- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Editoriais de Camarinas.eu Editoriais de Camarinas.eu
- Created: 18 Novembro 2007 18 Novembro 2007
Camarinas.eu, tres meses de éxitos

En tres meses de existencia camarinas.eu xa fixo historia
"La vida no es la que uno vivió, sino la que uno recuerda y como la recuerda para contarla". Gabriel García Márquez
Traemos a colación esta frase do Premio Nobel de literatura colombiano para encabezar este editorial de aniversario, porque, si ben camarinas.eu xa existía e estaba en funcionamento con anterioridade ao 15 de agosto, foi precisamente nesta data cando despois dun viaxe de vagabundeo pola costa norte do noso Concello, esta redacción publicou o primeiro reportaxe co selo de calidade inconfundible de camarinas.eu: "O museo de Man esmorece no abandono", comenzando a batalla por unha das nosas causas primordiais, a do recoñecemento e salvación do legado de Manfred Gnadinger, que foi respostada dende o Concello cunha batería de accións e que rematou no día de onte cunha reunión en Camelle de intelectuales progres de mesa e mantel para discutir da obra do xenial artista alemán.
Este editorial estaba previsto que fora publicado este xoves, 15 de novembro, pero a realidade informativa manda, e a explosión de alegría sen límites que experimentou esta redacción ca liberación dos irmáns Lin, fixo que todo se pospuxera. Porque a causa da liberación de Felipe, Carlos e Manuel foi outro gran estandarte de camarinas.eu, e aquí ninguén debe chamarse a engano e debe recoñecer que esta redacción foi o único medio de comunicación camariñán que, sempre da man dos seus usuarios, dou a cara nunha batalla constante de dous meses para que rematara a inxustiza; o resto foron titubeos e balbuceos, moito medo e bastante pánico. Agora, que grazas a Deus, xa están nos seus fogares, esto que quede claro, camarinas.eu non vai a consentir de ningún modo que ninguén queira aproveitarse dos seus laureles e colgarse medallas que non lle corresponden. Ás probas nos remitimos: nós ofrecemos o epígrafe "Pesadelo en Camariñas", esas son as nosas armas. Os demáis, ¿qué teñen que ofrecer? O dito, prudencias, paciencias, medos e pánicos.
Centrándonos nos éxitos de camarinas.eu ( que en definitiva son os éxitos de toda Camariñas, a do pobo e a da diáspora), esta semana batimos tódalas nosas marcas e alcanzamos un pico de 1.100 entradas o venres 16 de novembro, confirmando a subida constante de datas anteriores que fan que agora teñamos un chan de 800 entradas mínimas diarias, cunha pequena baixada os fins de semana, ¿será que mirades camarinas.eu no traballo,ho?. A elo, debe sumarse que o xoves acadamos as 100.000 visitas, regalo de cumpreanos, como avisaba en directo na nosa páxina a deputada autonómica e usuaria rexistrada Marisol Soneira, ¡e todo elo en tan só tres meses! O éxito sen precedentes da iniciativa, un auténtico monstruo mediático, fai que o servidor, pensado para outro tipo de páxinas, non aguante e se colapse como pasaba este sábado durante unhas horas. Mañán luns, os membros da redacción contratarán, pagando do seu bolsillo, un novo sevidor durante dous meses de proba. E é que aquí está o principal problema que ameaza o futuro desta web: a financiación da mesma. Camarinas.eu é un diario dixital independente, obxectivo e libre, non financiado por partidos políticos como outros, e que non recibe órdenes de ninguén. As proporcións do éxito conseguido e o nivel de calidade acadado levan inevitablemente a unha profesionalización da páxina ou á súa desaparición. É obvio que os redactores, sobre todo Diego, así non poden seguir, perdendo cartos, traballo e tempo, moito tempo, cada vez máis. O ideal, ao xuízo de camarinas.eu, sería, para seguir mantendo a independencia de criterio, que os empresarios locais se implicaran no proxecto mediante unha publicidade que tería súa difusión asegurada por unha web de máis de 1.000 entradas diarias. O rei da Costa da Morte.
Respecto o da cena, queda convocada xa dende aquí e agora para o 29 de decembro sábado, para que así os nosos emigrantes, como Juanillo ou Jose de Marta, poidan estar no seu fogar de verdade, ca que é a súa xente, e non en lugares estranos e alleos. Á cea invitaremos as máximas autoridades políticas e sociais do Concello, nunha festa de apoteosis do camariñeo a que todos estades invitados. En datas próximas, confirmaremos, según como vaia o ritmo de adhesións, o lugar e o importe da cea.
Como remate, só queda engadir que o que fixemos todos nestes tres meses pasará á historia de Camariñas, da Costa da Morte, será recordado polos nosos netos, ningún pobo (e máis grandes) das características do noso está vivir semellante historia de interconexión entre unha humilde páxina e un pobo, pero como decimos e non nos cansamos, o camariñán, non sabemos por qué, será o faro ou Reira que nos inspiran, é un tipo de talento, de creatividade pouco común que sempre ten, para ben ou para mal, unha cuota desproporcionada de protagonismo. Por eso mesmo esta páxina xurdío en Camariñas e non ningún outro sitio. É que só podía nacer en Camariñas. O límite de camarinas.eu, si se solventan os problemas anteriormente mencionados, ninguén o pode saber a día de hoxe. Pero neste punto haberá que recordar a letra da mítica canción de Pink Floyd de 1975 "Have a cigar":
"...It could be made into a monster If we all pull together as a team" (Esto pódese convertir nun monstruo, se todos empuxamos como un equipo)
Comentarios
No Coment
Eu non son empresaria... pero conta conmigo para o que faga falta.
Animo
ERES O MAXIMO
Saudos dende Segovia.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.