O medidor www.alexa.com sinala a camarinas.eu como web lider

Camarinas.eu líder da Costa da Morte Mapamundi Oficial de camarinas.eu despois da invasión e conquista da Rusia soviética por parte da nosa web Pois ao final vai ter razón o noso querido medidor de Lexas e resultar que camarinas.eu é o líder intratatable desta Costa da Morte cibernética dos nosos pecados. Ao final vai resultar que o traballo non remunerado, espontáneo e patriótico dun puñado de redactores e redactoras, dos nosos fieles e talentosos colaboradores e duns poucos patrocinadores altruistas fixeron posible que esta milenaria vila de artistas teña a mellor páxina web endexamáis feita na Costa Atlántica. Cousa que xa se pode ver nas innovacións copiadas e recopiadas ata a saciedade e das cales hoxe pudéstedes ver todos outra proba delo. ¿Que pasa? ¿Temos que estar nos pensando e probando todo para que outros, cunha simple copia (previo pago) e cunhas palabras destartaladas que dan pena vaian de salvadores do concello?... Pois vaia salvadores.  En fin, pulsa no Mapamundi Oficial de camarinas.eu para ver o ranking elaborado pola agora prestixiosa web www.alexa.com que dictamina quen é quen no despiadado mundo das webs da Costa da Morte. ...
camarinas.eu en primeira línea de combate xunto aos grandes do xornalismo ao longo do caso L'Hirondelle

L'Hirondelle: non se confirman os analisis positivos da Policia

Pois de confirmarse as últimas informacións sobre a non existencia de drogas de ningún tipo a bordo do iate holandés L'Hirondelle e a inocencia dos dous tripulantes do mesmo, estaríamos ante outra noticia destartalada (unha máis) de camarinas.eu. De feito, estamos pensando en crear unha sección con este nome: Noticias Destartaladas. Ahora falando en serio,  si demos por certas as noticias sobre a existencia de certas sustancias no iate foi pola fiabilidade e solvencia das fontes das que proviñan e que asemesmo fixeron que medios da credibilidade e experiencia de "La Voz de Galicia ou "El Correo Gallego" tamén as deran pos boas. O que fixo camarinas.eu foi anticipar os resultados positivos dos análisis practicados pola Policía que con posterioridade reproduciron os diversos medios autonómicos e nacionais. En calquer caso, ahí estivemos: en primeira línea. ...

Editorial: Primer Aniversario de camarinas.eu

¡¡Hoxe cumpre anos Camarinas.eu!! Un ano de camarinas.eu, un ano que pasará á historia de Camariñas Pois xa chegou o día. Hoxe fai xusto un ano nacía a web que cambiou para sempre o panorama cibernético xa non do Concello de Camariñas senón de toda a Costa da Morte. Un ano no que se conseguiron máis de 1.100.000 entradas e no que nos convertimos no referente mediático desta franxa atlántica sempre dende a independencia, a obxectividade, o sarcasmo canalleril e o compromiso con tódolos nosos usuarios, especialmente os da diáspora. Un ano que dou para moito pero no que pese aos intentos por parte dalgúns de mediatizar a páxina, quedou claro o que camarinas.eu é en realidade a día de hoxe: o monstruo mediático da Costa da Morte. Que esto continúe no futuro tan só depende de vós. Todos aqueles que queiran coñecer as catro claves (moi sinxelas) do éxito dunha web, que pulsen na imaxe. ...

camarinas.eu: un ano, 1.000.000 de visitas

A web do millón de entradas Miscelánea global que ilustra un ano de vida de camarinas.eu, a web do millón de entradas Mércores 23 de xullo. Eran as 9:49 da mañán cando se obrou a miragre: camarinas.eu, a web dende os seus inicios máis visitada da historia da Costa da Morte, chegaba ao millón de visitas. Incluso contan as crónicas que o noso usuario 32 ventos estuvo cunha cámara nas mans esperando para retratar o momento histórico. Se nos chegan a predecir hai pouco máis de once meses, cando puxemos en marcha esta maquinaria cibernética avasalladora chamada camarinas.eu, o que realmente chegou a significar a nosa web, non o habríamos creído. Un longo camiño, moitos amigos, un puñado de enemigos, poderosos que miran para outro lado, o Concello de Camariñas como referente, eso é camarinas.eu a día de hoxe. Pulsa na montaxe para ler a Carta do Director e ver as fotos da celebración no Restaurante Puerto Arnela cas redactoras máis cremosas do mundo. ...

camarinas.eu: 9 meses, 750.000 visitas

¡¡Xa chegamos aos 3/4 de Millón!! Nen o mesmísimo e querido faro Vilán tivo tantas entradas como camarinas.eu Ainda que en camarinas.eu lamentablemente non dispoñamos dese medidor de entradas tan fantástico inventado, según contan, na nosa querida parroquia de Lexas no Concello de Vimianzo, ao parecer chegamos ás 750.000 visitas, os tres cuartos de millón de entradas. Alomenos eso é o que indica o medidor que está na marxe esquerda da portada. E todo isto sen o medidor do "Ránking de Lexas" que tan fiable lle parece a algúns. Será que preferimos fiarnos do Google Analitics non sabemos porque. Será porque está desarrollado pola maior compañía de búsquedas por internet do mundo. Con todo, 750.000 visitas en solo 9 meses constitúe unha auténtica proeza nunha vila e nun concello das dimensións do de Camariñas. Consíguese sendo o lider intratable dentro da Costa da Morte e tamén dentro do sector da emigración da mesma alá donde se encontre: Madrid, Canarias, Suiza, Inglaterra, Bélxica, Arxentina... Consíguese este récord a base de un ritmo mantenido pero constante de 100.000 visitas cada tres semanas, como poderedes comprobar vos mesmos levando a conta das visitas reflexadas no medidor. Para o futuro queda pendente acadar o...