4.2622950819672 1 1 1 1 1 Rating 4.26 (61 Votes)

Editorial fin de ano de camarinas.eu

Dende  54 paises (os de cor verde) seguiron a camarinas.eu ao longo de catro meses do 2007
Dende 54 paises (os de cor verde) seguiron a camarinas.eu ao longo de catro meses do 2007

Remata hoxe 31 de decembro o primeiro ano de vida de camarinas.eu, a páxina web que en tan só catro meses convertíose no líder intratable da información cibernética na Costa da Morte, e que por elo fixo que o Concello de Camariñas se convertise nun referente informativo. Para despedir este primeiro ano, para nós histórico, publicamos este editorial de despedida do 2007, no que esbozamos algunhas das principais liñas de actuación da nosa web para o 2008. Para ler o editorial completo pulsa no mapamundi oficial de camarinas.eu.

Hoxe 31 de decembro remata un ano no que sucederon certas cousas que farán que de cara ao futuro nada sexa igual en Camariñas. É e que en este ano 2007 tivo lugar a irrupción no panorama mediático da que a día de hoxe é sen lugar a dúbidas a páxina web máis visitada da Costa da Morte e, posiblemente, a páxina mellor feita por non profesionais da información nin da informática de toda a provincia da Coruña.


O destino (ou non, como decíamos no editorial de aniversario dos tres primeiros meses de existencia) fixo que o pobo no que xurdira a citada web fora Camariñas, un pobo a desmán de todo, fóra dos centros económicos e políticos de Galicia, e no que este ano sucederon unha boa cantidade de noticias de primeira magnitude. E o destino fixo que nós tiveramos que cubrilas cun estilo propio, marca da casa, irónico e gamberro en ocasións, serio e melancólico noutras. Tamén o número de xaleos, berenxenales e charcos nos que se metío esta páxina foron abundantes, tal vez reflexando o carácter un pouco combativo de moitos dos seus usuarios. En calquer caso, a tódalas persoas ou institucións que sufriron o estacazo impasible de camarinas.eu nestas datas navideñas pedímoslles perdón e prometemos que para o ano novo faremos esforzos de enmenda.


Pero neste estilo propio, basado na calidade superior das reportaxes fotográficas e nuns textos dun nivel bastante aseado (dúas cousas por desgracia bastantes difíciles de atopar en páxinas amateurs), así como no bo gusto e a búsqueda da excelencia profesional como principios vectores da nosa actuación, está a base do éxito de camarinas.eu. Así, nestes catro meses e medio de andanza, cun número de entradas diario superior aos 1.000, e con xa máis de 203.000 visitas acadadas, prácticamente dende tódolos lugares do mundo seguíronnos nalgunha ocasión, expandindo polo tanto o nome de Camariñas polo planeta. Como será de adictivo camarinas.eu que o noso Héctor do faro, cando por asuntos de traballo tivo que viaxar a Bangladesh, os redactores polos resúmenes das analíticas de Google víamos como tódolos días se enganchaba varias veces a nosa páxina (ocupando posiblemente a única línea ADSL existente no país, e deixando polo tanto ao presidente, dictador ou o quen sexa que mande alí sin internet), ata que un día un tifón tirou ao mar con todo. E aquí está outro dos grandes grupos de usuarios de camarinas.eu: a nosa emigración. Así o reflexan o número de entradas diarias procedentes de Suiza, Inglaterra, Bélxica, Holanda ou Canarias. Pero tamén nos seguiron dende cincuenta e catro países, dende lugares tan lonxanos como Moldavia, Mauritania, Polonia, Grecia, Finlandia, Arabia Saudí, Irán ou Australia, por citar tan só uns poucos.


¿E O futuro? A día de hoxe o futuro de camarinas.eu non o saben nin os seus redactores. Nós chegaremos ata onde poidamos, pero a nula axuda prestada polo empresariado local ata o de agora fai que negras nubes se ciñan sobre o horizonte de camarinas.eu. Bastaría unha semi-profesionalización da páxina para lograr un nivel bastante superior ao logrado ata o momento. Con máis tempo, máis medios e máis xente, o nivel de calidade de camarinas.eu elevaríase exponencialmente. Así, por exemplo, tal e como se queixaba con toda razón un usuario esta mañán, camarinas.eu non puido cubrir a manifestación de Camelle contra o Plan Acuícola da Xunta, porque o noso director cubría esa mesma mañán dous bautizos, que sí dan de comer, non como a páxina que ata quita a comida da boca (bueno, tampouco axudou moito que despois da cea, as oito da mañán do domingo, se puidese ver a algún dos redactores a tombos por ahí).


Pero en todo caso, o que sí está facendo esta redacción é dar os primeiros pasos para a constitución dunha "Asociación de usuarios e amigos de camarinas.eu", que sería a encargada de organizar eventos e encontros entre usuarios como o do pasado sábado, tendo xa en mente a uns cuantos camariñáns de primeiro nivel para facerse cargo da directiva da mesma.


Tamén un dos obxectivos a medio prazo desta redacción, e sempre que se atopase a financiación adecuada, sería o de dar o salto informativo a toda a Costa da Morte, convertíndonos no medio de comunicación de referencia desta franxa atlántica, defendendo implacablemente os seus intereses vitais e convertindo por elo a Camariñas no centro mediático fundamental da zona. A base xa está creada, os mimbres son de calidade e sería unha pena para o noso pobo que se perdese esta oportunidade.


Pero bueno, o acadado entre todos (sen a axuda dos seus usuarios camarinas.eu non sería nada, non debe olvidarse que a interactividade entre redacción e lectores é a base do éxito da nosa web) nestes catro meses de 2007 pasará á historia do Concello de Camariñas. Ningún pobo ten a día de hoxe o que sí temos en Camariñas. Humildemente: 2007 foi o ano de camarinas.eu e os seus usuarios.

Comentarios   

xaviñan
0 # gracias Diegoxaviñan 31/12/2007 23:54
Diego esta facendo un bo traballo,esta representando a camariñas,esta pagina vai a mas,xa levamos 203674 visitantes,un orgullo e un feliz 2008.
Responder | Denunciar ante o administrador
gancho loco
0 # Páxina única no mundogancho loco 01/01/2008 13:24
Eu creo que esta páxina engancha pois eu teño que entrar a leer todos os días varias veces. O único que levo mal é que tamén e a única páxina do mundo donde os usuarios debaten a través do libro de visitas en vez de utilizar os foros que é moitísimo mais cómodo e fácil.
Seguide así.
Responder | Denunciar ante o administrador
Mikel
0 # RE: Acabase o ano 2007Mikel 01/01/2008 15:49
Estimado gancho loco,pode ser q esta sea a unica paxina do mundo onde se debate polo libro en vez do foro,,a xente si te fijas non acostuma a usalos foros,,weno,,al guns si,,pero tes q comprender q no libro non solo se debate,,tamen se opina,dinse tonterias(miñas tamen)e moitas cousas mais q a xente lle gusta ver,,pois non olvides q é o libro mais visitado e extraño do mundo tamen,,,eu personalmente penso q non se pode obligar a xente a opinar nun foro cando non queren facelo,,,fijate noutras paxinas e veras o q a xente opina,,de todos modos eu opino tamen q o libro esta mal utilizado,pero resulta ser o mais querido polos usuarios q aqui entramos,,,weno ,,esa é a miña modesta opinion,,,un saudo Gancho Loco
Responder | Denunciar ante o administrador
iván
0 # RE: Acabase o ano 2007iván 02/01/2008 21:17
Eu kreo ke sa o din klaro nesta notisia,si non foron a camelle fui porke hai ke trabayar,pero klaro estes ke tanto protestan pareseme ke non saven o ke elo traballo.sin kartos non che e nada che.pero eses veñaa esijir komo si forache una obrijasion pa diego.Mandache karallo,inda por riba!
Responder | Denunciar ante o administrador