Camarinas.eu: Web mais vista da Costa da Morte

O fenómeno social máis importante da Costa Atlántica Algúns dos usuarios da comunidade virtual máis importante da Costa da Morte: 1.800 usuarios rexistrados ¿Podía alguén preveer que algún día unha web feita na remota e illada  Vila de Camariñas chegaría en pouco máis de 18 meses de tortuosa existencia aos 4.000.000 de visitas? Eso foi exactamente o que pasou na noite do mércores 11 de marzo de 2009, cando a web máis vista endexamais nesta Franxa Atlántica chegaba a esa cifra máxica, a cal debe levar a pensar xa en camarinas.eu como un auténtico fenómeno social que día a día aumenta o seu número de visitas e como o medio de comunicación de referencia da Costa da Morte no que se fixan os principais medios autonómicos de prensa, radio e televisión (este sábado, El Correo Gallego. A semana pasada, o programa "O País dos Ananos" da TVG). ...

Camarinas.eu: as dez noticias mais vistas

Pois queridos amigos, xa está aquí o escudo oficial de camarinas.eu que fará as delicias de grandes e pequenos. Que en breve se poñerá á venta en tiradas millonarias de pins labrados en ouro e plata para que todos os incondicionales da web podan lucir na súa solapa o orgullo de pertencer  á páxina máis vista da historia da Costa Atlántica. Que tomou como modelo o escudo duns servicios secretos siniestros e letais que se ben hoxe en día teñen outro nome siguen  actuando igual que antes (ou peor). Os mismos cans con distintos collares. E que porta como lema unha das consignas míticas dos primeiros tiempos de camarinas.eu: "pluma et espada", aquela frase popularizada no seu día polo noso usuario Pepewells. E todo elo para conmemorar que dez noticias de camarinas.eu superan as 10.000 visitas. Para conocelas pulsa no noso Escudo Oficial. ...

Noticias Jodonas: Adicada aos usuarios descontentos

As Mismas Caras (pero máis aínda) Os tres principales redactores adoptaron esta pose antes as críticas impertinentes dalgunha que outra usuaria Vistas as suxerencias recibidas aquí en camarinas.eu nesta última semana, decidimos crear unha nova sección: Noticias Jodonas, adicada a todas aquelas usuarias notoriamentemente descontentas ca línea editorial da web líder da Costa da Morte. E por elo poderedes ver unha unha amplia galería fotográfica de como a redacción ao completo de camarinas.eu reflexiona duramente na Pizzería "Stella del Mare" sobre os recentes acontecementos protagonizados polo usuariado de camarinas.eu. En calquer caso ante as críticas de dúas ou tres usuarias descontentas do total de 1663 de usuarios rexistrados de camarinas.eu, propoñemos dende esta redacción tres solucións posibles: 1) Que a redacción cambie o seu enfoque na maneira e nas caras que ilustran as noticias; 2) Que esas mesmas usuarias descontentas non volvan por esta páxina si tanto lle disgustan esas noticias (e as fermosas caras que as ilustran); 3) Que a redacción faga como "que aquí no ha pasado nada" e que esas mesmas usuarias descontentas se teñan que amolar. En fin, dado que obviamente a primeira opción non vai ter lugar, deixamos ao libre criterio do usuariado descontento que elixa...

Mensaxe de Nadal de camarinas.eu

Camarinas.eu deséxavos unha Feliz Navidad Retrato de cinco homes que nalgunha medida fixeron que Camariñas teña a mellor web da Costa Atlántica Conta a leyenda que cando nos primeiros días de decembro de 1942 comenzaron a chegar a Berlín rumores de que nunha remota cidade do Río Volga quedaran cercadas as tropas do Xeneral Von Paulus cos seus máis de 200.000 soldados, o entón Ministro de Propaganda, Joseph Goebbels, sabendo o que aquelo realmente significaba (o inicio do fin dun Reich que ía durar mil anos) fixo un chamamento a celebrar unhas navidades austeras, sobrias, aforrativas: "unhas navidades alemanas", foi o eufemismo utilizado. Salvando as distancias, que as hai, camarinas.eu dada a terrible crisis que nos azota e vendo á xente que nos mesmos puxemos aos mandos desta destartalada nación chamada España, tamén recomenda que celebredes unhas navidades non alemanas pero si austeras e sobrias. Polo que poda pasar. Pulsa na imaxe para ler a mensaxe completa e ver unha galería fotográfica. ...

camarinas.eu: a leyenda do indomable continua

camarinas.eu chega ao 1.500.000 de visitas No día de hoxe esta redacción acórdase dos seus sponsors, redactoras e colaboradores. Gracias de corazón Tan só tres meses e medio despois de chegar á cifra, inimaxinable para unha páxina web dun pequeno pobo  remoto, de 1.000.000 de visitas, camarinas.eu, o Zar absoluto da Costa Atlántica, axiganta a súa leyenda e chega ao millón e medio de visitas. É decir 500.000 visitas en tan só tres meses e medio, o tempo que vai dende o 23 de xullo ata o 8 de novembro de 2008. Debemos ter en conta (só por facer un recordatorio) que algúns salvadores da patria fixeron en ano e medio de existencia ¡178.000 visitas! Pulsa na montaxe para ler o novo editorial de camarinas.eu. ...