moito esforzo e moito estudiar... O certo e que calquera que o conoza, se dara conta de que e unha excelente persoa, moi llano e humilde. Por moitos anos q leve vivindo en NY, por moito q sexa Broker en Wall Street, el non se olvida de donde ven, e sempre sera Jose Manuel do Sixto, fillo de Crioso e de Berta do Pandareto.
Moitos bicos Jose Manuel, a ver se coincidimos por estas terras ou por esas :)
Responder | Denunciar ante o administrador
Duane Duke
+5 # Gran entrevistaDuane Duke 29/03/2010 13:13
Emociona leer unha entrevista desta calidade humana. Un home que triunfa en Wall Street é digno de toda a miña admiración, alá donde din que os cartos nunca dormen. A vida sempre ofrece segundas oportunidades, admirable, porque ademais se trata dun dos nosos. Un placer leerte Jose Manuel. Saludos dende a túa terra.
Responder | Denunciar ante o administrador
miguel f
+4 # lediciamiguel f 30/03/2010 01:38
E unha ledica ler reportaxes con temas de xente traballadora e non famosa. Por si a alguén quédalle algunha dúbida, a entrevista non reflexa o factor máis importante de Jose Manuel: é unha gran persoa.
Responder | Denunciar ante o administrador
Ricardo de porto
+4 # Merecido reconocementoRicardo de porto 30/03/2010 14:16
En primeiro lugar agradecer a Diego por contarnos a todos a historia dun home tan excepcional como Jose Manuel. Un bo espello donde mirarse, tanto a nivel profesional como persoa. Caracter amable,simpatic o (as ramas tiran o tronco) e muito mundo o lombo. Ademais dun saber estar que por aqui e pouco habitual, fan del, alguen digno de admirar. Din que nadie e profeta na sua terra, pero esto acercase un pouco, NORABOA my friend. E a xente coma ti e a que nos fai ver (e creer) que podemos chegar mui lexos. Coma o faro Vilan, unha luz no horizonte que nos sirve de guia pa chegar a bo porto.
Responder | Denunciar ante o administrador
managa
+3 # RE: Trotamundos.eu: Jose Manuel Souto Bellomanaga 09/05/2010 21:23
quero felicitar a BENJAMIN , pois foi por ese nome o que o chamein moito tempo ainda que moitas veces non lle gustara. Pero ten que decir que nunca fui muito do outeiro pois non fixo mais que salir atrabllar para A Coruña e cando viña xa parecia que viña do confin do mundo
Responder | Denunciar ante o administrador