Montaxe con algunhas das portadas que fixeron historia en camarinas.eu

Camarinas.eu cumpre seis meses

Señoras e señores, camarinas.eu, a única web do Concello de Camariñas que defende (e defenderá ata a súa morte postrera) a integridade territorial do mesmo, cumple seis meses de vida. Copiada ata a náusea, desvalixada en ocasións, atacada implacablemente por radicais de todo signo, pero sobre todo, envidiada, moi envidiada, así é a web líder da Costa da Morte que neste breve pero intenso período de tempo foi levantada por unha redacción que simplemente estaba aburrida, non tiña nada mellor que facer e que consideraba que chegara a hora de que, exprimindo o talento dun pobo de artistas, os camariñáns abraiaran ó resto do mundo.

Seis meses de vida, máis de 361.000 visitas (cando outros tiñan 178.000 en 18 meses), unha media de 1.000-1.200 entradas diarias de acordo cos datos do contrastado medidor Google Analytics, 649 usuarios rexistrados a data de hoxe. Estos son os números de camarinas.eu. Os números do intratable líder mediático da Costa da Morte. Uns números que fan que os camariñáns teñamos, sen dúbidas, a mellor web endexamáis feita nesta franxa atlántica. E decimos ben os camariñáns, porque a clave do éxito fulgurante de camarinas.eu (tan copiado cun éxito bastante descriptible) foi dende un primer momento darlle o máximo protagonismo aos seus usuarios: poñervos a traballar nos vosos ratos de lecer para entre todos construir a web día a día. Así, frente a outras páxinas que supuran política, crispación e división, camarinas.eu foi concebida polo seu director como un divertimento, un rincón de ocio e onde pasalo ben para as xentes do Concello de Camariñas e, por extensión, para todo aquel que asome pola nosa páxina, sen importar a súa procedencia ou a súa lexítima opción política ou ideolóxica. Atácannos constantemente debido ao parentesco entre o director da web e o Alcalde de Camariñas, pero a estas alturas é bastante obvio que si hai na Costa da Morte (e un pouco máis alá) unha páxina plural, non sectaria e independente, que non ten que responder ante nadie, esta é camarinas.eu, onde tanto se reivindica a españolidade da Costa da Morte, como se defende a importantísima labor da Igrexa Católica, cúbrese un acto do PP camariñán ou se acude a un mitin do Presidente da Xunta Touriño. E todo elo por unha razón tan simple que poden comprender ata un director de web marítimo-pesquera de Sta. Comba ou un radical de piscifactoría: aquí ata o día de hoxe non entrou nin un patacón, lamentablemente ninguén nos financia. Así de simple. Somos pobres coma as ratas do Cansorro, debe ser por eso que estamos "faltos de señorío".

Cambiando de tercio, moitos erros e algún acerto cometemos ao longo destes seis meses, pero si de algo nos sentimos orgullosos foi de dúas decisións tomadas, a verdade sea dita, sen moito meditar, a impulsos, de acordo co destartalado modo de facer as cousas de camarinas.eu:

A primeira, e que foi obxecto de xeral incomprensión máis alá de Camariñas, foi a defensa implacable, a ultranza, en todo momento e sen titubeos da Familia Campaña Carril: unha familia traballadora, mariñeira e de Camariñas, que tras sufrir unha inxusta e desproporcionada privación de liberdade, a día de hoxe vese privada dunhas licencias de pesca vitais para unha economía en crise permanente nunha das zonas máis deprimidas de España. E en verdade a causa da Familia Lin foi unha causa que dou gusto defender porque era unha causa pura, noble, non politizada pese aos intentos dalgúns, que o pobo de Camariñas (non hai máis que recordar o impresionante e multitudinario recibimento) abrazou como propia.

A segunda foi non deixarse enredar nun tema tan espinoso e explosivo como a da piscifactoría de Camelle, claramente politizado dende un primer momento, e levado dunha forma tan radical e violenta. Dende logo camarinas.eu non quere verse mezclada cos que abertamente defenden procesos independentistas dentro dun Concello que ata o de agora vivío en paz e armonía entre todas as súas parroquias, todas igual de vitais e importantes para a nosa web. Na unión está a forza, na división só gañan uns poucos a costa do benestar da gran maioría. Polo visto, quedámonos sós defendendo a integridade territorial do Concello de Camariñas. Ben, esa será outra causa que defenderemos encantados.

Para o futuro prometemos reactivar algunhas seccións (Claves, Top Camariñas) en paro técnico debido ao desbordante éxito do Camariñas Beauty, un auténtico fenómeno social (vai haber que ir pensando algún importante premio para a gañadora final), pero o principal reto que temos será o da constitución da "Asociación de amigos e usuarios de camarinas.eu", o cal pode ver xa a luz en breves semanas, cunha directiva constituida por algunhas personalidades de honda importancia e raigame no Concello de Camariñas. Entre as novas funcións que estamos a delinear para a futura asociación estarán as de impartir cursos para redondear a formación informática dos usuarios e desta forma poder aproveitar mellor tódalas posibilidades infinitas que ofrece a configuración case inmellorable da nosa páxina, loitar pola implantación dunha línea wi-fi municipal que cubra todo o Concello, para así acabar co espectáculo vergoñante ao que nos ten sometidos Telefónica deixando, en pleno século XXI, días enteiros a Camariñas sen internet e a defensa dos seus usuarios frente a un posible intento de ataque xudicial, tal e como se veu recentemente.

Por último, tan só queda referirse, como xa é habitual, ao Talón de Aquiles de camarinas.eu: o financieiro. En próximas datas teremos que cambiarnos a un servidor moito máis potente que vai custar 1.500,00 euros anuais. Pois ben, descartada xa totalmente a posibilidade de que a nosa web arríe algún beneficio económico,  en breve faremos público un cuadro de tarifas que permita como mínimo cubrir a citada cantidade. E é que respecto ao tema económico hai que recordar aquela frase que tan a menudo repetía un bo amigo de camarinas.eu citando a lenda que levaba tatuada no peito o personaxe dunha novela:

"Los años pasan, pero la felicidad no llega".

Comentarios   

O SOCO
+1 # NoraboaO SOCO 17/02/2008 15:55
Nora boa a todos nos, espesialmente o noso director Diego, por estos seis primeiros meses na vida de Camariñas.eu.

A idea de crear una Asosiasion de Amijos de Camariñas.eu pareseme mui asertada e conta conmijo po que faja falta.. e si hay que poñer diñeiro creo que entre todos non teremos problemas para recaudar os 1.500 euros, e sejuramente aljo mais.

Veña Diego un saludo e como dis ti.... " NOS O NOSO"
Responder | Denunciar ante o administrador
jesus
+1 # sije asijesus 17/02/2008 20:02
sije asi diego que entretodos malo sera que nonbaianos pa diante asejir pa diante e a poñer a camariñas no masimo este diario que cheje a todo o mundo un saludo jesus
Responder | Denunciar ante o administrador