Asociación Camarinas.eu

Camarinas.eu lanza a Asociación Camarinas na Rede que se encargará de promocionar o correcto uso de internet así como da creación e divulgación de cursos tanto de iniciación como avanzados para todas aquelas persoas que decidan asociarse a esta nova sociedade."Camarinas.eu, Camariñas na rede" nace hoxe en Camariñas aínda que xa ven xestándose dende hai varios meses (incluso anos) cando anunciamos nun editorial fin de ano a creación da Asociación dos Usuarios de Camarinas.eu, que ao final convertirase nunha entidade moito máis ampla en canto a obxectivos e recursos. Outra das misións desta nova entidade será a de continuar o traballo desta web ca inclusión de novos redactores e voluntarios que queiran colaborar con Camarinas.eu así como garantir a supervivencia económica da mesma. ...

Opinion.eu: Xacobeo 2010

Dentro de non moitos días, concretamente o sábado seis de novembro, o Santo Pontífice Benedicto XVI chegará a Santiago de Compostela co gallo do Ano Xacobeo 2010. Ao día seguinte partirá en viaxe cara Barcelona, onde sectores de esquerda radical e independentista xa mostraron en público o seu rechazo á visita. E nembargantes, tal e como ilustra o noso usuario Florentino Rogero nun elaborado e exhaustivo artigo de opinión, o turismo de compoñente relixiosa, ligado ás peregrinacións xacobeas a Santiago e aos Anos Santos compostelanos, ten un papel vital, imprescindible e de importancia crecente para a economía dunha comunidade autónoma como a galega. Non pode atopar camarinas.eu mellor homenaxe á visita do Santo Padre a terras galegas que este impresionante artigo de Florentino Rogero, artigo que se debe sumar aos de usuarios cun grado de formación e un nivel intelectual como os de Antonio Puertas ou Xoán Ramón Carballo Alvite por só citar dous exemplos e que convirte a unha humilde e sinxela web dun pequeno pobo illado nos confíns atlánticos en todo un exemplo a seguir a nivel galego e en todo un hito en canto a visitas se refire. Algo terá camarinas.eu, cando xente do nivel, posición e...

2010: Nova version de Camarinas.eu

Camariñas, kilómetro cero Quixo o destino que fora nos días finais do mes de agosto do ano do Noso Señor de 2007 cando camarinas.eu tomaba forma. Días de experimentación, de probas, de moita ilusión e bastante traballo: os días iniciáticos da web que estaba chamada a convertirse no maior xigante mediático endexamáis visto na Costa Atlántica. E tivo que ser xusto tres anos despois, no días finais do mes de agosto do ano do Noso Señor de 2010, cando a redacción encarou un traballo intenso e innovador para darlle a camarinas.eu o maior lavado de cara dende que botou a andar un 15 de agosto de 2007. O primeiro lavado de cara máis ben. Unha das bases do éxito arroiador despregado por camarinas.eu ao longo deste tempo estivo basado no formato da web: unha plantilla sinxela e accesible, nembargantes pasados estes tres anos, o modelo daba síntomas de serio agotamento que afectaban principalmente ao seu xestor de contidos, o joomla 1.0.12, un modelo sobrepasado por versións muito máis modernas e do cal xa prácticamente resultaba imposible atopar novos componentes no innovador e trepidante mundo de internet. Por elo a redacción levaba xa dous meses traballando nunha actualización da páxina cando,...

Editorial: Tres anos de camarinas.eu

O domingo 15 de agosto de 2010, día do devastador incendio que asolou Xaviña, camarinas.eu cumpría tres anos de existencia e facíao dun xeito que resume á perfección o que foi a súa traxectoria vital: ca publicación dun documento gráfico excepcional, exemplo maxestuoso de xornalismo vivo e auténtico, aquel que intúe unha noticia explosiva, vai tras dela e ofrece ao seu público unha exclusiva chamada a facer historia, das que tardarán en ser olvidadas, que levantan unha polvareda poucas veces antes vista, das que se fai eco toda a competencia e que bate, na liña clásica da web, rexistros de visitas nun tempo récord. E sen embargo, lamentablemente, xúzgase o modo de actuar de camarinas.eu pola forma habitual de actuar de outros e créese ver unha intencionalidade política no que tan só foi unha demostración maxistral de auténtico xornalismo de raza. Neste punto convén non enganarse: os obxectivos de camarinas.eu non pasan porque tal ou cal persoa ocupe o sillón municipal, esta web foi concebida como un divertimento polos seus creadores, aos que a política lles importa un pimento, tal e como creemos que quedou ben acreditado ata o momento presente. Si camarinas.eu optase por participar no xogo político habíase...

Opinion.eu: Orixes da Crise Economica

Constitúen un honor para camarinas.eu as colaboracións dun economista do prestixio de Florentino Rogero Acadar o que en principio parecía o soño imposible  dos 10.000.000 de visitas tan só está ao alcance dunha web que conecte especialmente co público do seu entorno, que represente mellor que ninguén o conxunto de creencias, valores e principios dunha comunidade e na que  participen os mellores. Características que camarinas.eu aglutina no seu seo e que fixeron que xa prácticamente dende os seus inicios se convertira no líder mediático intratable do seu ámbito xeográfico e que día a día acade novos récords como o de chegar a dez millóns millóns de visitas en menos de tres anos de existencia. Un soño que nunca se acadaría sen a prolífica e vital colaboración dos nosos usuarios, auténtica alma desta páxina, como o caso do experto economista Florentino Rogero Figueiras, persoa cun currículum pouco común que dende a lonxana Madrid por propia iniciativa quixo involucrarse no desenrolo diario da web da terra da súa nai, na que conta cunha sección propia adicada á literatura galega. Nembargantes, o presente artigo destínao Florentino Rogero a explicar aos usuarios de camarinas.eu nunha linguaxe diáfana, clara, perfectamente entendible para todos, as orixes da...