Diego Alonso Freire na 1ª Cea Anual de camarinas.eu
Diego Alonso Freire na 1ª Cea Anual de camarinas.eu

Os guardiáns da memoria do Coronel Walter E. Diegonet

Nesta carta Diego Alonso Freire, Director de camarinas.eu, decide saír á palestra ante os intentos de utilización partidista e mediática da súa figura por parte dalgunhas persoas para atacar ao Alcalde de Camariñas e deixa claro que non permitirá que ningún "Guardián da súa Memoria" fale por él. Pulsa na foto para ver a carta do director da web máis vista de toda a Costa da Morte.

 

O Coronel Walter E. Kurtz e o seu asesino, o Capitan Willard
O Coronel Walter E. Kurtz e o seu asesino, o Capitan Willard

Na película de Francis Ford Coppola "Apocalipsys Now" hai unha escena (creo lembrar que no comezo do film) na que o protagonista interpretado por Martin Sheen, o Capitán Willard, relata como se converteu no guardián da memoria do Coronel Walter E. Kurtz interpretado xenialmente por Marlon Brando, o home ao que iba a matar.

E si me ven a memoria a escena desta película que sempre tanto me encantou foi porque nestes días xurdiron, e sempre provintes da mesma ideoloxía, unha serie de guardiáns da memoria de Diego Alonso Freire (coñecido tamén polos sobrenomes de Diegonet polos internautas de camarinas.eu ou Diekt polos seus amigos máis próximos). E todo elo para utilizarme como arma arroxadiza contra o Alcalde de Camariñas no espinoso e explosivo tema do Plan Acuícola da Xunta de Galicia (da Xunta, que non do Concello de Camariñas). Así nun programa radiofónico deste fin de semana onde interviñan os alcaldes de Camariñas e Muxía, un intervinte no mesmo nombroume a min como se eu fose un opositor implacable do Alcalde de Camariñas (que non debemos olvidar que ao mesmo tempo é meu pai) e citou as miñas opinións coma se foran as dun científico laureado polos Nobel, mezclando da forma máis rastreira e abominable familia e política. Así lles vai electoralmente a algúns.

Por outra parte na páxina web da ADEGA, unha asociación ecoloxista ligada ao nacionalismo que probablemente recibirá innumerables subvencións das distintas administracións, volvéronme a citar como ariete contra o Alcalde de Camariñas, lembrando a olvidada carta publicada nun dos foros de camarinas.eu no xa lonxano 17 de setembro de 2007, e nen sequera tiveron a vergoña de citar correctamente a páxina web orixe de citada información. E ante estes intentos de utilización mediática e partidista da miña figura, a de un humilde e estrafalario fotógrafo de pueblo metido ocasionalmente a director dunha destartalada páxina web, dígolles que coma ao Coronel Walter E. Kurtz, ao que o seu guardián acabou matando a "jarrotasos", non fan falta que xurdan por ahí expontáneos guardiáns da miña memoria, que si quixera falar xa falaría eu.

Como decía recentemente contestando a un usuario desta web no foro de camarinas.eu (este sí que libre e plural) adicado á vila de Camelle, a redacción non consentirá ningún intento de utilización partidista deste monstruo mediático chamado camarinas.eu. Aquí daranse noticias sobre a piscifactoría de Camelle pero de tódalas partes, como se fixo ata o de agora, e se en algún caso non puxemos algunha foi por imposibilidade física e material, recibindo por elo unha serie de ataques desproporcionados. camarinas.eu non se alía con ninguén e non se deixa utilizar polos que están a provocar un incendio de considerables proporcións co tema do plan acuícola. Eu teño a miña opinión, os usuarios tamén teñen a súa, e eu non son ninguén para impoñerlles a miña. A liña editorial de camarinas.eu, a web máis vista da Costa da Morte, márcarna os seus redactores e os seus máis de 620 usuarios rexistrados (xente de tódalas ideoloxías). Como dixen naquela ocasión: ESTO É CAMARINAS.EU

Imaxen de arquivo na Singladura Nautica polo Vilán de fora nos primeiros días de camarinas.eu
Imaxe de arquivo na Singladura Nautica polo Vilán de fora nos primeiros días de Camarinas.eu

 

Comentarios   

Pion
0 # RE: Carta do director de camarinas.euPion 16/01/2008 23:11
muy ben dito diego pudestes desilo mais alto pero non mais claro felisitoche por ser como eres
Responder | Denunciar ante o administrador
Bufardo
0 # RE: Carta do director de camarinas.euBufardo 16/01/2008 23:41
El dinero,

Puede comprar una casa,

Pero no un hogar,

Puede comprar una cama,

Pero no el sueño,

Puede comprar un reloj,

Pero no el tiempo,

Puede comprar un libro,

Pero no el conocimiento,

Puede comprar una posición,

Pero no el respeto,

Puede pagar un médico,

Pero no la salud,

Puede comprar la sangre,

Pero no la vida,

Puede comprar el sexo,
Pero no el amor.

Puede compar una página web,
Pero no a Diego.
(Diego no tiene precio)
Responder | Denunciar ante o administrador
Mikel
0 # RE: Carta do director de camarinas.euMikel 17/01/2008 11:20
Diego non se pode ir de legal en todo,,,hai cousas q é mellor deixar pasar q hai xente q está esperando coller un cebo,,calquera cousa lles vale para desgastar a teu pai ou a todo finiquito q se chame PSOE,,eu tamen paro amigo,,opinarei solo de min e do meu traballo,,un saúdo compañeiro
Responder | Denunciar ante o administrador
currodetras
0 # CAMARIÑAS.EUcurrodetras 17/01/2008 13:15
¿como se pode pagar?non esta en venta.
Non se pode reparar en malas notisias envoltas en papel de rejalo,con comentarios do libro faise temblar a xente sin levantar a vos,con comentarios como os teus non fai falta presentasion,DI EGO non ten precio
UN SALUDO
Responder | Denunciar ante o administrador
O SOCO
0 # RE: Carta do director de camarinas.euO SOCO 17/01/2008 15:03
Diego, solo direi una cousa muy sinxela.... N.P.C.,
o sea Nin Puto Caso.. e o mellor que podes facer.
Responder | Denunciar ante o administrador
Mikel
0 # RE: Carta do director de camarinas.euMikel 17/01/2008 16:28
Soco doe moito q falen por ti sin o teu consentimento en radios de caracter nacional e prensa de caracter nacional e mundial,,xa sabemos q as palabras de Diego sirven mais ca deles pero non é xusto,,un saudo compañeiro
Responder | Denunciar ante o administrador
O SOCO
0 # RE: Carta do director de camarinas.euO SOCO 17/01/2008 18:01
Xa sei que doe Mikel, pero hay un refran que di, "A palabras necias, Oidos sordos" o sea N.P.C , que era o que eu viña decindo.
O Importante e ter a consciente tranquila e poder ir pola calle coa cabeza ben alta.
A min interesame pouco, por non decir nada, o que opinen xente que nin coñezo e que o mais seguro non coñecerei en toda miña vida.
Saudos Mikel, compañeiro.
Responder | Denunciar ante o administrador
gavilan
0 # RE: Carta do director de camarinas.eugavilan 17/01/2008 21:53
sigue asi fui o mellor que pudestedes facer e eso foi o libro eu penso que tes o apoyo de todos libreiros
Responder | Denunciar ante o administrador