O Areal de Trece e Monte Blanco albergan a maior concentración de caramiñas do mundo

A Caramiña: Pranta Nacional do Concello de Camariñas

Camarinas.eu procede a poñer punto e final á máis impresionante xeira de reportaxes nunca adicada ao conxunto de praias máis paradisíaco do mundo, o Areal de Reira, cun especial en honor á Pranta Nacional do Concello de Camariñas: a caramiña ou corema album, o arbusto que lle da ata o seu propio nome. Porque a través das constantes expedicións dun agosto que resultou altamente satisfactorio dende un punto de vista playero puidemos constatar como un exército de arbustos de caramiña acabou por extenderse por lugares remotos onde nunca asomara antes, adueñándose de todo Reira e esparcindo por doquier o amargo aroma da planta máis camariñana: a Praia Grande,  a Praia do Medio, as alturas da Pedrosa... Pulsa na imaxe para ver a sinxela homenaxe de camarinas.eu á Planta Nacional do Concello de Camariñas. ...

Editorial: Segundo Aniversario de camarinas.eu

Xa pasaron dous anos dende que camarinas.eu revolucionou o mundo do ciberespacio en Camariñas Hoxe cumpre dous anos camarinas.eu Dentro de moitos anos, cando xa non estemos sobre este mundo pecador e corrompido, haberá que recordar con orgullo que unha vez houbo unha web creada nunha vila de 2.500 almas e nun Concello de pouco máis de 6.000 que chegou a ser o 10º medio de comunicación de Galicia. Que en dous anos acadou 6.000.000 millóns de visitas. Que chegou á cifra récord de 2.500 usuarios. Que creada a partir de componentes gratuitos do xestor de contenidos Joomla e xestionada no seu tempo libre de forma desinteresada por un puñado de redactores chegou a marcar o antes e o despois na comunicación por internet no Concello de Camariñas e por extensión na Costa da Morte. Porque sexamos realistas: antes de camarinas.eu non había nada. Nada. ...

Reportaxe sobre Juanillo no Depor Sport

Periódicos de toda España fanse eco da xesta deportiva protagonizada por un futbolista camariñán Camarinas.eu, referente da Prensa Deportiva   "La página web camarinas.eu (referente en la Costa da Morte) obró el milagro e hizo que la población costera vibrase con su ídolo". Nesta ocasión foron os nosos compañeiros do Depor Sport, periódico deportivo auténtico referente do deportivismo en Galicia e exemplo de bo facer e profesionalidade xornalística, os que recoñeceron a humilde pero entusiasta labor de camarinas.eu como web líder indiscutible desta Franxa Atlántica. Nunha páxina completa a cinco columnas, chega a entrecomillar un párrafo enteiro da noticia publicada por camarinas.eu con motivo do ascenso do Cartagena á Segunda División aderezado todo elo con ata tres fotos da sinxela pero familiar festiña montada no Arnela o domingo....

Camarinas.eu: A web de todo un concello

Camarinas.eu chega aos 5.000.000 de visitas Seguramente ata Fernando Redondo lle pegou unha ollada a camarinas.eu: a web líder da Costa Atlántica Aquí en camarinas.eu cando vimos que chegáramos á cifra impensable de 5.000.000 de entradas o primeiro que nos ven á mente foi Fernando Carlos Redondo Neri, aquel mediocentro ca elegancia dun príncipe que vestindo o dorsal número 5 do CD Tenerife primeiro, do Real Madrid despois e entremedias da Selección Arxentina, fixo historia nos campos de fútbol de todo o mundo. Como fixo historia camarinas.eu, eso sí, máis humildemente e na nosa pequena esfera de influencia dende que hai pouco máis de 20 meses botara a andar a trompicóns creando unha forma de entender o xornalismo amateur que fixo escuela e rápidamente foi seguida e imitada por diversas webs.  Programas adicados na TVG en prime-time ("O País dos ananos"), editoriais de análise política que son tomados como referencia por prestixiosos medios autonómicos ("El Correo Gallego"), portadas de La Voz de Galicia, 21.000 comentarios no Libro de Familia, millóns de visitas, pero todo esto sería impensable sin a axuda desinteresada e altruista de todas aquelas persoas que colaboraron en camarinas.eu dende o inicio e sobre todo dos nosos máis de 2.000 usuarios...

Camarinas.eu, referencia xornalistica da Costa da Morte

Camarinas.eu, portada de La Voz de Galicia A nosa cobertura informativa do alixo de hachís mereceu unha portada nacional de La Voz de Galicia Hoxe, luns 13 de abril de 2009 foi un día especialmente feliz para todos aqueles que sacamos adiante camarinas.eu dende hai case 20 meses: o esforzo levado a cabo por esta redacción víose recompensado cunha portada a nivel nacional e cunha páxina completa a catro columnas de La Voz de Galicia, o medio de comunicación líder na Comunidade Galega, referencia de bo facer xornalístico a nivel estatal e de rigor e seriedade  dos seus profesionais dende hai máis de 125 anos. Tempo atrás no editorial publicado con motivo dos 4.000.000 de visitas xa adiantábamos que esta web estaba a convertirse na gran referencia xornalística da Costa da Morte para os grandes medios autonómicos. Todo elo, creemos, pola nosa querencia polo traballo ben feito, sen apresuramentos, imparcial e obxectivo, con especial coidado nos contidos gráficos (fotos, montaxes, vídeos) así como nos escritos, ben sexa na redacción diaria das noticias ou na calidade literaria dos textos de tódolos colaboradores culturais. E esto a pesar do noso carácter un tanto anárquico e indolente ("a alma eslava de camarinas.eu")...