Dende o mesmo momento que o noso querido usuario Danián Cibrán Campos puxo pe no Continente Africano, concretamente no mítico e antigo Reino de Mauritania, só tiña en mente a realización dunha reportaxe fotográfica que un día fora publicada pola web máis vista da Costa da Morte, a web do seu pobo da alma: Camariñas. Desta forma, semellando un fotógrafo profesional da célebre National Geographic Society, Damián de Modesta recorrío cámara en man toda a Península de Ras Nouadhibou, situada na parte septentrional do país e que linda ca fronteira do antigo Sáhara español, para brindarvos unha reportaxe na que chega a adentrarse na antiga cidade abandonada de La Agüera, agora devorada polas areas do deserto.
Ben é coñecido a estas alturas que o secreto do éxito de camarinas.eu é a implicación dos seus usuarios, xente anónima e altruista que de forma desinteresada se brinda a colaborar para facer entre todos a realidade xornalística que esta web é hoxe en día. Desta volta tocoulle a un antigo e aventureiro amigo  das vellas épocas, Damián Cibrán Campos, máis coñecido en Camariñas como Damián de Modesta, o cal por razóns de traballo nunha planta acuícola foi destinado a un país tan exótico e descoñecido como Mauritania.

País antigo e remoto, do que xa falaban as crónicas romanas, que foi gañado para a causa musulmana ca invasión almorávide do século XI e que posteriormente a principios do século xx foi colonizado polos franceses, está situado na rexión do Sahel, en pleno deserto do Sáhara e ata 1960 non vío recoñecida a súa independencia. O lugar de destino de  Damián é Nouadhibou, a segunda cidade en importancia do país, capital comercial do mesmo, de preto de 90.000 habitantes e que foi fundada co nome de Port Ètienne polos franceses a mediados do século pasado como aeroporto de tránsito cara Dakar, capital do veciño Senegal, e como porto para os buques de transporte do mineral de ferro. Precisamente, dende 1964, cando finalizou a construcción dun importante muelle e dunha impoñente liña ferroviaria a través do desolado deserto do Sáhara de máis de 674 km ata os xacimentos mineiros de Zouîrât e Fdérik, a industria máis importante da cidade é o procesado do mineral de ferro transportado por ferrocarril dende os citados xacimientos mineiros, desprazando á pesca que nembargantes sigue sendo a actividade que emplea ao maior número de persoas. Outra industria importante na zona de Nouadhibou é o da fabricación duns cayucos sempre listos para transportar a súa carga humana ata as veciñas Illas Canarias, porta de entrada a unha saciada e enriquecida Europa...

Noadihibou atópase na parte norte do país, situada na costa este dunha pequena península duns 75 km de largo, denominada Ras Nouadhibou, que finaliza no Cabo Blanco, en cuia orilla occidental malviven as ruinas da antiga cidade de La Agüera, pertencente ao Sahara Occidental. Precisamente, este abandonado enclave español constituirá o obxectivo principal da viaxe, xa que Noadihibou atópase apenas a un kilómetro da fronteira asinada na Convención de Madrid de 1912 entre España e Francia, as antigas potencias coloniais, que acordaron situar a fronteira entre a colonia francesa de Mauritania e as posesións españolas sobre una liña que dividía pola metade de norte a sur a península. Antiga posesión española,  este enclave morreu pouco a pouco devorado polas areas insondables e crecentes do Sáhara na estela deixada polos funcionarios e soldados españoles que abandonaron o antiguo territorio colonial e os desdichados habitantes que en el moraban nos ecos provocados pola Marcha Verde marroquí de 1975.

O territorio mauritano do Cabo Blanco móstrase exhuberante, pleno de vida tanto vexetal como animal, poblado por cocodrilos, monos, aves de variado pelaxe, lagartos ou antílopes, refuxio protector ao que aferrarse frente a implacabilidade dun continente africano que nestos contornos só ofrece océanos de area que dictarán a súa lei milenaria durante miles e miles de kilómetros, e móstrase máxico ao atopar a semellanza de Claude Lacombe, o científico francés investigador de ovnis interpretado por Jean Francois Truffaut na célebre película de Steven Spielberg "Encuentros en la Tercera Fase",  buques fantasma no medio das areas do deserto. A zona española, sen embargo, só ofrece ruinas e soledade e recorda a aquelas pasaxeiras cidades fundadas polos buscadores de diamantes alemáns na Costa dos Esqueletos, en Namibia: luxosos palacetes, amplas avenidas, esplendorosos casinos para solaz dunha nova e adinerada burguesía europea, ata o día no que todo foi invadido por unha xungla de area, o cal tal vez demostre ao final e ao cabo que todo o que o home blanco plante na febril terra africana acabará languidecendo no medio do máis devastador dos olvidos...

Comentarios   

mantida
0 # mantida 26/03/2009 21:42
Que chulada de fotos e que lujar tan bonito, bueno Damian, de min non creo que te acordes pero eu de tí sí, hay comarea de anos que non che vexo, desecohe que che vai todo ben e que disfrutes donde estés.
Responder | Denunciar ante o administrador
rubiasexy
0 # rubiasexy 26/03/2009 22:39
SI SEÑOR ESTAN BEN WAPOS AS FOTOS SIJE ASI RAPAS QUE FAS MAJAS ENHORABUENA SEFA E OS PEDROS FUERTEVENTURA
Responder | Denunciar ante o administrador
Beldoña
0 # Beldoña 27/03/2009 00:52
Eu tampouco conoso a Damian,pero deseolle muita sorte.
Noraboa por esas fotos tan fermosas.
Antonio
Responder | Denunciar ante o administrador
hombre lobo
0 # DAMIAN....hombre lobo 27/03/2009 12:38
...MOITAS JRASIAS MEU,POR ESTA REPORTAGE,QUE NOS DESTES DE SUPER LUJO E DIFERENTE EN TODOLOS ASPECTOS,XENTE COMA TI CON REPORTAGES COMA ISTE FAI QUE ESTA PAGINA SEA "A PAGINA POR EXCELENCIA"DE CAMARIÑAS,SUIZA ,CANARIAS...ETC .ETC.
SALUDOS PARA TI E PARA OS TEUS PAIS DE PARTE MIÑA.JRASIAS.
VITO
Responder | Denunciar ante o administrador
Duane Duke
0 # Duane Duke 27/03/2009 12:50
...Magníficas fotos Damián, compañeiro de fatigas no Instituto de Vimianzo, intrépido aventureiro donde os haxa e un contador de historias espectacular, vamos vos de rajar mano a mano...jajja... son as fotos mais bonitas que vin en moito tempo...o deserto sempre garda un encanto especial e sempre se observa con fermosura...que llo digan a Thomas E. Lawrence...un saudo amigo, espero verche pronto.
Responder | Denunciar ante o administrador
kecho
0 # kecho 27/03/2009 17:37
Non me esperba menos de damian.Aventure ro donde os haxa. un saludo amijo. O mellor de todo o legado español... jaja..
Responder | Denunciar ante o administrador
Pepa32
0 # Pepa32 27/03/2009 18:41
Me uno a los demas lectores en felicitarte por el reportaje Damian. Unos paisajes fascinantes y al mismo tiempo intimidantes. Te pareces un monton a tu madre. Saludos.
Responder | Denunciar ante o administrador
JABA
0 # KE POIDERA ESTAR AHI!JABA 30/03/2009 13:32
¡Damian,non sei si me rekordas,pero falamos unhas kuantas veses!,e mentras falabas,siempre pensaba para min,ken eras un persona moi especial,tiñas aljo.....non sabia ben o ke.....ahora xa o sei!.Magnifiko reportaje,pa min un dos millores nesta paxina(polo menos en referensia o tema),as fotos.....komo pode haber tanta fermosura,nun sitio tan pobre!ken pudera akompañarche nesas viaxes...!epero ke mandes mais reportaxes destes,agradese riacho,polo menos \"si non se pode visitar estes lujares en persona,al menos,velo en fotos\".Hasta proxima viaxe,un saludo de Nuria.
Responder | Denunciar ante o administrador