Editorial: Seis meses de camarinas.eu

Camarinas.eu cumpre seis meses Señoras e señores, camarinas.eu, a única web do Concello de Camariñas que defende (e defenderá ata a súa morte postrera) a integridade territorial do mesmo, cumple seis meses de vida. Copiada ata a náusea, desvalixada en ocasións, atacada implacablemente por radicais de todo signo, pero sobre todo, envidiada, moi envidiada, así é a web líder da Costa da Morte que neste breve pero intenso período de tempo foi levantada por unha redacción que simplemente estaba aburrida, non tiña nada mellor que facer e que consideraba que chegara a hora de que, exprimindo o talento dun pobo de artistas, os camariñáns abraiaran ó resto do mundo. ...

Unha suposta web de Santa Comba rouba fotos a camarinas.eu

Os vampiros chupan o sangue a Camarinas.eu A redacción de camarinas.eu comprobou cunha mezcla de estupor e indignación como unha web, por chamarlle dalgunha maneira, de nome marítimo (nada menos que de Santa Comba: a estrela informativa da Costa da Morte, según eles, claro) roubou co maior descaro e desvergoña unha foto que a nosa web, ésta si radicada no corazón da Costa da Morte, publicara o xoves 7 de febreiro con motivo da visita do presidente Touriño a Camariñas. Esta foto foi tomada no mitin do PSdG-PSOE polo fotógrafo profesional e director de camarinas.eu Diego Alonso Freire e polo tanto a propiedade intelectual e demáis dereitos derivados da mesma perténcenlle en exclusiva ao seu autor, tal e como reflexa o copyright no pé desta web. ...

Camarinas.eu: A páxina que, polo que se ve, ninguén boicotea

Camariñas Beauty, unha sección clave no éxito de camarinas.eu Chegamos ás 300.000 visitas! Mentras outros buscan fantasmas por todas partes cos que xustificar os seus ridículos números, camarinas.eu sin fixarse en nadie, sigue coa súa velocidade de cruceiro e onte 1 de febreiro chegou ás 300.000 visitas. O 15 de novembro, día da liberación dos irmáns Lin, chegara ás 100.000. O 30 de decembro, día da cea mítica de camarinas.eu, acadara os 200.000. Ábrense as apostas para calcular o día no que chegaremos ás 400.000. ...

Carta do Director de Camarinas.eu

Diego Alonso Freire na 1ª Cea Anual de camarinas.eu Os guardiáns da memoria do Coronel Walter E. Diegonet Nesta carta Diego Alonso Freire, Director de camarinas.eu, decide saír á palestra ante os intentos de utilización partidista e mediática da súa figura por parte dalgunhas persoas para atacar ao Alcalde de Camariñas e deixa claro que non permitirá que ningún "Guardián da súa Memoria" fale por él. Pulsa na foto para ver a carta do director da web máis vista de toda a Costa da Morte. ...

El Correo Gallego faise eco da Cea de camarinas.eu

Estracto da contraportada de El Correo Gallego do Sábado 29 de decembro de 2007 Aínda que o dubide algún que outro chiquitero: Camarinas.eu é imparable Agora que nos están a caer paus de todos os lados e sen que nos saibamos moi ben por qué (debe ser que nos ven moi importantes), a redacción da páxina web máis vista da Costa da Morte con moita diferencia quere agradecer o xesto que tivo con nós un dos diarios decanos e máis importantes de España, o santiagués "El Correo Gallego" que frente ao boicoteo sistemático doutros importantes medios de comunicación, todos eles con delegacións na Costa da Morte, fíxose eco da nosa cea do pasado sábado que encheu ata os topes o restaurante "Os Catro Ventos", e na que o sabio periodista xa nos auguraba un éxito masivo. Colegas, moitas grazas. ...