¿Unha triste despedida de camarinas.eu?

A nosa Rosita xa é Rosa O cumpreanos da nosa Rosa: o tempo que vai do pasado ao presente Un día tiña que ser. Non podía ser de outra maneira, hoxe felicitaremos o último cumpreanos da corta historia de camarinas.eu e non podía ser de outra maneira porque a miña querida Rosita de Dulia, miña prima e sobre todo miña amiga, cumpre anos hoxe aínda que non me acordo mui ben os que cumple (non te queixes eh! rosita, jeje). A pesar de todas as veces que discutimos (eu chámolle falar) e das discusións sobre América e o sistema americano nas comidas que celebrábamos na casa de Luis de Kecha, sempre terei un cariño especial para ti, un cariño que nunca se apagará. Dicimos o último cumpreanos de camarinas.eu porque non se publicarán máis noticias nesta web ata que os insultos inxustos e desproporcionados dalgúns usuarios rexistrados, algún xa expulsado no seu momento, que creeron ser os dueños da página rematen e non continúen a facer un pequeno exercitiño en contra da redacción desta web. A redaccion avisa que de seguir asi as cousas camarinas.eu deixará de existir porque esforzarse baixo estas condicións non merece realmente a pena, de non...

O constante ascenso de camarinas.eu

O mundo divídese en 2 categorías O gráfico amosa un crecimento constante de camarinas.eu dende agosto ata o 31 de marzo Ben sabedes que en camarinas.eu non queremos enganar a nadie, así que hoxe non tiñamos nada para publicar e decidimos repescar un par de imaxes estadísticas. E si decimos, citando a frase do célebre spaguetti western "El Bueno, el Feo y el Malo", que o mundo se divide en dúas categorías é porque hai dúas formas distintas de entender o periodismo: unha é leer tódolos días o periódico "La Voz de Galicia" para despois reescribir o alí publicado sobre Camariñas; a outra é que ese mesmo periódico, referente e líder intratable do xornalismo galego, recicle e publique punto por punto as noticias que se publican nesta web. Este feito acaecido na edición de Carballo de La Voz de Galicia deste xoves constitúe unha honra para esta web que sumar aos recoñecementos que outro gran diario nacional coma El Correo Gallego tivo en repetidas ocasións con nos. Desta forma vese recoñecida por dous diarios do máximo prestixio o traballo e a ilusión desta xoven e humilde web e sen dúbida anímannos a redobrar os nosos esforzos cara o futuro. O...

camarinas.eu: 8 meses, 600.000 visitas

Camarinas.eu colapsada polo número de entradas A imaxe amosa a 691 invitados acompañando ao director de camarinas.eu este mércores 16 de abril Este mércores sobre as 14:30 da tarde camarinas.eu quedou temporalmente fóra de servicio debido ao número apabullante de visitantes en línea que nese momento estaban a desfrutar da páxina máis visitada da Costa da Morte, contribuindo a cimentar a leyenda dunha web que, sin publicidade nin promocións especiais, en só oito meses acadou a cifra récord de máis de 600.000 visitas. A imaxe capturada amosa 691 invitados e un usuario, se ben os redactores chegaron a ver ata 754 visitantes que acompañaban a unha solitaria usuaria xarito, antes de que todo se colapsara por uns minutos. Así pois, só tres semanas despois de acadar o medio millón de visitas, sumamos outras 100.000 máis para corroborar a línea ascendente mensual de entradas de esta web que cada vez en menos tempo acada outro novo cento de miles de visitas que sumar ao mito de camarinas.eu. O reto para o futuro sería chegar ao 1.000.000 de visitas antes do 15 de agosto, primer aniversario de camarinas.eu, se ben sabemos que será moi difícil (case imposible) porque enriba bótasenos un verán, esperemos...

Novas funcions para os usuarios de camarinas.eu

InmoCamarinas.eu, o portal inmobiliario da Costa da Morte Logo de inmo camarinas.eu, donde poderás publicar teus anuncios inmobiliarios Estrenamos en camarinas.eu unha nova aplicación web na que calqueira usuario da web máis visitada da Costa da Morte poderá incluir os seus anuncios inmobiliarios. Tanto si queres vender como alquilar ou comprar calqueira ben inmoble poderás anuncialo, sendo o único requisito o de ser usuario rexistrado de camarinas.eu. Ademáis nesta nova ampliación de capacidades e servicios para os usuarios da nosa web incluimos unha sección de anuncios clasificados na que os usuarios rexistrados poderán engadir un anuncio. Por exemplo, se necesitas vender un fueraborda ou queres cambiar as llantas do teu coche, ou tes unha tenda de roupa e queres liquidar existencias non tes máis que ser usuario de camarinas.eu e poderás publicalo na páxina líder da Costa da Morte. Pulsa na foto para saber máis desta nova aplicación de camarinas.eu ...

Camarinas.eu remata unha semana maxica cun record

Outro récord de camarinas.eu: 1.234 visitas Seguimos a batir todos os récord con números impresionantes para unha web da Costa da Morte Camarinas.eu remata unha semana máxica (tan só tinguida de luto pola traxedia vivida en Camelle) cun novo récord de entradas rexistradas a través do mellor medidor de visitas Google Analitycs: das 1221 entradas do anterior récord agora pasamos a 1234. Desta forma a nosa audiencia premia a iniciativa desta web de involucrar na redacción das noticias a usuarios claves da mesma para que desta forma o pobo de Camariñas redacte por si mesmo as noticias  da web líder da Costa  da Morte. ...