- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Editoriais de Camarinas.eu Editoriais de Camarinas.eu
- Created: 11 Febreiro 2008 11 Febreiro 2008
Os vampiros chupan o sangue a Camarinas.eu
A redacción de camarinas.eu comprobou cunha mezcla de estupor e indignación como unha web, por chamarlle dalgunha maneira, de nome marítimo (nada menos que de Santa Comba: a estrela informativa da Costa da Morte, según eles, claro) roubou co maior descaro e desvergoña unha foto que a nosa web, ésta si radicada no corazón da Costa da Morte, publicara o xoves 7 de febreiro con motivo da visita do presidente Touriño a Camariñas. Esta foto foi tomada no mitin do PSdG-PSOE polo fotógrafo profesional e director de camarinas.eu Diego Alonso Freire e polo tanto a propiedade intelectual e demáis dereitos derivados da mesma perténcenlle en exclusiva ao seu autor, tal e como reflexa o copyright no pé desta web.
Camarinas.eu non se despraza ata o lugar das noticias, saca as fotografías correspondentes, prepáraas a través dun longo proceso de optimización da calidade das mesmas, súbeas ao servidor e as publica para que despois veña algún que vive de arrimarse ao político de turno, pasarlle a man polo lombo e crear unha web ao seu servizo, e roube co maior descaro as fotografías e as publique sen pedir autorización nen reflexar a orixe das mesmas. Polo tanto camarinas.eu esixe a publicación na portada de dita web dunha rectificación que deixe clara a propiedade intelectual da foto e a inmediata retirada da mesma, se non camarinas.eu resérvase o dereito a emprender as accións legais pertinentes.
Non é a primeira vez que nos rouban fotografías, dada a calidade óptima das mesmas. Eso que nos saibamos. Xa algún medio escrito e gratuito tivo que pedir públicas disculpas polo que eles entendían que fora "un lamentable erro". Outros medios escritos moito máis importantes e de ámbito autonómico tamén publicaron fotos propiedade intelectual de Diego Alonso Freire sen o permiso correspondente do seu autor. Aquí como vedes camarinas.eu é unha web autosuficiente que non recicla noticias de outros nin se pon a ler "La Voz de Galicia" cada mañán para despois publicar as súas noticias coma un refrito. Dende logo esta web non vai permitir que lle tomen o pelo aos seus redactores nin aos máis de 620 usuarios rexistrados que son os auténticos propietarios da mesma. A vía xudicial polo tanto queda aberta. Acabáronse as guasas.
Comentarios
Por poñer unha foto de nada da paxina do Psoe, tanto revuelo... tamen vos "roubades" cousas doutras paxinas e nadie di nada.
Tades pecando moito de soberbia e prepotencia, ijualito cos jobernantes deste concello.Eu polo meu traballo,movome moito por internet,e que sepades que por esto e mais cousas(falta de apoio os que non queren a piscifactoria en Camelle,por ejemplo) tades sendo moi criticados e difamados,pero bueno, ala vos.
Mensaxe sen resposta.
Uy si eu vos contara o que me fan a min nos foros de coches...
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.