- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Editoriais de Camarinas.eu Editoriais de Camarinas.eu
- Created: 09 Novembro 2008 09 Novembro 2008
camarinas.eu chega ao 1.500.000 de visitas

Tan só tres meses e medio despois de chegar á cifra, inimaxinable para unha páxina web dun pequeno pobo remoto, de 1.000.000 de visitas, camarinas.eu, o Zar absoluto da Costa Atlántica, axiganta a súa leyenda e chega ao millón e medio de visitas. É decir 500.000 visitas en tan só tres meses e medio, o tempo que vai dende o 23 de xullo ata o 8 de novembro de 2008. Debemos ter en conta (só por facer un recordatorio) que algúns salvadores da patria fixeron en ano e medio de existencia ¡178.000 visitas! Pulsa na montaxe para ler o novo editorial de camarinas.eu.
camarinas.eu chega a 1.500.000 visitas

Tan só tres meses e medio despois de chegar á
cifra, inimaxinable para unha páxina web dun pequeno pobo remoto, de
1.000.000 de visitas, camarinas.eu, o Zar absoluto da Costa Atlántica,
axiganta a súa leyenda e chega ao millón e medio de visitas. É decir
500.000 visitas en tan só tres meses e medio, o tempo que vai dende o
23 de xullo ata o 8 de novembro de 2008. Debemos ter en conta (só por
facer un recordatorio) que algúns salvadores da patria fixeron en ano e
medio de existencia ¡178.000 visitas!

E chégase a esta cifra máxica despois de marchas, contramarchas, peches patronais, depresións, tolerías, máis tolerías, traicións infinitas día a día e a diestro e siniestro, peleas entre a dupla máxica que creou dende cero este monstruo mediático, os cales posiblemente nun día non moi lonxano acaben como aquelas dúas leyendas vivas, Konstantín Stanislavski e Vladímir Nemírovich-Dánchenko, os dous directores teatrais que da nada crearon na Rusia de principios do século XX o mellor teatro do mundo: o Teatro da Arte de Moscú (MJAT), para acabar os seus días totalmente endiosados, sin falarse e traballando separadamente en dous despachos radicados en alas totalmente opostas do mesmo edificio. Pero aínda no improbable caso de que esto sucedese, camarinas.eu seguiría adiante, porque esto que nos traemos entre mans xa é demasiado importante ¿ou non?
Con todo e a pesar de que en ocasións se nos poda aplicar aquelo que decían os partes de intelixencia soviéticos de xaneiro de 1945 para ilustar o estado de ánimo dos soldados alemáns ante a avalancha militar imparable do Exército Soviético que se lles viña enriba ("la moral está por los suelos, pero la disciplina es fuerte"), o certo é que a día de hoxe camarinas.eu rebosa saúde. As ideas xurden como setas, si non ahí tedes a nova sección de "Noticias Destartaladas" que seguramente poñerá a máis de un dos nervios. Porque outra das cuestións que todos deben ter clara a estas alturas é que con máis axuda económica, máis medios, en fin todo o necesario para que se poda adicar a esta web máis tempo adoptando un carácter semiprofesional e non dependendo do tempo libre dos seus dous creadores, camarinas.eu sería moito mellor. Pero bueno como o acadado entre todos tampouco é moco de pavo (ahí está a proeza dos usuarios desta web facendo xusticia e logrando coronar ao noso Faro Vilán como o paisaxe máis fermoso de toda a Costa da Morte), haberá que celebralo con outra Cena de Fin de Ano de camarinas.eu e tendo en conta que a organizarán dúas mulleres do coraxe, intelixencia, bo corazón e patriotismo de Gelinita e Maruja a Mantida, o éxito está asegurado. Eso si que está claro. Gracias a todos e a seguir para diante.
Comentarios
E como non os seus directores!!por facer que esta pagina vale cada dia mas!
AORA AI QUE IR A POLOS 2.000.000 VISITAS!
E ESA CENAAAA ABER PA CANDO E O DIA JEJE AVERA QUE IR SUPOÑOOO AUN QUE ALGUNS LLE DESAGRADA JA!
BIKIÑOS
Luciaaaaaaaa
enhoraboa CAMARIÑAS.EU
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.