1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Non queríamos aquí en camarinas.eu rematar o ano que recén acaba sen deixar constancia ante a posteridade do que foi posiblemente o maior engano de toda a historia do Concello de Camariñas, a mentira máis ignominiosa, vergoñante e desvergonzada en todo o acontecer histórico destas benditas terras.  Os seus protagonistas: o agora defenestrado ex-Presidente de Portos de Galicia José Manuel Álvarez-Campana e toda a súa cuadrilla local, sen dúbidas sabedores do engano masivo que se perpetraba o día 10 de abril de 2010 contra as xentes de Camariñas, día que todos lembramos como o da presentación por todo o alto, TVG incluida, na Cofradía de Pescadores do así chamado rimbombantemente "Programa de Actuacións 2010-2014. Camariñas Século XXI", o conxunto de sete actuacións destinadas a cambiar o borde portuario da Vila das Palilleiras para sempre e que estaban orzamentadas inicialmente en 11,2 millóns de euros.

Remata un ano 2011 no que se debían executar cinco das sete actuacións previstas (ampliación do peirao, acondicionamento do borde portuario, contradique, instalacións pesqueiras e instalacións náutico-deportivas) por un importe de 3.675.000. A realidade: únicamente se iniciou (dúas semanas antes do arranque da campaña das eleccións municipais) as obras da ampliación do Muelle Novo, a actuación posiblemente máis prescindible de todas as previstas e que dun tempo a esta parte languidece no máis lamentable abandono, obras que non debería estranar a ninguén que queden no estado actual,  inacabadas, ata o día do xuizo final.

Inicialmente crédulos aquí en camarinas.eu con todo o prometido por Álvarez-Campana e a súa patrulla local de palmeros, comenzamos a temernos o peor cando día si día tamén constatábamos asombrados como esta persoaxe prometía en todos e cada un dos portos galegos inversións muchimillonarias por importes astronómicos. Sospeitas que lamentablemente se confirmaron cando unha vez rematadas as eleccións municipais deste 2011, Álvarez-Campana era cesado fulminantemente en Portos de Galicia, atopándolle rápido acomodo o seu partido na Deputación de Coruña, a onde raudo chamaría a algún que outro dos seus compañeiros de andanzas. A xogada era lóxica: unha vez rematado o seu traballo propagandístico con vistas ás municipais, cumpría relevalo do cargo e das inversións prometidas "si te he visto, no me acuerdo". ¿Que clase de engano desvergonzado e humillante é este cando Portos de Galicia non ten nin un peso siquera para arranxar todos os desperfectos que se amontonan cada vez maiores en número ao longo do Paseo Marítimo camariñán e ao que están obrigados por convenio firmado co concello?

Remata como decíamos o 2011, das obras prometidas xa nin o máis iluso ten a máis mínima esperanza (tal e  como recoñecen en privado os membros do PP local). As pedras do Canzorro seguirán igual de miserables que toda a vida (co constante perigo que supoñen para a seguridade e integridade física das persoas que a cotío por alí pasan), o noso borde portuario continuará arruinándose paso a paso, golpe a golpe, pero aquí nesta humilde páxina queríamos deixar constancia ante a historia do noso Concello do que foi o máis grande engano ao que se vío sometida á milenaria Vila das Palilleiras en todo o seu devenir histórico. E o promotor da mesma, o ex-Presidente de Portos de Galicia, posiblemente como o maior farsante da historia de Camariñas. Porque eso mesmo foi o que se perpetrou aquí: unha farsa, do principio ata o final. Triste maneira de pasar á posteridade.

Comentarios   

Nacho
+3 # falsas promesasNacho 19/02/2018 09:43
Lo doloroso de todo es que con esta obra camariñas se convertiria en un puerto de referencia en la costa da morte ( que es lo logico ya que es el puerto con mejor abrigo natural con mucha diferencia en esta zona) y seria un fuerte impulso economico para la zona y su desarrrolllo tanto economico como humano . pero resulta facil prometer obras y no cumplir porque por desgracio los politicos lo hacen muy bien.
Responder | Denunciar ante o administrador