- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Editoriais de Camarinas.eu Editoriais de Camarinas.eu
- Created: 29 Xaneiro 2010 29 Xaneiro 2010

...e de maiores, fixéronse muchimillonarios...
Millonarios en visitas, que non en cartos (desgraciadamente), porque podedes estar seguros que si a semellanza daquel maná co que Deus regou tan prolixamente ás tribus de Israel no Deserto do Sinaí nesta destartalada redacción caerán do ceo 8 millóns de euros, aquí decretábase o peche patronal e destes redactores non quedaba nin o rastro. Pero, queridos usuarios, como esto non vai a acontecer haberá que seguir cumprindo abnegadamente as nosas labouras xornalísticas e continuar constituindo a alegría e a dicha do común do Concello de Camariñas.
Chegamos este xoves 21 de xaneiro de 2010 a esta cifra muchimillonaria tan só nove semanas despois de acadar os sete millóns (15/11/2009) e no medio de reformas de importante calado: actualizando o sistema xestor de contenidos 1.0 a unha versión 1.0 superior. así como todos os componentes e módulos cos cales levamos traballando máis de un mes. Todo elo necesario para o salto definitivo a joomla 1.5 que será toda unha revolución tanto no contenido como no código fuente. Pero deixando todos estes tecnicismos aparte, aquí seguiremos coma sempre: rigor, nunca houbo moito; credibilidade, fúmola perdendo a chorros polo camiño; seriedade...en fin, ata un can chegou a ser redactor (e axente de policía). Pero, independencia eso si que non nolo quita nadie. E así chegamos aos 8.000.000 de visitas e convertímonos en muchimillonarios. Mellor era en cartos, pero...
Comentarios
Velaí van coas súas chafalladas
e coas imaxes destartaladas
que comentan ata os cans.
Si se inzara coas finadas pesetas,
ou de euros ou de monecas,
pecharían facendo puñetas
jatos e cans enlouquecendo as casetas.
Antonio Puertas
Como los gallegos nacemos donde nos da la gana, yo siento mis raices en Camariñas, cuando planto arboles en la leiriña das barrosas co meu fillo, sento que nesa leiriña, traballaron meus abos e miraron e escoitaron o rio como eu o fago ose. A muchos kilometros da Ponte Camariñas.eu es un hilo que me conecta con la tierra de mi madre y de mis abuelos, por eso me ha enganchado y suelo entrar casí a diario. GRACIAS.
Tambien me gusta vuestra independencia, sois mi único medio de información sobre la sociedad y la política de Camariñas y me gusta ver que en vuestra pagina están representadas las opciones mayoritarias, ¿para cuando las minoritarias?.
Nuevamente gracias y enhorabuena.
Tino Rogero Figueiras
(E logo ti de quen es)
e a mais q chegara!!!
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.