- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Editoriais de Camarinas.eu Editoriais de Camarinas.eu
- Created: 16 Xaneiro 2014 16 Xaneiro 2014
A condición de Camarinas.eu de medio absoluto de referencia da súa área de influencia poucas veces quedará tan sobradamente demostrada como no mediodía do pasado martes 14 de xaneiro de 2014. Apenas comenzaba a difundirse polos distintos eidos que unha gabarra encallara xustamente frente ás costas de Camariñas cando redactores de ata cinco prestixiosos e influintes medios de comunicación nacionais e europeos poñíanse en contacto urxente co director da web máis seguida da historia desta Franxa Atlántica. O primeiro deles era o xornalista da canle televisiva internacional Euronews José Miguel Sardo, o cal inquiría por información e imaxes cas que ilustrar aos televidentes europeos do que acontecía na lonxana e lúgubre Costa da Morte. Non moito despois, e tras acordar a pertinente autorización desta redacción, era ABC, medio de referencia para a Dereita española dende hai máis de 100 anos, o que ilustraba cunha imaxe de Diego Alonso Freire durante toda a xornada a súa cobertura nacional deste novo naufraxio acaecido nas nosas costas. A elo sumábase por suposto, outra edición máis da alianza estratéxica habitual que une dende hai xa seis anos a Camarinas.eu con La Voz de Galicia, e así unha imaxe desta web formaba parte da galería fotográfica ca que o líder informativo absoluto galego cubría a noticia. Finalmente eran dous vídeos propios, tranferidos en formato HD ás televisións autonómicas galega e madrileña, as que abrían os seus telexornais e facían chegar a millóns de televidentes o que acontecía nun recóndito recuncho atlántico. Se ben as colaboracións puntuais con grandes medios de comunicación sempre foron unha cosntante neste xa sete anos de andaina xornalística continuada, nunca de forma tan abrumadora se poñía de manifesto o carácter de referencia absoluta e case única de Camarinas.eu e se premiaba o rigor, credibilidade, capacidade de análise case sempre acertada por anticipación e peculiar tratamento narrativo das noticias que caracterizaron dende o primeiro día ao líder intratable da información nesta Franxa Atlántica.
Polo demáis o causante deste revuelo mediático, a gabarra moldava Prima, durme o sono dos xustos tan só á espera de quebrar polo seu xusto medio. Os embates dun mar entolecido, co punto de apoio fatal constituido polo baixo no que metade por metade foi a impactar esta desdichada embarcación tan só permiten conxeturar se o desenlace inevitable terá lugar este venres ou a máis tardar o sábado. Foi ésta a historia dunha gabarra chamada no seu día a cubrir unha ruta clásica dentro da extinta navegatoria soviética, aquela que facía a ruta entre dous dos que foron os seus principais portos nos mares Negro e Báltico, agora devenidos en cidades de anódinas repúblicas independentes, a histórica Riga (agora Letonia) e a mítica Odesa (actual Ucrania), lugar de nacemento que foi de escritores clave en lingua rusa como o binomio constituido polos satíricos Iliá Fainzilberg e Evgueni Katáev (máis coñecidos como Ilf e Petrov), o irmán deste último Valentín Katáev, o siniestramente desaparecido a base de nove gramos de plomo na nuca durante as purgas Isaak Bábel, ou a posiblemente principal poetisa rusa do século XX Anna Ajmátova. Foi unha gabarra provinte deste enclave marítimo lexendario, alí onde en 1905 se amotinaba a dotación do Acorazado Potiomkin, que por aquelo do destino acabou arribando a dominios camariñáns. Anos antes xa o fixeran as principais obras de todos os escritores anteditos (Las Doce Sillas, El Becerro de Oro, La América de una planta; Una vela blanca se avizora, Caserío en la Estepa, Los Estafadores; Caballería Roja, Diario de 1920, Relatos de Odesa; Poema sin héroe, Réquiem y otros escritos...). Nunca está de máis aderezar con gran literatura a plasticidade gráfica perfecta dunhas imaxes que deron a volta ao mundo.
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.