2.6 1 1 1 1 1 Rating 2.60 (15 Votes)

CAMARINAS.EU SEGUE A RECOLLER RECOÑECEMENTOS DO MUNDO PERIODISTICO 

Noticia sobre a familia Lin con foto de camarinas.eu
Noticia sobre a familia Lin con foto de camarinas.eu
 

Nesta ocasión é o periódico "O Acontecer" o que recoñece a labor periodística desenvolvida por camarinas.eu, sumándose aos diarios on-line Vieiros.org e quepasanacosta.com. Así, no seu último número, o periódico gratuito que se distribúe pola Costa da Morte faise  eco nas súas páxinas do único medio de comunicación camariñán  que dende o primer momento, sen fisuras nin titubeos, sen tímidas posturas ventaxistas de última hora e dunha forma totalmente clara e aberta dou a cara clamando contra a desproporcionalidade e inxustiza da detención arbitraria dos tres irmáns da Familia Lin: Felipe, Carlos e Manuel. Por todo elo, é de suliñar que, nesta realidade informativa que está a xurdir nos últimos tempos na Costa da Morte con diaros on-line como quepasanacosta ou escritos como O Acontecer, Camariñas ten un posto de primeira liña gracias o noso principal diario por internet camarinas.eu. E é que , como ben souberon ver os nosos colegas peridísticos de Ponteceso, camarinas.eu será implacable na defensa do pobo e concello de Camariñas e das súas xentes. Isto recórdanos a unha imaxe que todavía é posible ver por algunhas zonas rurais dos estados sureños dos USA (Mississipi, Alabama, Tennessee,etc...), a dun home robusto de mediana idade que rítmicamente se balancea nunha mecedora no porche da súa casa cun gran rifle de canóns recortados  nas súas mans, mentras a súa beira colga do valado de entrada un cartel no que se pode ler a seguinte mensaxe: "Estoy dentro y estoy armado". E así exactamente e como se encontra camarinas.eu: dentro do corazón mesmo de Camariñas, a súa razón de ser; e armado, para ca palabra, cas ideas, co que nós entendemos que é a nosa razón, defender a Camariñas e ás súas xentes, tanto de desproporcionados ataques de poderosos medios de comunicación alleos, como de diferentes provocadores indesexables que colándose nas nosas páxinas intenten insultar e denigrar aos nosos usuarios ou o noso pobo.
O ámbito natural informativo de camarinas.eu é toda a Costa da Morte, na medida dos nosos humildes medios non restrinximos o ámbito xeográfico da nosa actividade, pero sempre dende Camariñas. Nesta realidade informativa que se está diseñar, Camariñas non pode volver a quedar atrás, non pode perder outra vez o tren do progreso, por iso camarinas.eu fará o imposible para situar ó noso Concello no novo mapa mediático da Costa da Morte. Hoxe en día, decir camarinas.eu é decir Camariñas.

Engadir un comentario