1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Finalmente, na tarde deste 9 de xuño de 2014 temos o pracer de presentar en sociedade o novo salto de calidade acometido por Camarinas.eu. O cuarto dende que alá por agosto de 2007 arrancase a que estaba chamada a ser a web máis visitada, a máis influinte, a máis popular, da historia da Costa da Morte. Nova web, novo formato, nova imaxe para ir a carón duns tempos que non dan tregua e para que Camariñas teña o medio de comunicación que necesita: aquel que permite ter unha voz para defender o noso e para amosar ao mundo as riquezas dunha terra sen igual. Un cambio que dende esta redacción empezouse a desenrolar uns meses atrás cas miras postas en ter todo listo para o 15 de agosto, séptimo aniversario de Camarinas.eu, pero debido a problemas recentes con hackers (éstes sí de verdade) houbo que adiantar todo o proceso de migración cara ao infinitamente máis seguro xestor de contidos Joomla 3.3 que este histórico para nós luns 9 de xuño temos o pracer de inaugurar.

O proceso foi arduo e fixo que a redacción estivese volcada todo o fin de semana para completar a inxente tarea, non en vano estamos a falar do arquivo escrito e gráfico xa non máis extenso da Costa da Morte, senón un dos principais de Galicia. Migrouse todo o contido histórico da web (noticias, fotos, vídeos, comentarios, etc..) así como tamén se mellorou a Rede Social. O único que deixa de existir é o Libro de Visitas, aínda que se conservan os máis de 100.000 comentarios na base de datos, os cales quedarán para a historia de Camariñas. Esta nova actualización tamén traerá consigo unha mellora da velocidade da web e así como a optimización completa da Base de Datos, o cal impedirá alomenos nun futuro cercano que os hackers (éstes sí de verdade) anden a enredar co patrimonio de tódolos camariñáns.

Pero non só haberá cambios en canto á estructura, á columna vertebral de Camarinas.eu, asemesmo a partires de agora contarase con redactores en todas as parroquias do Concello e en vindeiras semanas tratarase de presentar a novos colaboradores para que aporten novos puntos de vista, imparciais e obxectivos, como corresponde a unha web plural e apolítica, nas distintas seccións da web. Tempo en definitiva, ilusionante e esperanzador, tempo tamén de pulir erros e defectos para que os camariñáns teñades a web que vos merecedes: a mellor da historia da Costa da Morte. Nesta nova etapa que se abre debe asemesmo falar dos patrocinadores que farán viable Camarinas.eu, os que garantizarán a aportación imprescindible para que o gran medio de comunicación camariñán siga no futuro levando noticias da súa terra ata o derradeiro dos recunchos deste mundo de Deus onde habite un camariñán.

Comentarios   

rula
+3 # Nuevo formatorula 10/06/2014 09:12
Acostumbrándono s al nuevo formato. Enhorabuena!
Moncho de Dios
+3 # Se me olvidoMoncho de Dios 10/06/2014 10:34
Suerte en esta nueva caminata ,que todo salga bien,y el que lo lea quede satisfecho de lo que tratas de comunicarle ,LA VERDAD,

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.