- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Editoriais de Camarinas.eu Editoriais de Camarinas.eu
- Created: 03 Xaneiro 2008 03 Xaneiro 2008

Aínda que o dubide algún que outro chiquitero: Camarinas.eu é imparable
Agora que nos están a caer paus de todos os lados e sen que nos saibamos moi ben por qué (debe ser que nos ven moi importantes), a redacción da páxina web máis vista da Costa da Morte con moita diferencia quere agradecer o xesto que tivo con nós un dos diarios decanos e máis importantes de España, o santiagués "El Correo Gallego" que frente ao boicoteo sistemático doutros importantes medios de comunicación, todos eles con delegacións na Costa da Morte, fíxose eco da nosa cea do pasado sábado que encheu ata os topes o restaurante "Os Catro Ventos", e na que o sabio periodista xa nos auguraba un éxito masivo. Colegas, moitas grazas.
É que, en verdade, os redactores estamos asistindo abraiados (e no fondo algo ledos) a semellante tromba de ataques sistemáticos por parte de radicais de todo signo nunha semana que en verdade está a ser extraña. Ao final cumpríuse a predicción feita no impresentable e destartalado discurso do noso director o día da cea e a nosa páxina foise definitivamente a pique: a redacción quedouse sen internet. Así de simple. Quedamos desenchufados. Hubo que marchar cara ó exilio.
Actualmente estamos pertrechados cun ordenador portátil cunha derrotada conexión nunha das covas que hai debaixo do faro, escapando dos nosos fanatizados acosadores e metendo de vez en cando unha nova noticia cara ás ondas cibernéticas. E é que todos os monopolios, como o de Telefónica na telefonía e en internet, ou o da Cadena Ser na radio (¿para cando se oirá a COPE ou Onda Cero na Costa da Morte?) nunca foron bos. En todo caso a ver si alguén de Telefónica arranxa o caos que eles mesmos provocaron e camarinas.eu pode volver a cumprir con normalidade na súa desprestixiada e estrafalaria redacción co seu compromiso cos seus usuarios e co pobo do Concello de Camariñas. Ata entón ese esperado Camariñas Beauty que romperá os esquemas terá que esperar...¡¡¡Aguantade rapaces!!!
Comentarios
Por certo, podías poñer o enlace directo a páxina do Correo Gallego xa que eu solo atopei esta que está sen foto:
http://www.elcorreogallego.es/index.php?idNoticia=247794&idMenu=11
Sigue así pa diante que somos moitos os que che axudaremos no que poidamos.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.