3.8493150684932 1 1 1 1 1 Rating 3.85 (73 Votes)

Os mellores días de Camarinas.eu

A páxina de Camariñas, camarinas.eu vive os mellores días da súa historia cuns números espectaculares
A páxina de Camariñas, camarinas.eu vive os mellores días da súa historia cuns números espectaculares

A semellanza de calqueira dos telediarios das cadenas de ámbito nacional, vai unha de autobombo: boing, boing, boing... Este 3 de marzo de 2010 comprobando os datos do medidor global Alexa estes dous humildes siervos do Señor constataron con bágoas nos ollos como unha web humilde dun pobo remoto, sen cáseque ningún medio material e só ca axuda dun puñado de fieis sponsors e dunha lexión de seguidores entusiastas e activos, vive os mellores días da súa historia situándose como 9º medio de comunicación galego por internet e adiantando a versións dixitais de diarios galegos emblemáticos e de potente orzamento como Atlántico Diario, El Ideal Gallego ou Xornal de Galicia. Asemesmo, aumenta a distancia que a separa das restantes webs da Costa da Morte ata alcanzar xa distancias cáseque siderais. Con estos datos de Alexa.com, web subsidiaria de Amazom.com, convén non enganarse: ao día de hoxe o mellor escaparate para Camariñas e as súas empresas é camarinas.eu e o que non sala nas súas páxinas é prácticamente como si non existise. Ademáis, premia o rigor no traballo e a imparcialidade política consagrando a línea dunha web  que foi a única en defender dende o primer día a integridade territorial do concello, que nunca se adicou a inventar polémicas absurdas, a instigar patrioterismos baratos ou a publicar falsos rumores: din que, fálase de, poderíase ser que, un supuesto lobo... En todo caso, si queres saber quen e quen a día de hoxe nesta Costa da Morte dos nosos pecados consulta a lista que publica camarinas.eu

Unha pequena mostra demostrativa de quen é quen en internet  (www.alexa.com)

Camarinas.eu - Posto nº 233.331
Atlantico.net - Posto nº 332.065
Elidealgallego.com - Posto nº 410.985
Xornaldegalicia.com - Posto nº 539.217
Quepasanacosta - Posto nº 1.179.116
Diariocamarinan.com - Posto nº 1.623.465
Anosacosta.es - Posto nº 1.893.822
Corme.net - Posto nº 2.363.347
Camarinas.net - Posto nº 7.731.747
Quepasaencamelle.blogspot.com - Posto nº 12.458.637
 
Finalmente indicar, para os mal pensados, que efectivamente deberíamos saír na lista elaborada por comunidades autónomas e por categorías de referencia por www.rankingalexa.com en base aos datos de Alexa e que demostraría o 9º posto de camarinas.eu no ámbito xornalístico galego e así foi no seu momento, chegándose incluso a acordar ca web citada un intercambio de links e bueno si, eles puxeron o noso na súa portada pero aquí en camarinas.eu por algún inexplicable malentendido olvidámonos de poñer o adicado a eles e alá desaparecimos da lista elaborada por www.rankingalexa.com. En fin, alá algúns ca credibilidade dos datos e listas por eles publicados...Por outro lado, comprobamos con pesar como aínda non aparece no medidor global de Alexa unha web que aquí na redacción visitamos todos os días, que admiramos profundamente e que consideramos a nosa máis directa competencia dentro do Concello de Camariñas: estamos a falar de diario-faro-vilan.blogspot.com. Estimado colega, gustaríanos iniciar algún tipo de colaboración ca web por ti maxistralmente dirixida e así comunicámosche que tes vía libre para tomar cantas imaxes ou vídeos estimes de camarinas.eu. Asemesmo, tamén desexámoslle a mellor das sortes á aventura cibernética iniciada polo noso querido amigo Javier Pérez con noticiasdovilan.blogspot.com. Porque algún día non moi lonxano, algún destes rapaces camariñáns que veñen pegando tan forte terán que coller o testigo de seguir situando a Camariñas como líder imbatible da Costa Atlántica.

Comentarios   

Beldoña
+1 # BeldoñaBeldoña 04/03/2010 12:18
ESTO É DIGNO DE UN BRISDIS... :lol:

NORABOA A TODOS,en especial a MARCOS, DIEGO E OS SEUS COLABORADORES.

Antonio
Responder | Denunciar ante o administrador
toxo
0 # felicitacionestoxo 10/03/2010 17:07
grande diegoooooooooo!!!!!!!!!!!!
grande marcosssssssss!!!!!!!!!!!!
adelante!!!!!
y a cuidar la flauta que la serenata es larga!!!
Responder | Denunciar ante o administrador
bibelon
0 # camariñasbibelon 14/03/2010 17:09
o faro mas bonito de todo o universo
Responder | Denunciar ante o administrador