5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (8 Votes)

Camariñas, kilómetro cero

Quixo o destino que fora nos días finais do mes de agosto do ano do Noso Señor de 2007 cando camarinas.eu tomaba forma. Días de experimentación, de probas, de moita ilusión e bastante traballo: os días iniciáticos da web que estaba chamada a convertirse no maior xigante mediático endexamáis visto na Costa Atlántica. E tivo que ser xusto tres anos despois, no días finais do mes de agosto do ano do Noso Señor de 2010, cando a redacción encarou un traballo intenso e innovador para darlle a camarinas.eu o maior lavado de cara dende que botou a andar un 15 de agosto de 2007.

O primeiro lavado de cara máis ben. Unha das bases do éxito arroiador despregado por camarinas.eu ao longo deste tempo estivo basado no formato da web: unha plantilla sinxela e accesible, nembargantes pasados estes tres anos, o modelo daba síntomas de serio agotamento que afectaban principalmente ao seu xestor de contidos, o joomla 1.0.12, un modelo sobrepasado por versións muito máis modernas e do cal xa prácticamente resultaba imposible atopar novos componentes no innovador e trepidante mundo de internet. Por elo a redacción levaba xa dous meses traballando nunha actualización da páxina cando, xusto despois dunha avalancha de visitas nunca antes vista con ocasión da exhaustiva cobertura despregada por camarinas.eu nas Festas do Carme 2010, o noso administrador empezou a encadenar unha serie de errores sucesivos que acudindo á improvisación e picaresca típica da web fomos sobrelevando ata que este luns 23 de agosto, con motivo da publicación dunha noticia sobre a Festa de San Roque da Ponte do Porto, o administrador calou para sempre. Visto o caso, decidimos acelerar os cambios: migración da base de datos cara un novo xestor de contidos, novo formato e nova plantilla para a web máis vista de toda a historia da Costa da Morte, e así xusto unha semana despois de que a última das noticias fora publicada, o 30 de agosto de 2010, a nova camarinas.eu fai a súa aparición ante o gran público.

Esa foi a causa do inquedante silencio no que durante seis días se sumiron as rotativas de camarinas.eu, e non a feliz chegada a este mundo do máis recente dos redactores desta web, Tiago Alonso Carril, e que provocou que ducias, tal vez centos de mensaxes de usuarios da web inundaran en forma de emails, mensaxes e chamadas esta redacción ou de que nos pararan polas rúas ou no Café Bar Arnela para preguntar polos destinos da páxina de Camariñas, da súa páxina da alma. Porque todos eles entendían que camarinas.eu constitúe para este Concello un raro privilexio inatopable en terras semellantes: a dun medio de comunicación que non se move nin por intereses políticos (a política danos igual, canto máis lonxe, mellor) nin por intereses económicos (con tal de que non dé pérdidas, de que os redactores non nos vexamos obrigados a poñer cartos do noso bolsillo, xa nos damos por contentos). Trátase dunha web na que os seus fundadores dan por boas as decenas de miles de horas empregadas en ela porque, tarareando a canción, les gusta y porque les divierte, e porque levan a ledicia e a felicidade a unha gran cantidade de xente, persoas alonxadas da súa terriña, dos seus, xa sexa polo mundo adiante, xa se trate na propia España. Estamos polo tanto ante o instante máis decisivo de camarinas.eu nos seus tres anos de existencia, unha decisión inevitable e impostergable xa que non cabía máis alternativa: cambiar ou morrer. O modelo anteriorfacía inviable a supervivencia de camarinas.eu e o noso compromiso co desenrolo de Camariñas e cos seus centos de usuarios e miles de seguidores esixía dar un paso ao frente que nesta redacción, durante un traballo intenso e frenético ao longo desta semana, acometimos presentando ao gran público camariñán o novo formato da web que marcou un antes e un despois, que o revolucionou todo no internet destes recunchos atlánticos. Un formato que destaca polo seu carácter innvador e pioneiro, que recolle as novedades máis recentes en internet, no que destaca a potenciación do papel dos usuarios mediante a creación da gran rede social de Camariñas e que iremos pulindo ao longo dos vindeiros días dando por boas todas as suxerencias que os usuarios da web, en definitiva os seus grandes protagonistas, non vaian facendo chegar. Non quedaba máis alternativa. O cambio ao que damos forma este luns 30 de agosto de 2010 constitúe o maior reto da historia de camarinas.eu, unha reforma que sitúa a Camariñas como o epicentro neurálxico, o kilómetro cero,  da revolución dixital en Galicia: nunca un proxecto semellante de interacción entre un medio de comunicación e a colectividade á que vai dirixido existío en lugar algún. Esperemos (polo ben do Concello de Camariñas) que vos guste.

 

Engadir un comentario