- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Editoriais de Camarinas.eu Editoriais de Camarinas.eu
- Created: 16 Abril 2008 16 Abril 2008
Camarinas.eu colapsada polo número de entradas

A imaxe amosa a 691 invitados acompañando ao director de camarinas.eu este mércores 16 de abril
Este mércores sobre as 14:30 da tarde camarinas.eu quedou temporalmente fóra de servicio debido ao número apabullante de visitantes en línea que nese momento estaban a desfrutar da páxina máis visitada da Costa da Morte, contribuindo a cimentar a leyenda dunha web que, sin publicidade nin promocións especiais, en só oito meses acadou a cifra récord de máis de 600.000 visitas.
A imaxe capturada amosa 691 invitados e un usuario, se ben os redactores chegaron a ver ata 754 visitantes que acompañaban a unha solitaria usuaria xarito, antes de que todo se colapsara por uns minutos. Así pois, só tres semanas despois de acadar o medio millón de visitas, sumamos outras 100.000 máis para corroborar a línea ascendente mensual de entradas de esta web que cada vez en menos tempo acada outro novo cento de miles de visitas que sumar ao mito de camarinas.eu. O reto para o futuro sería chegar ao 1.000.000 de visitas antes do 15 de agosto, primer aniversario de camarinas.eu, se ben sabemos que será moi difícil (case imposible) porque enriba bótasenos un verán, esperemos que caluroso, onde o ritmo de entradas será inferior. En todo caso, os veciños do Concello de Camariñas temos un bo motivo para sentirnos orgullosos: ningún pobo semellante ten unha web con 600.000 visitas. A todos vós ¡¡GRAZAS!!
Comentarios
Quero felicitar a DIEGONET , Redactores, Colaboradores e Usuarios da páxina, posto que ésto é un notición, xa superamos a barreira das 600.000 entradas, que si ésto fosen pesetas estaríamos falando de mais de CEN MILLONS.
A páxina xa non ten límites, nin fronteiras … esperemos que non vaia a quedar pequena a memoria de novo (Ti que dis Diego?)
Felicidades “Pequeño Gran Home”, pero ti mereces esto e moito mais ….
---Estudiante---
Lo de un millón creo que se va a quedar corto.
ENHORABOA, Diego e compañía e ANIMO RAPACES
si señor che jamos aeso e mas VIVA CAMARIÑAS ,E,U, SEFA E OS PEDROS
Adiante a por os sen millons.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.