- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Editoriais de Camarinas.eu Editoriais de Camarinas.eu
- Created: 15 Agosto 2008 15 Agosto 2008
¡¡Hoxe cumpre anos Camarinas.eu!!

Un ano de camarinas.eu, un ano que pasará á historia de Camariñas
Pois xa chegou o día. Hoxe fai xusto un ano nacía a web que cambiou para sempre o panorama cibernético xa non do Concello de Camariñas senón de toda a Costa da Morte. Un ano no que se conseguiron máis de 1.100.000 entradas e no que nos convertimos no referente mediático desta franxa atlántica sempre dende a independencia, a obxectividade, o sarcasmo canalleril e o compromiso con tódolos nosos usuarios, especialmente os da diáspora. Un ano que dou para moito pero no que pese aos intentos por parte dalgúns de mediatizar a páxina, quedou claro o que camarinas.eu é en realidade a día de hoxe: o monstruo mediático da Costa da Morte. Que esto continúe no futuro tan só depende de vós. Todos aqueles que queiran coñecer as catro claves (moi sinxelas) do éxito dunha web, que pulsen na imaxe.
Camarinas.eu: año uno

Un ano de camarinas.eu, un ano que pasará á historia de Camariñas
¿Quén podía pensar que o Mayor Tom, aquel astronauta hippie perdido no espacio sideral protagonista da canción de David Bowie de 1969 Space Oddity, ía reaparecer convertido nun yonqui once anos despois na sofisticada e xenial "Ashes to ashes"?
Cando un artista inicia un proceso creador, ¿sabe no que esto se vai a converter, domina o creador á súa obra ou é ó reves? Dominamos os redactores a camarinas.eu ou este como un ente autónomo ten unha vida propia que se impón aos seus creadores? Realmente nadie se explica como e por que camarinas.eu se convertíu no xigante mediático da Costa da Morte. Nadie é capaz de comprender porque aquí, nunha aislada península nos portalóns do Atlántico, puido surxir tal monstruo cibernético. Nos creemos que o sabemos. Si esta web estivera noutro pobo non sería nin unha cuarta parte do que é porque o que a fixo ser o maior ente mediático da franxa atlántica fostedes vos: Os habitantes do pobo milenario de Camariñas e as xentes do Concello do que forma parte. A única forma de explicalo é esta. Eu non vexo outra.
Recordo cando me puxen a facer todo esto. Eu era un fotógrafo algo aburrido con non moito traballo cando me decidín a diseñar o que hoxe podedes ver cando poñedes no navegador www.camarinas.eu. De repente, unha mañán de xullo do ano pasado sen vir a conto recibo unha chamada do meu gran amigo e redactor de camarinas.eu Marcos Vázquez (Zhúkov) e dime que vai a vir a traballar aquí en Camariñas. Despois dun par de semanas de comelladas e festas comenteille a Marcos que se fixera colaborador de camarinas.eu como redactor cultural. Él non o dubidou e aceptou. Dous amigos de toda a vida facendo algo que lles gusta e aínda por enriba xuntos. Entonces comezamos a publicar noticias. E as visitas empezaron a subirde forma constante e imparable así como o número dos usuarios rexistrados ata chegar a cerca de 1.100 usuarios a día de hoxe. Un día aos poucos meses de crear camarinas.eu, falando cun colega meu o cal tiña dende había tempo unha web de información sobre a Costa da Morte, comentábame que eles tiñan ao redor de 200 visitas ao día. Camarinas.eu, só dedicada ao Concello de Camariñas xa daquela rondaba as 600 visitas. Ahora, con máis de 1.100 entradas ao día como mínimo según o medidor Google Analytics e cerca de 1.150.000 visitas en total xa todo parece unha rutina. O crecemento de camarinas.eu chegou a desbordarnos tanto que xa o empezamos a tomar esto como un xogo. Ahora, cando cumprimos un ano non temos máis que darvos as gracias a todos os que neste neste tempo estuvéstedes ahí.
Moitos foron os meus errores cometidos, moitas veces perder traballos e quedar mal coa xente para que vos (sobre todo os que están fora) puideran ver noticias actualizadas en camarinas.eu. Moitos problemas, moitas broncas, moitas amenazas de denuncia... pero foi así. Xa non hai volta atrás. Nunca me arrepentirei de facer esta web donde tantos bos amigos fixen e donde coñecin a xente mui especial para min que sempre estará no meu corazón, pero sempre sempre eh!. En especial a redacción neste día quere agradecer o apoio prestado por aquela xente que nunca nos fallou e que fixo a nosa supervivencia posible: a Mantida, as Gelinitas, Uxi, Natalia (un anxeliño), Pión, e todas todas todas... e tamén a Soto, a Luis Esteiro e agora ás nosas dúas espectaculares e esculturales redactoras Adry e Lucía. Gracias a todos e todas..
En calquer caso, pese ao éxito impresionante acadado entre todos os que facemos posible esta miragre, pase o que pase no futuro, tal vez nos gustaría que nos recordasen como a aquel famoso e desdichado Mayor Tom, que resultou ser un yonqui enaxenado e o cal na célebre e xa mencionada "Ashes to ashes" de 1980, limitábase a decir aquelo de:
I've never done good things
I've never done bad things
I never did anything out of the blue
I've never done bad things
I never did anything out of the blue
(Nunca fixen cousas boas,
nunca fixen cousas malas,
nunca fixen nada fóra do normal)
nunca fixen cousas malas,
nunca fixen nada fóra do normal)
Comentarios
A VERDAD QUE XA E UNHA RUTINA A PAJINA DE CAMARINAS.EU!!!
A MITAD DE XENTE COMA MIN NN NOS DAMOS SIN ESTA PAJINA...EU POLO MENOS JEJE...
POS EU ESPERO QUE SALGA TODO MOI BEN E Q NN PASE NADA CN ESTA PAJINA!!
SEGURO QUE SI Q TODO A DE SALIR BEN COMO SIEMPRE .
ESPEREMOS QUE TODOS OS QUE LEEN A PAJINA E ENTRAn TODOS OS DIAS NELA AXUDEN...
E TAMEN FELICITAR A DIEGO MAS A MARCOS POR TRAERNOS TANTOS REPORTAJES..... MOITOS BIKOS E ESPEROMES QUE O DIA DA CENA AXA BEN DE XENTE EJEJE PA PASALO BEN COMO O DIA DO ARNELA!
Unha aperta enorme para todos os que o facedes posible!!
A referencia ó duke blanco, o camaleón, moi ben traida, sís eñor, sodes uns cracks!!!
pois eu creo q vos ai q dar as gracias a vos x crearedes esta paxina naq tantas cousas pasaron,aqi podemos informarnos de moitas cousas q pasan neste pueblo e sobre todo a xente q nn ta nel q ta fora,pode saber oq pasa x aqi..pois nada q FELIZIDADES a vos..q esta pagina siga tendo o exito q ten!
eo dia 22 ai q ir todos de cenaaa ehh!!
pois nada un salusdo a todos
Moitas felicidades camariñas.eu.
A verdad e que non sei que faria eu tamen sin a pagina,o primeiro que fajo siempre e ensender o ordenador e poñer na pagina.Asi que todo mundo que se anime a ir a sena que idelo pasar pipa como siempre.E sacar ven de fotiños eeeeee,que eu quero ver,jajaja.Pois eso MOITAS FELICIDADES CAMARIÑAS.EU
..........mayte...........
Recordo o dia en que conosin esta paxina,cousas que lein,falei,xent es que conosin,de dia ,de nuite,non nos comprendiamos a veses,esto era fuego é eu era agua,sentinme enfadado e triste,contento e alegre...
Unha paxina que fui buscando a existensia como a nuite busca a luz...
Camarinas.eu non solo son palabras que se din sin pensar,é unha paxina firme no que creio firme
Camarinas.eu a veses non chega,pasa sin chamar,busca a quen falar,non sabe de fronteiras,ven buscando un sonriso,unha festa,tamen un lamento...
Camarinas.eu pode perdoar todo e olvidar,pode non desir nada é caladiña ofreser sin esperar...
12 meses atras,era un camiño pra andar..
12 meses que ahora o mirar para atras,son experensias de un tempo que non se olvidaran..
FELISIDADES por este primeiro aniversario
Grasias CAMARINAS.EU
ay diego nos d últimas non, ay tache ben o conto..bueno a verdad e q lo último es lo mejor.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.