- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Editoriais de Camarinas.eu Editoriais de Camarinas.eu
- Created: 14 Outubro 2008 14 Outubro 2008
Camarinas.eu líder da Costa da Morte

Mapamundi Oficial de camarinas.eu despois da invasión e conquista da Rusia soviética por parte da nosa web
Pois ao final vai ter razón o noso querido medidor de Lexas e resultar que camarinas.eu é o líder intratatable desta Costa da Morte cibernética dos nosos pecados. Ao final vai resultar que o traballo non remunerado, espontáneo e patriótico dun puñado de redactores e redactoras, dos nosos fieles e talentosos colaboradores e duns poucos patrocinadores altruistas fixeron posible que esta milenaria vila de artistas teña a mellor páxina web endexamáis feita na Costa Atlántica. Cousa que xa se pode ver nas innovacións copiadas e recopiadas ata a saciedade e das cales hoxe pudéstedes ver todos outra proba delo. ¿Que pasa? ¿Temos que estar nos pensando e probando todo para que outros, cunha simple copia (previo pago) e cunhas palabras destartaladas que dan pena vaian de salvadores do concello?... Pois vaia salvadores. En fin, pulsa no Mapamundi Oficial de camarinas.eu para ver o ranking elaborado pola agora prestixiosa web www.alexa.com que dictamina quen é quen no despiadado mundo das webs da Costa da Morte.
Camarinas.eu líder da Costa da Morte

Entre todos fixemos posible que a voz de Camariñas se escoitase en máis de 100 países
Tal vez tódolos veciños do Concello de Camariñas deban estar
orgullosos de que un puñado de rapaces camariñáns con anterioridade
desperdigados polos catro puntos cardinais se xuntasen no seno dunha
web chamada a facer historia. E todo elo producto camariñán 100%: as nosas fermosas
e intelixentes redactoras Adry e Lucía; o noso redactor de deportes, Juanillo, o mellor futbolista da historia deste Concello; Juan
Camariñán, o escritor surxido dos suburbios do barrio de Corea, o
mellor aeda para contar as andanzas milenarias desta nosa vila; Luis
Esteiro Ramos, redactor de cine e auténtica enciclopedia cinematográfica
andante; os nosos patrocinadores e os nosos máis de mil trescentos fieles e queridos usuarios
rexistrados e lectores, todos eles fixeron posible que teñamos en Camariñas esta
máquina de batir récords chamada camarinas.eu.
Agora tal vez veña algún e diga: pois xa están outra vez estes tipos dándolle o autobombo. Pero vamos a ver, si un prestixioso diario autonómico lle fai unha interview ao noso querido e tiránico director (atención á foto en plan "Los Soprano") e non ten nin espacio para dedicarlle unha frase á web que da nada xa prácticamente chegou ao millón e medio de visitas en pouco máis de 14 de meses e que fai que o noso director sexa coñecido nos cinco continentes (y más allá), pois está claro que si nós non nos miramos de vez en cando o ombligo ninguén o fará por nos. En fin, o prometido é deuda e ahí vai o ranking de www.alexa.com, que non sabemos si vale para algo pero que si é certo que reflexa unha realidade que calqueira (ata o máis cego) pode ver: que unha mesma noticia publicada en camarinas.eu e noutras webs, fai que na nosa páxina quintuplique como mínimo o número de visitas, e que fai que o noso máis inmediato perseguidor nesta Franxa Atlántica quede nin máis nin menos que a trescentos mil postos de distancia na clasificación do medidor mundial www.alexa.com:
- www.camarinas.eu: Posición 687.785
- www.corme.net: Posición 977.018
- www.diariocamarinan.com: Posición 1.057.848
- www.anosacosta.es: Posición 1.219.622
- www.quepasanacosta.com: Posición 2.015.186
- www.osdezas.com: Posición 17,613,249
- www.camelle.es: Posición 19.824.639
Comentarios
Enhorabuena al director y a los que colaboran con ella.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.