Acabase o ano 2007

Editorial fin de ano de camarinas.eu Dende 54 paises (os de cor verde) seguiron a camarinas.eu ao longo de catro meses do 2007 Remata hoxe 31 de decembro o primeiro ano de vida de camarinas.eu, a páxina web que en tan só catro meses convertíose no líder intratable da información cibernética na Costa da Morte, e que por elo fixo que o Concello de Camariñas se convertise nun referente informativo. Para despedir este primeiro ano, para nós histórico, publicamos este editorial de despedida do 2007, no que esbozamos algunhas das principais liñas de actuación da nosa web para o 2008. Para ler o editorial completo pulsa no mapamundi oficial de camarinas.eu. ...

camarinas.eu bate o seu propio record de visitas

Onte Martes novo máximo de visitas: 1215 entradas   Montaxe da xente que había conectada este luns   Gracias aos nosos novos amigos bloqueiros e a noticia sobre a bandeira de España que tanto lles encantou, camarinas.eu, ese reactor nuclear con rumbo descoñecido que ninguén sabe como parar, bateu onte Martes 11 de Decembro tódalas súas marcas e deixou para a historia das páxinas web feitas na Costada Morte outro rexistro histórico: 1215 visitas nun só día. Esta redacción adica este novo éxito ao auténtico protagonista do mesmo: o pobo de Camariñas, pero en especial, acórdase dun dos seus usuarios máis paradigmáticos, un dos membros por dereito propio da "Guardia Pretoriana de camarinas.eu", ese xenio da informática e auténtica institución de Camariñas que é Luís "O Soco". Un cacho de terra española no país helvético. Luis chegou hoxe a Camariñas, á súa terra, desde Suiza para pasar unhas merecidas vacacións no seu pobo coa súa xente. Benvido e ánimo Luís! as túas opinións aquí son cátedra. ...

CAMARINAS.EU BALUARTE DA ESPAÑOLIDADE DA COSTA DA MORTE

A bandeira máis fermosa do mundo volve a ondear no noso Concello A bandeira española volve a ondear na Casa do Concello Mentras en outros concellos como Carnota os vándalos rouban repetidamente a enseña nacional, camarinas.eu móstrase especialmente orgullosa de que dende a semana pasada, e tras varios meses de inexplicable ausencia, a nosa querida bandeira española ondee cara os catro ventos flamante e fermosa, debidamente flanqueada a ambos lados pola galega e a europea. E é que tal e como reflexan repetidamente os resultados electorais, o Concello de Camariñas é un concello de sentimento profundamente español, onde as ideas xenófobas e separatistas están caseque practicamente ausentes. Ahora ben este carácter español non debe levarnos a repetir aquí, na nosa casa, un dos peores rasgos do carácter hispano: o da enfrentamento político, o da división social, as dúas Españas. Se as dúas grandes opcións ideolóxicas actualmente existentes en España, unha máis cercana ao centro-dereita, a outra ao centro-esquerda, conviven armoniosamente no seno desta redacción, ¿por qué non vai suceder isto mesmo a nivel de todo un Concello? Entendemos que baixo esta bandeira roxigualda, de ouro e sangue, está a base da unión entre tódolos cidadáns do Concello, unidade que o...

Editorial de aniversario de camarinas.eu

Camarinas.eu, tres meses de éxitos En tres meses de existencia camarinas.eu xa fixo historia   "La vida no es la que uno vivió, sino la que uno recuerda y como la recuerda para contarla". Gabriel García Márquez Traemos a colación esta frase do Premio Nobel de literatura colombiano para encabezar este editorial de aniversario, porque, si ben camarinas.eu xa existía e estaba en funcionamento con anterioridade ao 15 de agosto, foi precisamente nesta data cando despois dun viaxe de vagabundeo pola costa norte do noso Concello, esta redacción publicou o primeiro reportaxe co selo de calidade inconfundible de camarinas.eu: "O museo de Man esmorece no abandono", comenzando a batalla por unha das nosas causas primordiais, a do recoñecemento e salvación do legado de Manfred Gnadinger, que foi respostada dende o Concello cunha batería de accións e que rematou no día de onte cunha reunión en Camelle de intelectuales progres de mesa e mantel para discutir da obra do xenial artista alemán.   Este editorial estaba previsto que fora publicado este xoves, 15 de novembro, pero a realidade informativa manda, e a explosión de alegría sen límites que experimentou esta redacción ca liberación dos irmáns Lin, fixo que todo se pospuxera. Porque...

Editorial de camarinas.eu

CAMARINAS.EU SEGUE A RECOLLER RECOÑECEMENTOS DO MUNDO PERIODISTICO  Noticia sobre a familia Lin con foto de camarinas.eu   Nesta ocasión é o periódico "O Acontecer" o que recoñece a labor periodística desenvolvida por camarinas.eu, sumándose aos diarios on-line Vieiros.org e quepasanacosta.com. Así, no seu último número, o periódico gratuito que se distribúe pola Costa da Morte faise  eco nas súas páxinas do único medio de comunicación camariñán  que dende o primer momento, sen fisuras nin titubeos, sen tímidas posturas ventaxistas de última hora e dunha forma totalmente clara e aberta dou a cara clamando contra a desproporcionalidade e inxustiza da detención arbitraria dos tres irmáns da Familia Lin: Felipe, Carlos e Manuel. Por todo elo, é de suliñar que, nesta realidade informativa que está a xurdir nos últimos tempos na Costa da Morte con diaros on-line como quepasanacosta ou escritos como O Acontecer, Camariñas ten un posto de primeira liña gracias o noso principal diario por internet camarinas.eu. E é que , como ben souberon ver os nosos colegas peridísticos de Ponteceso, camarinas.eu será implacable na defensa do pobo e concello de Camariñas e das súas xentes. Isto recórdanos a unha imaxe que todavía é posible ver por algunhas zonas rurais dos estados sureños dos...