2.4545454545455 1 1 1 1 1 Rating 2.45 (11 Votes)

Firefox: A mellor recomendación de camarinas.eu

Despois de moitos anos de hexemonía de Microsoft Internet Explorer estamos a ver en internet outros productos de maior calidade e de código libre, ou sexa, totalmente gratis para baixalos desde calqueira web que o ofreza. É este o caso de Mozilla Firefox, o cal pódese baixar desde MOZILLA-EUROPE. Este navegador é dos máis potentes que se desarrollaron no mundo e ten moitas vantaxes sobre o Internet Explorer de toda a vida xa que o Firefox ten a posibilidade de insertar miles de extensións gratuitas para case calquer tipo de operacións. Ademáis tamén é necesario dicir que o Firefox sigue as directrices do W3C (Worl Wide Web Consortium) sobre os estándares web. En definitiva, en camarinas.eu recomendamos encarecidamente este navegador co que te sentirás moito máis cómodo e libre en internet e, tamén hai que dicilo, este navegador é moito máis seguro que o xa anticuado Internet Explorer.

Outras opcións de descarga gratuita son:

Con calqueira destes navegadores a túa experiencia en camarinas.eu será mellorada xa que con calqueira deles non terás nengún problema coma os que se presentan en Internet Explorer. Elexindo Firefox estás entrando nunha nova era en Internet que moitos chamaron Web 2.0 e formarás parte do última moda que se aveciña e que xa fai furor en outros paises: O Código Libre.

Desfruta dunha nova experiencia en Internet con Mozilla Firefox.  

Engadir un comentario